Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia. Esta ten a sede no Pazo de Raxoi en Compostela.
Xunta de Galicia | |
---|---|
![]() | |
![]() Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no pazo de Raxoi, compartida co Concello de Santiago de Compostela. | |
Tipo | Goberno galego |
Campo de traballo | proteção ambiental |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | 1981 |
Presidente/a | Alfonso Rueda (2022-) |
Localización | |
Sede | Santiago de Compostela |
Enderezo | Praza do Obradoiro, 15705 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.xunta.gal | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atribucións e funcionamentoEditar
A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.
HistoriaEditar
A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.
Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema do Reino de Galicia para dirixir a loita contra Francia e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da Xunta Central Española.
En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia, presidida por Xosé María Suances e oposta á rexencia de Baldomero Espartero.
En 1846 produciuse o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].
Presidencia da Xunta de GaliciaEditar
- Artigo principal: Presidencia da Xunta.
- 1978–1979 - Antonio Rosón Pérez (UCD) (preautonómico)
- 1979–1982 - Xosé Quiroga Suárez (UCD) (preautonómico ata o 28 de abril de 1981)
- 1982–1987 - Xerardo Fernández Albor (APdG)
- 1987–1990 - Fernando González Laxe (PSdeG)
- 1990–2005 - Manuel Fraga Iribarne (PPdG)
- 2005–2009 - Emilio Pérez Touriño (PSdeG)
- 2009–2022 - Alberto Núñez Feijóo (PPdG)
- Desde 2022 - Alfonso Rueda Valenzuela (PPdG)
ConsellaríasEditar
- Categoría principal: Gobernos de Galicia
En marzo de 2022, e tras gañar as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 con maioría absoluta por cuarta vez consecutiva, Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa dimisión como presidente da Xunta de Galicia para asumir o liderado do Partido Popular, malia ter máis de dous anos de lexislatura por diante, algo inédito en Galiza. Nesta situación Alfonso Rueda Valenzuela, o que fora dende as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 vicepresidente de Feijóo, fíxose cargo da presidencia da Xunta no que queda de lexislatura.
O novo goberno Rueda mantén unha estrutura e liña continuísta cos gobernos de Feijóo, incluíndo tamén as dúas vicepresidencias engadidas na composición do seu noveno goberno no ano 2020.
Esta é a composición actual da Xunta e os seus titulares:[2]
- Vicepresidencia e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López.
- Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso.
- Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado.
- Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Ángeles Vázquez Mejuto.
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Mª Vázquez Mourelle.
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade: Román Rodríguez González.
- Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade: María Jesús Lourenzana Somoza.
- Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña.
- Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez.
- Consellería do Medio Rural: José González Vázquez.
- Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo.
As competencias de Turismo recaen no propio Alfonso Rueda, é dicir na propia Presidencia da Xunta, herdando dita consellería do derradeiro goberno de Núñez Feijóo.
SituaciónEditar
- Edificios Administrativos San Caetano
San Caetano, s/n
15704 - Santiago de Compostela - Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro.
15705 - Santiago de Compostela - Sede da Xunta de Galicia na Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9
154781 - A Coruña - Sede da Xunta de Galicia en Ferrol
Praza de España, 2
15403 - Ferrol - Sede da Xunta de Galicia en Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 - Lugo - Sede da Xunta de Galicia en Ourense
Avda. da Habana, 79
32004 - Ourense - Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
Avda. María Victoria Moreno,43
36003 - Pontevedra - Sede da Xunta de Galicia en Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 - Vigo
NotasEditar
- ↑ Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ [3]
- ↑ As obras na Xunta (agora) non fan ruído, Praza Pública, 24 de marzo de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunta de Galicia |
Outros artigosEditar
- Parlamento galego
- Alberto Núñez Feijóo
- Alfonso Rueda
- Partido Socialista de Galicia
- Bloque Nacionalista Galego
- Partido Popular de Galicia
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial da Xunta de Galicia
- As orixes medievais da Xunta de Galicia Historia da Xunta de Galicia.