Rodrigo de Santiago

músico español

Rodrigo Alfredo de Santiago Majó, nado en Barakaldo (Biscaia) o 23 de setembro de 1907 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1985, foi un músico español.

Infotaula de personaRodrigo de Santiago

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Barakaldo, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra , musicólogo , compositor , pianista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoClarinete e piano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou estudos musicais no Conservatorio de Bilbao con Rafael Navarro (violín), Jesús Guridi (harmonía), José Sainz Basabe (composición) e Armand Marsik (orquestración e dirección). Aos dezaseis anos obtivo a praza de violinista na Orquestra Municipal de Bilbao.

Entre 1931 e 1936 foi director da banda de Mungia (Biscaia) e entre 1940 e 1947 da de Valencia de Don Juan (León). Entre 1947 e 1967 viviu na Coruña, dirixiu a Orquestra Municipal da Coruña e a Coral Polifónica El Eco. Durante estes anos desenvolveu o seu labor docente no Conservatorio coruñés de Música e Declamación como subdirector e catedrático de harmonía e composición.

Obra editar

O seu labor creativo inclúe dúas zarzuelas, catro ballets, tres sinfonías e catro concertos. Compuxo tamén varias obras sínfonico-corais (entre elas un réquiem) e obras para banda, para diversos conxuntos instrumentais e para coro.

Amais deixou numerosos escritos musicais, tanto sobre música galega como sobre música vasca.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar