Samuel Juárez
Samuel Jesús Juárez Casado, nado en La Bañeza (León) en 1962, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (62/63 anos) La Bañeza, España |
Delegado do Goberno en Galicia | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarDe profesión, é veterinario. No político, Juárez Casado desempeñou diversas tarefas durante os mandatos de Manuel Fraga en Galiza. Destaca entre elas a coordinación das campañas de saneamento gandeiro da Xunta de Galiza en 1988. Foi así mesmo secretario xeral de pesca marítima do Ministerio de Pesca de España, en 1996. En abril de 2009 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro do Medio Rural, co novo goberno popular presidido por Alberto Núñez Feijóo. Permaneceu neste posto ata xaneiro de 2012, cando cesou das súas funcións. En xaneiro de 2012 foi nomeado delegado do goberno en Galicia[1]. En novembro de 2014 abandonou o posto para ser agregado de Agricultura na Embaixada de España na China[2].
Predecesor: Alfredo Suárez Canal |
conselleiro do Medio Rural 2009-2012 |
Sucesor: Rosa Quintana |
Predecesor: Xosé Manuel Pose Mesura |
Delegado do goberno en Galicia 2012 - 2014 |
Sucesor: Santiago Villanueva Álvarez |