A Liga Céltica é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, a Bretaña, Cornualla e a Illa de Man, as coñecidas como nacións celtas. Tamén fai bastante fincapé na promoción das linguas célticas propias. Está recoñecida polas Nacións Unidas como unha organización non gobernamental con "status consultivo" e é parte do "Consello económico e social".[1]

Liga Céltica
An Comann Ceilteach (gaélico escocés)
An Conradh Ceilteach (irlandés)
Yn Commeeys Celtiagh (manx)
Yr Undeb Celtaidd (galés)
An Kesunyans Keltek (córnico)
Ar C'hevre Keltiek (bretón)
Organización panceltista
Dirixentes e organización
LíderRhisiart Tal-e-bot (2006-actulidade)
Historia
Fundación1961
Posicións políticas
IdeoloxíaCeltismo, dereito de autodeterminación
Outros datos
Na rede
celticleague.net
Youtube: UC4QCwK2OEkuUvtDTv6iIVGA Editar o valor em Wikidata

Cargos na Liga Céltica editar

A nacionalidade está indicada por letras despois dos seus nomes:

B – Bretón, C – Córnico, I – Irlandés, M – Manx, E – Escocés, G – Galés

Secretarios xerais da Liga Céltica editar

Alan Heusaff: (1961–84), B→I
Bernard Moffatt: (1984–88), M
Davyth Fear: (1988–90), C
Séamas Ó Coileáin: (1990–91), I
Bernard Moffat: (1991–2006), M
Rhisiart Tal-e-bot: (2006 – presente), G→C

Editores de Carn editar

Frang MacThòmais: (1973–74), E
Pádraig Ó Snodaigh: (1974–77), I
Cathal Ó Luain: (1977–81), I
Pedyr Pryor: (1981–84), C
Pat Bridson: (1984–presente), M→I

Outros cargos editar

A presidencia e vicepresidencia estiveron vixentes entre 1961 e 1971 e posteriormente foron abolidas. Foron responsabilidade de Gwynfor Evans (G) e de Dr Robert McIntyre (E) respectivamente durante toda a existencia destes postos.

Pádraig Ó Conchúir (I) foi gobernador entre 1972 e 1978.

Notas editar

  1. BBC News, ed. (15 de xuño de 2010). "Cornwall's Celtic League branch welcomes UN approval". Consultado o 11 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Ellis, Peter Berresford The Celtic Dawn.
  • Tanner, Marcus Last of the Celts.

Ligazóns externas editar