Lingua galaica
O galaico,[1] tamén coñecido como hispano-celta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q)[2][3] ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falado a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida.[4][5] Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.[6]
Galaico | ||
---|---|---|
Falado en: | Gallaecia | |
Total de falantes: | Lingua morta | |
Familia: | Indoeuropea Linguas celtas Continental Galaico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
![]() |
DistintividadeEditar
Tanto Pomponio Mela coma Plinio o Vello escribiron sobre as poboacións celtas e non celtas de Gallaecia e Lusitania. Algúns autores modernos especularon sobre a posibilidade de que ámbalas rexións compartisen unha mesma lingua céltica, mentres que outros autores sinalan dificultades non resoltas dentro desta hipótese, como as características fonéticas incompatíbeis das dúas rexións, como a preservación de *p- e o reflexo inconsistente das consoantes líquidas silábicas.[7][8][9][10][11] A evidencia filoxenética amosa que a lingua galaica, se ben comparte algunhas características co celtibero, ten evolucións fonéticas que o diferencian do celtibero.
RevitalizaciónEditar
A comezos do século XXI diversos movementos culturais amosaron interese en rescatar a tradición lingüística galaica. Algúns chegaron a propoñer revivir a lingua a través da reconstrución lingüística, baseándose nas evidencias existentes e en linguas celtas como o antigo irlandés ou o reconstruído protocelta. Unha das aspiracións deses movementos culturais é a creación dun dicionario atebivota formado por palabras do galaico. Eses traballos foron apoiados pola Liga Céltiga Galaica, que ademais promove o intercambio con outros movementos pancélticos como a Liga Céltica, aínda que esta última só recoñece movementos ligados a linguas celtas vivas.[12][13][14]
GaleríaEditar
- Inscricións locais romanas que incorporaron nomes, apelativos e frases autóctonas:
Estela antropomórfica de Verín con inscrición en latín e antropónimos locais: LATRONIUS CELTIATI F(ilius) H(ic) S(itus) E(st)
Estela de Crecente atopada en Crecente (Mera, Lugo) con inscrición latina: APANA AMBOLLI F(ilia) CELTICA SVPERTAM(arica) [Castello] MIOBRI AN(norum) XXV H(ic) S(itus) E(st) APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit).
Inscrición votiva adicada a Lugh: LUCOUBU ARQUIEN(obu) SILONIUS SILO EX VOTO
Inscrición votiva adicada a unha divindade local, Cosso, nunha ara de Meirás, Sada: COSOU DAVINIAGO Q(uintus) V() C() EX VOTO
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galaico.
- ↑ Prósper, B. M. (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 422–427. ISBN 84-7800-818-7.
- ↑ Villar F., B. M. Prósper. (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 333-350. ISBN 84-7800-530-7.
- ↑ "The Celts in the Iberian Peninsula: Celtiberian" Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine., artigo de Carlos Jordán Cólera en e-Keltoi vol. 6, 16 de marzo de 2007 páx. 749–750 (en inglés).
- ↑ Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 481.
- ↑ Palabras do galego, como crica, do protocelta *kīkwā ("suco"), laxe, do proto-celta *(p)lagēnā ("punta de lanza"), leira, do proto-celta *(p)lāryo- ("piso", "chan"), ou alboio, do proto-celta *(p)are-bowyo-.
- ↑ Among them the Praestamarci, Supertamarci, Nerii, Artabri, and in general all people living by the seashore except for the Grovi of southern Galicia and northern Portugal: 'Totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognomen est Limia. Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. Cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. Hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent. Deinde ad septentriones toto latere terra convertitur a Celtico promunturio ad Pyrenaeum usque. Perpetua eius ora, nisi ubi modici recessus ac parva promunturia sunt, ad Cantabros paene recta est. In ea primum Artabri sunt etiamnum Celticae gentis, deinde Astyres.', Pomponius Mela, Chorographia, III.7-9.
- ↑ cf. Wodtko 2010: 361-362
- ↑ Prósper 2002: 422 and 430
- ↑ Prósper 2005: 336-338
- ↑ Prósper 2012: 53-55
- ↑ "Gallaic Revival Movement". Consultado o 11 de maio de 2013.
- ↑ "Gallaic Revival". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013.
- ↑ "Old Celtic Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2015.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Antropónimos galaicos e de orixe céltica no web dos nomes galegos, da Asociación Fillos de Galicia.