Escocia

país do Reino Unido

Escocia[1][2] (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido.[3][4][5] É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas,[6] incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km², e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km².

Modelo:Xeografía políticaEscocia
Scotland (en)
Alba (gd) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoFlower of Scotland Editar o valor en Wikidata

Lema«In My Defens God Me Defend (pt) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°N 5°O / 57, -5
EstadoReino Unido Editar o valor en Wikidata
CapitalEdimburgo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Aberdeen City (en) Traducir
Aberdeenshire (pt) Traducir
Angus Editar o valor en Wikidata../... 32+
Poboación
Poboación5.404.700 (2016) Editar o valor en Wikidata (68,6 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua gaélica escocesa
Lingua scots Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie78.782 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBen Nevis (1.344) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Santo padrónAndré Apóstolo Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoScottish Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataJohn Swinney (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento escocés , (Escano: 129) Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.scot Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+44 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-SCT Editar o valor en Wikidata
Código NUTSUKM Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.scot Editar o valor en Wikidata

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa.[7] Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande,[8] foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante[9] do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.[10]

O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes.[11][12] O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta.[13] A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707.[14] En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.[15][16][17][18]

Escocia é membro do Consello británico-irlandés,[19] e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area.[20] Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.[21]

Orixe etimolóxica

editar

A Crónica anglosaxoa do século X é o documento máis antigo no que aparece o termo Scotland, formado a partir do termo latino Scoti, de orixe dubidosa, empregado como unha referencia aos habitantes de Hibernia (a actual Irlanda). A palabra Scotia, aparecida no latín vulgar, empregouse só para referirse á zona de Escocia na que se falaba gaélico; ademais, este termo alternaba con Albania, procedente do termo gaélico para Escocia, Alba. O emprego do termo Scotland para referirse a todo o territorio escocés só se xeneralizou na baixa Idade Media. Nos tempos modernos o termo Scot aplícase a todos os habitantes de Escocia, independentemente da súa orixe étnica, xa que a identidade escocesa é primordialmente cívica e non étnica ou lingüística. O termo scot tamén se emprega para referirse ao escocés, falado nalgunhas zonas dos Lowlands ou Terras Baixas Escocesas.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Escocia.

Historia antiga

editar
 
Restos dun asentamento neolítico en Skara Brae, nas illas Orcadas.

As continuas glaciacións, que cubriron por completo toda a superficie de terra da actual Escocia, destruíron calquera resto de presenza humano antes do período mesolítico. Crese que os primeiros grupos humanos posglaciais de cazadores recolectores chegaron a Escocia hai 12.800 anos, despois de que o xeo desaparecese ó final da última glaciación.[22][23]

Estes poboadores comezaron a construír as primeiras casas permanentes en terreo escocés hai 9.500 anos, e as primeiras aldeas hai 6.000 anos. A vila de Skara Brae, nas Orcadas, data deste período. As construcións neolíticas e os lugares rituais e de enterramento son particularmente comúns e están ben preservados nas illas Orcadas e Shetland, e nas Hébridas Exteriores, onde a ausencia de árbores motivou que as estruturas fosen construídas coa pedra do lugar.[24]

O descubrimento dunha tumba de 4000 anos de antigüidade en Forteviot, preto de Perth, a capital do reino dos pictos nos séculos VIII e IX, non ten comparanza con ningunha outra en toda a illa. Contén os vestixios dun líder da Idade de Bronce antiga, enfeitado con pedras brancas de cuarzo e cortiza de bidueiro. Tamén se descubriu que os pobos da Idade de Bronce antiga poñían flores nas tumbas.[25][26]

Durante a Idade de Bronce tardía, Escocia puido formar parte dunha cultura de comercio marítimo chamada Idade do bronce atlántico, que incluía outras nacións celtas, e áreas das actuais Inglaterra, Francia, España e Portugal.[27][28][29][30]

No inverno de 1850, unha gran tempestade bateu Escocia causando numerosos danos e máis de 200 mortos.[31] Na baía de Skaill, o temporal arrincou a terra dun grande outeiro irregular, coñecido como "Skerrabra". Cando a tormenta amainou, a xente do lugar descubriu o contorno dunha vila, formada por varias casas pequenas sen teito.[31][32] William Watt de Skaill, o laird local, comezou unha escavación no lugar, pero despois de desenterrar catro das casas, abandonou o traballo en 1868.[32] O sitio permaneceu imperturbábel ata 1913, cando nunha única semana, o lugar foi saqueado por un grupo de homes con pas que se fixo cunha cantidade descoñecida de obxectos.[31] En 1924, outra tormenta varreu parte dunha das casas e entón determinouse que o sitio debía ser mellor preservado e máis seriamente investigado.[31] O traballo déuselle ó profesor Vere Gordon Childe, da Universidade de Edimburgo, que viaxou a Skara Brae por vez primeira en 1927.[31]

