Deputación da Coruña

organismo que representa os concellos da provincia da Coruña

Coordenadas: 43°22′12″N 8°23′54″O / 43.370049, -8.398243

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Deputación da Coruña

Sede da deputación
Fundación:1835
Provincia:A Coruña
Enderezo:Avenida Porto da Coruña nº2
15003 A Coruña
Presidente:Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE)
Orzamento:184 millóns de € (2020)[1]
Número de empregados:800 (2012)[2]
Concellos que atende:93
Boletín oficial:bop.dacoruna.gal
Na rede
https://www.dacoruna.gal/portada/
Facebook: DeputacionCoruna Twitter: DepuCoruna Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En 1812 promúlgase a Constitución das Cortes de Cádiz na que se dispón por primeira vez a creación das deputacións provinciais. En 1813 instálase a primeira deputación en Galiza, con sede en Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña ese mesmo ano[3]. En 1814 a constitución é derrogada e as deputacións son eliminadas[3]. En 1820 coa volta ao réxime constitucional, instáurase na cidade da Coruña a segunda Deputación de Galiza, que desaparecerá dous anos despois para dar paso a catro novas deputacións, conforme á división territorial de España en 1822 aprobada polas Cortes do Trienio liberal na cal se dividiu o reino de Galiza en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo; o 1 de xuño de 1822 creouse a Deputación Provincial da Coruña[3][4]. En 1823 o absolutismo fixo desaparecer as deputacións[5] e a división provincial creada un ano antes.[3]

Creación editar

Trala reimplantación do réxime liberal a partir da promulgación do Estatuto Real de 1834, e xa estando en vigor a división territorial en provincias de 1833 realizada por Javier de Burgos, a creación da Deputación da Coruña tivo lugar o 21 de novembro de 1835[3].

Presidencia editar

Representación provincial editar

O pleno da deputación está formado por 31 deputados. Logo das eleccións municipais de 2019 repetiuse o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG en xullo de 2015, polo que continuou a ser presidente o alcalde socialista das Pontes, Valentín González Formoso. O vicepresidente é o edil nacionalista carballés Xosé Regueira Varela, en substitución da súa compañeira de partido, a compostelá Goretti Sanmartín Rei[6]. A representación dos diferentes partidos políticos é a seguinte[7]:

Composición da Deputación tras as eleccións de 2019
Partido político Votos % Deputados
 
Partido Popular de Galicia (PPdeG)
201.790
33,04%
14
 
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE)
178.161
29,17%
11
 
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
75.229
12,32%
4
 
Marea Atlántica
25.290
4,14%
1
 
Alternativa dos Veciños
20.057
3,28%
1

Distribución dos escanos por partidos xudiciais. editar

Partido xudicial           Deputados
Betanzos 1 1 2
Carballo 1 1 3
Corcubión 1 1
A Coruña 4 3 1 1 1 10
Ferrol 2 2 1 5
Noia 2 1 3
Santiago de Compostela 4 3 1 8
Total 14 11 4 1 1 31

Notas editar

  1. O pleno da Deputación da Coruña aproba un orzamento de 184 millóns de euros para 2020 Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine..
  2. JOSÉ MANUEL RUBÍN, A Deputación, na senda da normalización. La Voz de Galicia, 10 de decembro de 2012
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 González Mariñas, Pablo (1978). Las Diputaciones Provinciales en Galicia: del Antiguo Régimen al Constitucionalismo (en castelán). Diputación Provincial de La Coruña - Publicaciones. Depósito Legal C-205-1978. 
  4. La memoria de toda la provincia La Voz de Galicia
  5. A Deputación da Coruña, unha institución con historia
  6. Diario, Nós. "PSdeG e BNG selan o acordo para cogobernar a Deputación da Coruña". Nós Diario. Consultado o 2020-09-10. 
  7. "Órganos de goberno". www.dacoruna.gal. Consultado o 2020-09-10. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar