Rosa Quintana
Rosa María Quintana Carballo, nada en San Fernando de Apure[1] (Venezuela)[2] o 29 de maio de 1959,[3] é unha política galega do PPdeG.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1959 (65 anos) San Fernando de Apure, Venezuela (pt) |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Traxectoria
editarLicenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén se doutorou alí cun estudo sobre o cultivo do mexillón galego.[4]
Desempeñou diversos cargos no PPdG presidido por Manuel Fraga. En 1987, comezou a traballar na Consellería de Pesca como inspectora de pesca.[3] Foi delegada territorial da Consellería de Pesca en Vigo dende 1997 a 2001, e directora xeral de Innovación da mesma Consellaría a partir de 2001 e até 2005.
Foi de número dez da lista popular da Coruña nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009[5] e formou parte do novo goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijóo en calidade de conselleira do mar. En xaneiro de 2012 foi nomeada conselleira de Medio Rural e do Mar.[6] Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012. En outubro de 2015 pola remodelación do Goberno, quedou unicamente como conselleira do Mar[7]. Revalidou o seu posto de deputada en 2020, ata que en setembro de 2021 deixou o escano como deputada a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros[8].
Obra
editar- Contribución al conocimiento del desarrollo gonadal del mejillón gallego cultivado (1988). Santiago de Compostela: Ed. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788440419309.
Predecesor: Carmen Gallego |
Conselleira do Mar 2009 - 2012 |
Sucesor: extinguida |
Predecesor: Samuel Juárez |
Conselleira de Medio Rural e do Mar 2012 - 2015 |
Sucesor: Ángeles Vázquez Mejuto |
Predecesor: Rosa Quintana |
Conselleira do Mar 2015 - 2023 |
Sucesor: Alfonso Villares Bermúdez |
Notas
editar- ↑ "Rosa María Quintana Carballo". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2019.
- ↑ "Biografía da conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo". xunta.gal. Consultado o 07-10-2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Rosa María Quintana Carballo". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 07-10-2018.
- ↑ "42 Rosa Quintana". elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 08-10-2018. Consultado o 07-10-2018.
- ↑ "PP: candidaturas". vieiros.com. Consultado o 07-10-2018.
- ↑ "DECRETO 11/2012, do 3 de xaneiro, polo que se nomea conselleira do Medio Rural e do Mar a Rosa María Quintana Carballo". xunta.gal. Consultado o 07-10-2018.
- ↑ Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
- ↑ "Feijóo hace renunciar al escaño del Parlamento de Galicia a 7 de sus conselleiros". La Región (en castelán). 2021-09-15. Consultado o 2021-09-15.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosa Quintana |