Mondariz-Balneario
Coordenadas: 42°13′11″N 8°28′17″O / 42.21972, -8.47139
Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o INE en 2021 tiña 675 habitantes. Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».
Mondariz-Balneario | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
![]() | ||||
Situación | ||||
Xentilicio[1] | mondaricense | |||
Xeografía | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
Comarca | Comarca do Condado | |||
Poboación | 680 hab. (2022)[2][3] | |||
Área | 2,3 km²[3] | |||
Densidade | 295,65 hab./km² | |||
Entidades de poboación | 1 parroquia[4] | |||
Política (2019[5]) | ||||
Alcalde | José Antonio Lorenzo Rodríguez (PPdeG[6]) | |||
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 4 | |||
Eleccións municipais en Mondariz-Balneario | ||||
Uso do galego[7] (2011) | ||||
Galegofalantes | 29,47% | |||
Na rede | ||||
MondarizBalneario.es | ||||
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total en 2014 | 682 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 86 (12.61 %) |
Entre 15 e 64 anos | 436 (63.93 %) |
Maiores de 65 anos | 160 (23.46 %) |

HistoriaEditar
No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.
O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Isabel de Aragón.[Cómpre referencia]
Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.
A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.
Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeu á vila o título de "Moi Hospitalaria".
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz-Balneario.
|
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz-Balneario | |
---|---|
Lugares de Mondariz-BalnearioEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz-Balneario vexa: Lugares de Mondariz-Balneario.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Mondariz-Balneario".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Mondariz-Balneario". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mondariz-Balneario |
BibliografíaEditar
- Díaz Martínez, C., Álvarez Limeses, G. e Bragado, M. (2003): A memoria de Mondariz-Balneario. Álbum de Postais. Vigo, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-023-3
- Mondariz, publicación periódica, desde 1915.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- balneariomondariz.es (en castelán).