Ángeles Vázquez

política galega

María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972,[1] é unha política galega do PPdeG. Dende 2024 é a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Modelo:BiografíaÁngeles Vázquez

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Melide
2011 – 2015
← María Socorro Cea VázquezDalia García Couso →
Deputada de España
14 de setembro de 2010 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Alcaldesa de Melide
2004 – 2007
← Miguel Pampín RúaMaría Socorro Cea Vázquez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Xeografía e Historia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, funcionaria pública Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. Traballou na radio municipal de Melide.

Nas eleccións municipais de 1999 e 2003 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide e foi elixida concelleira. En maio de 2004 foi elixida alcaldesa de Melide logo da dimisión do alcalde Miguel Pampín Rúa para centrarse no Senado. Nas municipais de 2007 foi cabeza de lista do PPdeG e perdeu a maioría absoluta da que gozara o partido nos últimos mandatos, se ben foi a candidatura máis votada. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor da candidata do BNG tras un pacto entre esta formación e o PSdeG. Nese mandato foi deputada provincial. Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, chegando a deputada en setembro de 2010 en substitución de Gerardo Conde Roa[2]. Nas municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura do PPdeG a alcaldía de Melide e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.

En outubro de 2015 foi nomeada Conselleira de Medio Rural[3]. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016, continuando á fronte de Medio Rural. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia para centrarse na Consellería[4]. En setembro de 2018 pasou a ocuparse da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Volveu ser elixida deputada nas eleccións de 2020, continuando á fronte da mesma consellería, e volveu renunciar en setembro de 2021 a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.[5] En xuño de 2023 foi nomeada vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia.[6]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[7] Continuou no goberno da Xunta de Galicia como Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, nesta ocasión sen a vicepresidencia segunda.


Predecesor:
Diego Calvo Pouso
  
Vicepresidenta 2ª da Xunta de Galicia
 
2023 - 2024
Sucesor:
cargo suprimido
Predecesor:
Rosa Quintana
  
Conselleira de Medio Rural
 
2015 - 2018
Sucesor:
José González Vázquez
Predecesor:
Beatriz Mato
  
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
 
2018 - 2024
Sucesor:
ela mesma (Medio Ambiente e Cambio Climático)
Predecesor:
ela mesma (Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
  
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
 
2024 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Miguel Pampín Rúa
  
Alcaldesa de Melide
 
2004 - 2007
Sucesor:
María Socorro Cea Vázquez
Predecesor:
María Socorro Cea Vázquez
  
Alcaldesa de Melide
 
2011 - 2015
Sucesor:
Dalia García Couso

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar