Río Miño
O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 315 km[1].e tamén o río máis caudaloso, cunha conca fluvial de 12.486 quilómetros cadrados (sobre os pouco máis de 29.000 de toda Galicia).
Tipo | río área protexida da rede Natura 2000 Lugar de importancia comunitaria río principal curso de auga ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa ![]() | ||||
Altitude inicial | 695 m ![]() | ||||
División administrativa | Meira, España ![]() | ||||
Localización | Pedregal de Irimia ![]() | ||||
Final | |||||
División administrativa | A Guarda, España ![]() | ||||
Localización | A Guarda e Caminha ![]() | ||||
Desembocadura | Océano Atlántico ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | 28 | ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 315 (![]() | ||||
Superficie | Portugal: 45,54 km² 4.554.350 ha ![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 17.619 km² ![]() | ||||
Río Miño | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | ![]() ![]() | ||||
Área protexida da rede Natura 2000 | |||||
Identificador | ![]() ![]() | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 340 m³/s ![]() | ||||
Atravesa as provincias galegas de Lugo, Ourense e Pontevedra e baña o norte do distrito portugués de Viana do Castelo ata desembocar no Océano Atlántico, entre o municipios da Guarda e Caminha.
Pasa, entre outros sitios, polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Salvaterra de Miño, Monção, Tui, Valença do Minho e Vila Nova de Cerveira.
Etimoloxía
editarMiño ou Minho aparece documentado na antigüidade como Minius ou Mineus. Segundo Edelmiro Bascuas, é unha forma galaica de orixe paleoeuropea (seguramente celta), derivada da raíz indoeuropea *mei- 'camiñar, ir'.[2] Tamén aparece referenciado como Baenis.
Comparte etimoloxía cos polacos Minia, Mnina e Mień, co alemán Main, co irlandés Maoin, co lituano Minija e co toscano Mignone.[3]
Malia parecer a orixe celta a máis acertada, outras teorías dan como étimo o latín minium (vermello, cinabrio, minio), pola semellanza co nome Minius que o pobo romanos lle daba ao río. Con todo, na Gallaecia non se atopaba este mineral.[4]
Curso
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Nacemento
editarO Miño nace no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, no concello lugués de Meira. O pedregal é a morena dun antigo glaciar que baixaba da Serra de Meira. Este olleiro aliméntase das augas subterráneas da serra.
Durante longo tempo A Lagoa de Fomiñá foi considerada a fonto do Miño pero perdeu o seu status a favor de Irimia. A causa de que se considere a fonte orixinal do Miño reside en que constitúe o olleiro de auga subterránea máis alta (700-750 m s.n.m.) que alimenta o río[5], mentres que a lagoa de Fomiñá está a só 600 metros[6]
Forman tamén a súa cabeceira regos como o Porto da Pena e o Xirómeno.[7][8][9]
Curso alto
editarDe A Pastoriza ata Lugo. Pasa polos concellos de A Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Lugo
6 quilómetros máis abaixo acrecenta o seu caudal na lagoa de Fomiñá, na parroquia de Fomiñá, concello de A Pastoriza (Lugo), posto que suma ao regato que baixa do pedregal as augas dos nacentes que hai na propia lagoa.
Baixa despois pola Terra Chá facendo lindeiro entre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. A súa pendente é pequena neste tramo, o que permite a creación dunha das características deste río, as insuas[10], lugares de interese ecolóxico, paisaxístico e incluso económico que aparecen en distintos tramos.
Todas estas illas (a Insua de Santa Mariña e a Insua Pequena) xunto coa Insua de San Roque, a de maior tamaño, e a Insua de Trabanca (ambas de acceso restrinxido), encóntranse na conca alta do río Miño e forman parte da zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño (declarada o 07/11/2002 pola UNESCO).[11]
Xunto cos seus afluentes Támoga e Ladra forma o Complexo Húmido da Terra Chá, un espazo flvial protexido pola Zona Especial de Conservación (ZEC) Parga‐Ladra‐Támoga, con puntos de grande interese ecolóxico como as devanditas insuas do Miño ou a Lagoa de Cospeito.[12] Tamén aparecen neste tramo as primeiras pesqueiras ou caneiros, sobre todo para pescar a anguía, e os primeiros muíños.[13]
Este tramo remata en Lugo, o río entra no termo municipal e arrodea a cidade polo Oeste e Suroeste. Neste concello cruzan o río, por esta orde, o viaduto do estrada N-540, a Pasarela de San Lázaro (peonil), a Ponte Vella ou ponte romana e a Ponte Branca.
Todo este tramo alto constitúe a Reserva da biosfera Terras do Miño.
Curso medio
editarResto da provincia de Lugo e provincia de Ourense.
Transcorre polos concellos lugueses de O Corgo, Guntín, O Páramo, Portomarín, Paradela, Taboada, O Saviñao, Chantada, Pantón e Carballedo.
E polos concellos ourensáns de A Peroxa, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, Toén, Punxín, Cenlle, Castrelo de Miño, Ribadavia, A Arnoia e Cortegada.
Neste tramo o río abandona a meseta da Terra Chá e entra en zona máis montañosa polo que o seu leito está encaixado en moitos lugares: en Portomarín os canóns acadan os 200 metros e chegan aos 400 en Os Peares[14].
Esta orografía permite un doado aproveitamento hidroeléctrico do río polo que presenta varios encoros: Belesar (o maior do río), Os Peares, Velle, Castrelo de Miño e A Frieira, por orde de descenso). Nos Peares recibe o seu principal afluente, o Sil, pola esquerda, e o Búbal pola dereita.
O máis salientable deste tramo é a achega do río Sil. O Miño é o río máis caudaloso de Galicia tras o seu encontro co Sil, que achega máis auga que o tramo alto do Miño. No anuario hidrolóxico da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o encoro de San Pedro no río Sil a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o encoro dos Peares, o último do río Miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[15]
Hai aquí un tema ben interesante que se pode expresar así, por que, se cando se xuntan os dous ríos o Miño é máis corto e ten menos caudal, se considera que o Sil é afluente do Miño e non ao revés? A causa reside na aplicación do Principio de Perceptoloxía segundo o cal, se dous ríos mesturan as súas augas, considérase río principal aquel que na confluencia forma un ángulo maior co curso que prosegue. O ollo percibe a continuidade dese río e percibe ó outro como afluente[16]. Non noso caso, vemos que o Miño continúa mentres que o Sil cruza co primeiro.
Pouco antes de Ourense e ata algo despois de Ribadavia o río acomódase a unha fosa tectónica[17]. Testemuño disto é o seu percorrido, que se vai adaptando ao relevo da fosa e os nacentes de augas termais.
Curso baixo e desembocadura
editarFronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal.
A última parte do seu curso ten unha baixa pendente e ladeiras máis amplas, aínda que segue a presentar montañas a ambas beiras en case todo o percorrido.
Desemboca na Guarda (Pontevedra) pola beira galega, e en Caminha (Viana do Castelo) pola beira portuguesa.
Nesta último tramo e xa case na desembocadura forma un esteiro protexido baixo a forma de Zona especial de conservación do Baixo Miño. O leito ábrese e forma unha zona rica de vida pola combinación das zonas inundables, as insuas e a auga salobre.
Non obstante, o esteiro remata, xa na desembocadura nun baixío que, a xeito de funil, provoca que o río, cando baixa a marea teña correntes moi fortes e perigosas[19].
Insuas
editarExisten 14 insuas ou illas fluviais no treito entre Portugal e Galicia. Catro delas son consideradas internacionais: Morraceira de Seixas, Morraceira de João de Sá e Varandas, máis próximas á freguesía portuguesa de Lanhelas (Caminha), e a Morraceira, máis próxima á costa galega.
Atribúense a Galicia as insuas Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das Varandas, Vacariza e A Fillaboa. Esta última, con 110 000 metros cadrados, adquirida polo concello de Salvaterra de Miño a privados, porá un barco á insua en canto constrúe unha pasarela e habilita un centro de interpretación.[20]
Son consideradas portuguesas as insuas dos Amores, Boega e Lenta, en Vila Nova de Cerveira, e as de São Pedro e Conguedo, en Valença.[21]
Xeografía
editarDespois de recibir o Sil, flúe cara ao suroeste. Dende o encoro de Frieira ata a desembocadura, o Miño constitúe unha fronteira natural entre Galicia e Portugal. Na comarca do Ribeiro, ás súas beiras, prodúcese o viño do mesmo nome. Fai de fronteira uns 80 km, nun val de intensa produción agrícola, con millo, patacas ou forraxe para o gando. No tramo final tamén está bordeado por viñas de albariño.
