Abrir o menú principal

Xosé Manuel Pose Mesura

Xosé Manuel Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) en 1950 e falecido na Coruña o 4 de novembro de 2012,[1] foi un político galego do PSdeG.

Xosé Manuel Pose Mesura
Nacemento1950
 Malpica de Bergantiños
Falecemento4 de novembro de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filoloxía clásica, profesionalmente dedicouse ao ensino do latín no ensino secundario. Politicamente é militante do PSdeG-PSOE, e resultou escollido concelleiro en Ferrol. Representante do partido xudicial de Ferrol na Deputación da Coruña, foi designado director do INEM na provincia da Coruña. Posteriormente foi designado subdelegado do goberno na provincia da Coruña, e en outubro de 2011, a un mes das eleccións xerais de 2011, delegado do goberno en Galicia, en substitución de Miguel Cortizo, candidato electoral polo PSOE.


Predecesor:
Miguel Cortizo
 Delegado do goberno en Galicia 
2011 - 2012
Sucesor:
Samuel Juárez

Vida persoalEditar

É irmán do tamén político socialista Modesto Pose.

NotasEditar

  1. "Fallece el exdelegado del Gobierno José Manuel Pose Mesura". laopinioncoruna.es (en castelán). 5-11-2012. Consultado o 1-12-2019.