Rábade
Coordenadas: 43°7′20.252″N 7°37′24.742″O / 43.12229222, -7.62353944
Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é rabadense.
Rábade | |
---|---|
![]() | |
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | rabadense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Lugo |
Poboación | 1.503 hab. (2022)[2][3] |
Área | 5,2 km²[3] |
Densidade | 289,04 hab./km² |
Entidades de poboación | 1 parroquias[4] |
Capital do concello | Rábade |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Francisco Xosé Fernández Montes (IR [6]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 1 Outros: IR 4 |
Eleccións municipais en Rábade | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 48,40% |
Na rede | |
www.rabade.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total 2014 | 1604 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 171 (10,66 %) |
Entre 15 e 64 anos | 998 (62,22 %) |
Maiores de 65 anos | 435 (27,12 %) |

XeografíaEditar
O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.
A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia[8]. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.
HistoriaEditar
Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte establecerase a portaxe ou pago por dereito de paso.
Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925, Rábade convértese en concello independente ó segregarse de Begonte.
En 1875 inaugurouse o tramo Lugo–A Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.
FestasEditar
- Feiras os días 2 e 22 de cada mes.
- Festas patronais, os días 22 e 23 de xaneiro.
- Festas da Asunción de María, o 15 de agosto.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.
Ponte Vella sobre o río Miño
Lugares de RábadeEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade | |
---|---|
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Rábade".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rábade". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Só por diante de Mondariz-Balneario, con 2,3 km².
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rábade |
BibliografíaEditar
- Martínez Lema, Paulo (2019). Toponimia de Begonte e Rábade (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-2-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.