Flora e fauna
editarFlora
editarNa bacía alta do Miño existen diversos tipos de ecosistemas acuáticos, característicos da rexión bioclimática atlántica. Afluentes como o Parga, o Ladra e o Támoga integran un característico complexo húmido. Está formado por unha extensa rede de canles, lagoas e terreos inundados, aos que se asocian pasteiros, zonas agrícolas, bosques de ribeira, turbeiras ombotróficas, breixeiras e carballeiras. Esta grande diversidade acolle numerosas especies de aves durante o período invernal.[22]
No tramo alto abundan os bosques aluviais de amieiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus escelsior), así como carballeiras (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e uceiras húmidas atlánticas (Erica cillaris e Erica tetralix). O tramo do baixo Miño remata nun esteiro estreito e con ínsuas, a Zona especial de conservación do Baixo Miño.
No río Miño atópase a única poboación no Estado español do nenúfar Nympoides peltata.[23] Conta con 18 poboacións en dúas áreas: 16 na bacía alta e 2 na baixa. Malia que esta especie está considerada como estable a nivel mundial segundo a IUCN[24], aparece como especie en perigo no Estado español[23] e Galegas[25]
Fauna
editarO Miño é habitado por numerosos anátidos (Anas platyrhynchos, Anas clypeata), así como un pequeno núcleo de sisón (Tetrax tetrax). Como especies piscícolas atópanse poboacións de ciprínidos como o cacho (Lenciscus carditerti), a reñosa (Rutilus arcani) e a boga (Choridostona polylepis duriensis), e gasterosteidos como o espiñeiro europeo (Gasterosteus aculeatus). En todo o curso do río viven peixes como a troita (Salmo trutta) e a anguía (Anguilla anguilla), e mamíferos como o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) e a lontra (Lutra, lutra).
O curso baixo do Miño alberga no inverno gran número de aves acuáticas, como o parrulo cristado (Aythya fuligula), a píllara dourada (Pluvialis apricaria), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e a avefría (Vanellus vanellus). Conta cunha notable diversidade de peixes, entre eles o salmón, que presenta neste río o linde de distribución máis meridional de toda Europa. Tamén se dá a lamprea (Petromyzon marinus), pescada tradicionalmente nestas augas con diques de feitura peculiar, as pesqueiras. Outras especies piscícolas deste tramo son a zamborca (Alosa alosa), a sabela (Alosa fallax), a carpa vermella (Carassius auratus), a perca americana (Micropterus salmoides) e a solla (Platichthys flesus).
Os últimos 40 km do río Miño están colonizados pola ameixa asiática (Corbicula fluminea). Esta especia adaptouse ás condicións e practicamente eliminou outras especies. A ameixa asiática foi detectada por vez primeira no río Miño en 1989. Antes xa chegara ao río Texo, talvez en navíos de transporte.
Impacto humano
editarAmais dos encoros, das construcións das marxes (coma o paseo e o parque da Canuda en Salvaterra de Miño) e da polución que sofre no último treito (especialmente dende que recibe as augas do río Tea), un dos principais problemas son as especies invasoras.
No esteiro do Miño, os problemas de conservación da zona radican na alta presión urbanística, cinexética e pesqueira, ademais da contaminación producida polos residuos urbanos.
Aproveitamento
editarCanto ós seus encoros, os tres primeiros sitúanse entre Lugo e Ourense, e os dous últimos, entre Galicia e Portugal:
- Belesar: 654 hm³
- Os Peares: 182 hm³
- Velle, 17 hm³
- Castrelo de Miño: 60 hm³
- Frieira: 44 hm³
É navegábel de xeito transversal, e de xeito lonxitudinal en pequenos tramos e na desembocadura. No século XVIII, o ilustrado Pedro Antonio Sánchez presentoulle a Carlos III unha proposta para facer o río navegable ata a cidade de Ourense. Pretendía seguir a tendencia europea de crear canles de navegación, en auxe naquela época, e así aumentar as exportacións, principalmente de viño de Ribeiro. Porén, o proxecto non chegou a levarse a cabo.[26]
Cultura
editarO río Miño era o viveiro máis importante na cría de peixes da Península Ibérica até a metade do século XX. Estragado por represamentos e pola polución das augas, ficou convertido nunha sucesión de presas hidroeléctricas. A riqueza natural daba emprego a uns tres mil pescadores.[27]
A variedade de peixes era grande, entre outros, salmóns, peixe sabre, lampreas, anguías, sollas, bogas ou escalos. Empregábanse diferentes modos de pesca, como pesqueiras, con voitirón e cabaceira, alén de alxerife en arrastre, estacadas, trasmallo, redes dun pano, chumbeira, nasas, palangres e canas. Amais do consumo local, tamén se destinaban á exportación, que chegou ao Brasil a finais do século XIX. A pesca tamén se realizaba desde embarcacións, como o carocho e a maseira ou gamela. Tamén navegaron polo río Miño barcazas de carga, vapores entre Valença e Caminha na metade do século XIX, e baixeis, pinazas, navíos e naos na Idade Media, en tempos dos activos portos de Tui e Valença.
Cultura popular
editarRefráns:
- O Miño leva a fama, pero o Sil leva a auga.
Afluentes
editarAfluentes do río Miño por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:
- Río Madanela:[7] desemboca en Miñoto, Crecente, A Pastoriza pola marxe dereita.
- Río Pequeno:[7] desemboca no Pumar (Castro de Rei) pola marxe dereita.
- Río Azúmara:[7] desemboca en Coea, Castro de Rei pola marxe esquerda.
- Río Anllo:[7] desemboca en Triabá, Castro de Rei pola marxe dereita.
- Río Lea:[7] desemboca en Beloi, San Xiao de Mos, Castro de Rei pola marxe esquerda.
- Río Támoga:[7] desemboca entre Os Porrás, Damil, Begonte e Rego, Arcillá, Cospeito pola marxe dereita.
- Río Ladra:[7] desemboca fronte a Santa Isabel, Outeiro de Rei, Outeiro de Rei pola marxe dereita.
- Río Robra:[7][28] desemboca en Robra, Robra, Outeiro de Rei pola marxe esquerda.
- Río Narla:[7] desemboca en Ombreiro, Lugo pola marxe dereita.
- Río Mera:[7] desemboca na Mera (Lugo) pola marxe dereita.
- Río Rato, ou río da Chanca:[29] desemboca na cidade de Lugo pola marxe esquerda.
- Río Chamoso:[7] desemboca en Chamoso, Paradela, O Corgo pola marxe esquerda.
- Río Neira:[7] desemboca entre A Veiga, Cerceda, O Corgo e Vilasante, O Páramo pola marxe esquerda.
- Río Ferreira:[7] desemboca en Pacios, Navallos, Guntín pola marxe dereita.
- Río Loio:[7] desemboca en Cabo de Vila, San Martiño de Castro, Paradela pola marxe esquerda.
- Río Zamoelle:[8] desemboca en Ferreiroá, San Nicolao de Portomarín, Portomarín pola marxe dereita.
- Río Pez:[7] desemboca entre Teibel, Reiriz, O Saviñao e Marzán, Chave, O Saviñao pola marxe esquerda.
- Rego de Moreda:[7] desemboca en San Xián, San Xián de Insua, Taboada pola marxe dereita.
- Río Sardiñeira:[7] desemboca en Montegrande, San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao pola marxe esquerda.
- Río de Pesqueiras:[7] desemboca en Pesqueiras, Santo Estevo de Ribas de Miño, O Saviñao pola marxe esquerda.
- Río Asma:[7] desemboca no O Castro, San Fiz de Asma, Chantada pola marxe dereita.
- Río Búbal:[7] desemboca nos Peares pola marxe dereita.
- Río Sil:[7] desemboca nos Peares pola marxe esquerda.
- Río de Barra:[7] desemboca en Barra de Miño, Santo Eusebio da Peroxa, Coles pola marxe dereita.
- Río Lonia:[7] desemboca na Lonia de Abaixo (Ourense) pola marxe esquerda.
- Río Barbaña:[7] desemboca na cidade de Ourense pola marxe esquerda.
- Río Barbantiño:[7] desemboca entre Arrabaldo, Arrabaldo, Ourense e Izás, Barbantes, Punxín pola marxe dereita.
- Río Avia:[7] desemboca na vila de Ribadavia pola marxe dereita.
- Río Cerves:[8] desemboca en Prexigueiro, Francelos, Ribadavia pola marxe dereita.
- Río Arnoia:[7] desemboca nos Os Chaos, A Arnoia, A Arnoia pola marxe esquerda.
- Río Deva:[7] desemboca entre Casaldálvaro, Valongo, Cortegada e O Valiño, Trado, Pontedeva pola marxe esquerda.
- Río Troncoso ou Barxas:[7] forma parte da 'Raia, desemboca fronte á Frieira (Crecente), entre Acivido, Desteriz, Padrenda e Cevide, Paços, Monção pola marxe esquerda.
- Río Ribadil:[7] desemboca na Foz (Crecente) pola marxe dereita.
- Río Deva:[7] desemboca entre O Cruceiro, Arbo, Arbo e O Pumar, Arbo, Arbo pola marxe dereita.