Influencia romana

editar

A protohistoria escrita de Escocia comeza coa chegada do Imperio Romano á zona sur e central de Gran Bretaña, o que se coñece hoxe como Inglaterra e Gales, e a administraron como unha provincia á que chamaron Britania. As invasións e ocupacións romanas do sur de Escocia soamente foron unha serie de breves encontros.

 
Castelo de Edimburgo. A presenza humana neste lugar data do século -IX, mais a súa orixe é incerta.

De acordo co historiador romano Tácito, os caledonios "recorreron á resistencia armada a grande escala", atacando os fortes romanos e mantendo combates coas lexións. Nun sorpresivo ataque nocturno, os caledonios acabaron con case toda a Lexión IX Hispana, ata que foi salvada pola cabalaría de Agrícola.[33]

Nos anos 83 e 84, o xeneral Cneo Xulio Agrícola derrotou ós caledonios na Batalla do monte Graupius. Tácito escribiu que, antes da batalla, o líder caledonio, Calgaco, fixo un discurso no que chamou á súa xente os "derradeiros libres" e acusou ós romanos de "facer do mundo un deserto e chamalo paz".[33] Despois da vitoria romana, os seus fortes foron situados ó longo do Gask Ridge. Tres anos despois da batalla, o exército romano retirouse do territorio de Southern Uplands.[34]

Os romanos erixiron entón a Muralla de Hadrián para controlar ás tribos a ámbolos lados da muralla,[35] e o Limes Britannicus converteuse na fronteira norte do Imperio Romano, malia que o exército mantívose na Muralla de Antonino durante dous curtos períodos – o último durante o goberno do emperador Septimio Severo dende 208 ata 210.[36]

A ocupación militar dunha parte significativa da zona norte de Escocia durou só 40 ano, mais a influencia romana na parte sur do país, ocupada por tribos bretoas como os Votadini e os Damnonii, foi considerable entre os séculos I e V. O termo galés Yr Hen Ogledd (" O Vello Norte") é usado polos estudosos para describir o que hoxe é o norte de Inglaterra e o sur de Escocia cando estas estaban habitadas por pobos britónicos entre os anos 500 e 800.[35] Segundo escritos dos séculos IX e X, o reino gaélico de Dál Riata foi fundado no século VI no oeste de Escocia.[37][38] A versión 'tradicional' di que foron poboadores de Irlanda os que fundaron o reino, traendo canda si a lingua e a cultura gaélica. Porén, algúns arqueólogos suxiren que é unha visión errada, xa que non existen evidencias arqueolóxicas que demostren tal migración ou a conquista do territorio por un pequeno grupo de elites.[39]

Idade Media

editar
 
Réplica da pedra picta Hilton of Cadboll Stone.

O reino dos pictos (baseado en Fortriu no século VI) foi un estado que posteriormente se convertería en "Alba" ou "Escocia". O desenvolvemento de "Pictland", segundo o modelo histórico creado por Peter Heather, foi unha resposta natural ó imperialismo romano.[40] Tiveron especial relevancia neste período a Batalla de Dunnichen, o reino de Bridei III dos pictos (671–693), e o período de consolidación no reino de Óengus mac Fergusa (732–761).[41]

O reino dos pictos do século VIII, cando Beda o describiu, era aproximadamente do mesmo tamaño que o reino escocés de Alexandre I (1107–1124). Porén, no século X, o reino picto foi dominado pola cultura gaélica, e desenvolveuse unha historia tradicional sobre unha conquista irlandesa arredor do antergo da dinastía real contemporánea, Cináed mac Ailpín (Kenneth MacAlpin).[42][43][44]

Dende unha base territorial no leste de Escocia, no norte do río Forth e no sur do río Oykel, o reino conseguiu o control das terras que limitaban ó norte e ó sur. No século XII, os reinos de Alba anexionaran ós seus territorios as terras anglófonas do sueste e conseguiron a soberanía do Galloway gaélico e do Caithness nórdico. Cara ao final do século XIII, o reino de Escocia tiña aproximadamente as súas fronteiras actuais. Porén, os procesos de cambio cultural e económicos de comezos do século XII garantirían que Escocia sería moi diferente a finais da Idade Media.

