Abrir o menú principal

Pascual Veiga Iglesias, nado en Mondoñedo o 9 de abril de 1842 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1906, foi un compositor galego, autor da música do Himno galego e doutras composicións como Alborada Gallega, coñecida tamén como Alborada de Veiga. É considerado o pioneiro do rexurdimento musical galego.[1]

Pascual Veiga
Pascual Veiga Iglesias.jpg
Nacemento9 de abril de 1842
 Mondoñedo
Falecemento12 de xullo de 1906 (64 anos)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Composicións destacadasHimno galego
Alborada Gallega
editar datos en Wikidata ]

Compositor de talento precoz, comezou a compoñer sendo un neno, e ao longo da súa vida fundou numerosas agrupacións orquestrais e corais como o Orfeón Coruñés.[2]

TraxectoriaEditar

Pascual Veiga naceu en Mondoñedo o 9 de abril de 1842, comezando os seus estudos musicais a unha idade moi temperá como neno de coro da Catedral de Mondoñedo baixo a dirección de José Pacheco, daquela mestre de capela na catedral mindoniense.[3] Ao pouco, con 13 anos, comezou a impartir clases na capela catedralicia, primeiramente de solfexo e máis tarde de harmonía.[4] Foi nesta época cando realizou a súa primeira composición, o Septenario á Virxe das Dores.[3][4]

Foi profesor do Conservatorio Nacional de Madrid e fundou e dirixiu varios orfeóns, cos que recibiu numerosos premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de ouro e as Palmas Académicas durante a Exposición Universal de París de 1889. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos e da Colexiata da Coruña.

Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nun mausoleo adicado polos seus admiradores e paisanos.

O seu fillo José Adolfo Veiga Paradís foi tamén compositor.

Galería de imaxesEditar

Retrato. 
Placa na casa natal de Mondoñedo. 
Partitura oficial do himno de Galicia, composta por Pascual Veiga.[5] 

NotasEditar

  1. Xunta de Galicia, ed. (7 de marzo de 2007). "Noticias: Na primeira xornada do congreso". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  2. Biografías y vidas (ed.). "Pascual Veiga" (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Pascual Veiga Iglesias (1842 – 1906)". Concello de Mondoñedo. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "Pascual Veiga". Galegos. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  5. Boletín Oficial do Parlamento de Galicia n.º 280, 31/5/1984

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar