Abrir o menú principal

Partidos xudiciais de Galicia

En Galicia existen 45 partidos xudiciais, que é como se denomina o segundo nivel de unidades territoriais para a administración da xustiza en España.[1][2]

CaracterísticasEditar

Estes 45 partidos xudiciais repártense do seguinte modo: 14 pertencen á provincia da Coruña, 9 á provincia de Lugo, 9 á provincia de Ourense e 13 están na provincia de Pontevedra.[3]

O partido é a unidade territorial integrada por un ou mais concellos limítrofes, pertencentes a unha mesma Provincia.[2] Entre os concellos que compoñen os partidos xudiciais, baseándose en criterios do número de asuntos xudiciais, das características da poboación, medios de comunicación e comarcas naturais, elíxese a capital do mesmo, que se denomina cabeza de partido xudicial.[2] Na devandita cabeza atópase a sede dun ou varios xulgados.[1] Á fronte do resto de concellos do partido xudicial atópanse os xulgados de paz.[1] A actual distribución de partidos xudiciais da comunidade autónoma de Galicia débese a Lei 38/1988, de 28 de decembro, de Demarcación e de Planta Xudicial.[1]

En virtude da devandita lei, os concellos galegos distribúense nos partidos xudiciais que se indican a continuación:[3]

Provincia da CoruñaEditar

Provincia de LugoEditar

Provincia de OurenseEditar

Provincia de PontevedraEditar

 
     Ponteareas      Vilagarcía de Arousa      Vigo      Pontevedra      A Estrada      Tui      Cangas      Lalín      Cambados      Redondela      O Porriño      Caldas de Reis      Marín
  1. Ponteareas: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño
  2. Vilagarcía de Arousa: Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa
  3. Vigo: Baiona, Gondomar, Nigrán, Vigo
  4. Pontevedra: Cerdedo-Cotobade,[4] A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra
  5. A Estrada: A Estrada, Forcarei
  6. Tui: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui
  7. Cangas: Cangas, Moaña, Vilaboa
  8. Lalín: Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces
  9. Cambados: Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo
  10. Redondela: Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior
  11. O Porriño: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas
  12. Caldas de Reis: Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga
  13. Marín: Bueu, Marín

NotasEditar