- Río Cea:[7] desemboca na Ponte Cabaleiros (Arbo) pola marxe dereita.
- Río Mouro:[7] desemboca en Forte, Ceivães, Monção pola marxe esquerda.
- Río Termes:[7] desemboca entre Sucarreira, Setados, As Neves e A Laxe, Setados, As Neves pola marxe dereita.
- Regueira Xuliana:[7] desemboca en Liñares, As Neves pola marxe dereita.
- Rego de Lobeira:[7] desemboca nas Regueiras (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
- Río Tea:[7] desemboca na Quinta de Fillaboa (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
- Río da Gadanha:[7] desemboca en Troporiz, Troporiz, Monção pola marxe esquerda.
- Río Caselas:[7] desemboca entre A Agrela, Arantei, Salvaterra de Miño e Caldelas de Tui, Tui pola marxe dereita.
- Río Manco:[7] desemboca en Friestas, Valença pola marxe esquerda.
- Río Louro:[7] desemboca na vila de Tui pola marxe dereita.
- Río Furnia:[8] desemboca en Carregal de Abaixo, Amorín, Tomiño pola marxe dereita.
- Río Cereixo:[7] desemboca en Forcadela, Tomiño pola marxe dereita.
- Río do Pego:[7] desemboca en Vilar de Matos, Tomiño, Tomiño pola marxe dereita.
- Río Tollo:[7] desemboca entre Fontela, Goián, Tomiño e Carril, As Eiras, O Rosal pola marxe dereita.
- Río Tamuxe:[7] desemboca entre A Ponte da Tamuxe, San Miguel de Tabagón, O Rosal e Pías, San Miguel de Tabagón, O Rosal pola marxe dereita.
- Río Coura:[7] desemboca na vila de Caminha pola marxe esquerda.
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Miño
-
Mapa do río Miño.
-
Panorámica do Miño desde San Trocado, Punxín.
-
O río Miño ao seu paso por Portomarín arredor de 1920.
-
Foz do río Miño (Camposancos, A Guarda).
-
O río Miño ao paso polo caneiro do Piago, en Lugo.
Notas
editar- ↑ Confederación hidrográfica MIño-Sil
- ↑ Cf. páx. 534 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". http://www.mondonedoferrol.org/estudios-mindonienses/MINDONIENSES%2024%20[protegido].pdf Arquivado 11 de xuño de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
- ↑ Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
- ↑ La laguna de Lugo a 600 metros de altitud en la que se estanca el río Miño (pero no nace)
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 7,23 7,24 7,25 7,26 7,27 7,28 7,29 7,30 7,31 7,32 7,33 7,34 7,35 7,36 7,37 7,38 7,39 7,40 7,41 7,42 7,43 7,44 7,45 7,46 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°12'46.5"N 7°15'46.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ Cañada, Silverio, ed. (2003). "Miño 4". Gran Enciclopedia Galega 29. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 187–196. ISBN 84-87804-26-8.
- ↑ Información turística
- ↑ Descrición da ruta
- ↑ Red Fluvial- Miño
- ↑ Web de Outeiro de Rei
- ↑ Ficha Miño
- ↑ ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
- ↑ Os afluentes dun río
- ↑ Ficha Miño
- ↑ Saa González, Ignacio (2014/11/10). Constantino Candeira. Porto de Camposancos (Río Miño).
- ↑ Rescatados tres tripulantes gallegos tras volcar su embarcación en la barra del Miño
- ↑ "Salvaterra pondrá un barco a la isla de A Fillaboa y proyecta una pasarela". Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ "Ilha espanhola é a primeira das 14 existentes no rio Minho a abrir ao público".
- ↑ Hidrográfica do Miño-Sil
- ↑ 23,0 23,1 "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España" (PDF). miteco.gob.es. Consultado o 25/05.
- ↑ "IUCN- Nymphoides peltata". IUCN. Consultado o 26/05/2021.
- ↑ "Conselleria de medio ambiente, Xunta de Galicia. Nymphoides peltata". Consultado o 26/05/2021.
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/10/20/mino-autopista-siglo-xviii/0003_201310V20C9991.htm
- ↑ Vázquez, José Manuel (2015): O rio Minho galego-português, ISBN 9781326350161
- ↑ Concello de Outeiro de Rei. "Robra (San Pedro Fiz)". Concello de Outeiro de Rei. Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, buscar Lugo, Campus Universitario" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 4 de xullo de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Miño |
Bibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2015). O Miño. Un caudal de historia. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-779-6.