A razón deste cambio foi o reinado de David I e a Revolución davidiana. Grandes transformacións como o feudalismo, a reorganización do goberno e as primeiras vilas legalmente recoñecidas (chamadas "burgos") producíronse neste período. Estas institucións e a inmigración de cabaleiros e cregos franceses e anglo-franceses facilitou a osmose cultural. Deste xeito, a parte leste do reino orixinal converteuse, ó igual que o adquirido sueste, en anglófono, mentres que o resto do país conservou a lingua gaélica escocesa, agás as illas Orcadas e Shetland, que estiveron baixo dominio nórdico ata 1468.[45][46][47] O estado escocés mantivo un período de estabilidade entre os séculos XII e XIV, nunha relativa paz con Inglaterra. Así mesmo, establecéronse ligazóns culturais e de comercio co continente, e no cumio da súa cultura apareceu Duns Scoto, un dos filósofos máis influentes e importantes de Europa.

 
O Monumento Wallace na honra de William Wallace, o heroe nacional escocés do século XIII.

A morte de Alexandre III en marzo de 1286, seguida pola da súa neta Margarida I, rompeu a liña de sucesión da monarquía escocesa e rematou coa idade dourada de 200 anos de duración que comezara David I. Eduardo I de Inglaterra foi convidado a arbitrar entre os pretendentes da coroa escocesa, e organizou un proceso coñecido como "Grande causa" para identificar ó reclamante máis lexítimo. Xoán de Balliol foi nomeado rei no gran salón do Castelo de Berwick o 17 de novembro de 1292, e foi presentado en Scone o 30 de novembro, o día de Santo André. Eduardo I, que forzara ser recoñecido como "Señor Supremo de Escocia", o señor feudal do reino, minou de xeito constante a autoridade de Xoán.[48] En 1294, Balliol e outros señores escoceses rexeitaron a demanda de Eduardo de servir no seu exército contra os franceses. Pola contra, o parlamento escocés mandou enviados a Francia para negociar unha alianza. Escocia e Francia selaron un tratado o 23 de outubro de 1295, coñecido como Auld Alliance (1295–1560). Isto motivou a guerra, e o Rei Xoán foi deposto por Eduardo, quen tomou o control persoal de Escocia. Andrew Moray e William Wallace xurdiron como os principais líderes da resistencia contra o dominio inglés no que se converterían nas Guerras de independencia de Escocia (1296–1328).[49]

A natureza do conflito cambiou significativamente cando Robert the Bruce, Conde de Carrick, acabou co seu principal rival, John Comyn, o 10 de febreiro de 1306 en Greyfriars Kirk, Dumfries.[50] Foi coroado rei (como Roberto I) sete semanas despois. Roberto I loitou por recuperar a Independencia de Escocia durante 20 anos. A vitoria na Batalla de Bannockburn en 1314 probou que os escoceses recuperaran o control do seu reino. En 1315, Edward Bruce, o irmán do rei, foi brevemente nomeado Gran rei de Irlanda durante unha invasión de Irlanda, fracasada en última instancia, que tiña o obxectivo de fornecer a posición de Escocia nas súas guerras contra Inglaterra. En 1320, a primeira declaración de independencia do mundo, a Declaración de Arbroath, que tiña o apoio do Xoán XXII, conseguiu o recoñecemento legal da soberanía escocesa fronte a Coroa inglesa.

Porén, a guerra con Inglaterra continuou varias décadas despois da morte de Bruce. A guerra civil entre a dinastía Bruce e o conflito de longa duración cos seus rivais Comyn-Balliol, durou ata mediados do século XIV. Malia isto, a dinastía Bruce tivo éxito, e a falta de herdeiro de David II permitiu que o seu medio sobriño Robert II chegase ó trono e establecese a Casa de Estuardo.[46][51] Os Estuardo gobernaron Escocia durante o que restaba da Idade Media. O país experimentou unha gran prosperidade dende finais do século XIV ata a Reforma, tendo en conta o conflito continuo con Inglaterra, a división crecente entre as Highlands e as Lowlands, e as numerosas minorías reais.[51][52]

Este período supuxo a culminación da alianza franco-escocesa. A Garda Escocesa (a Garde Écossaise) foi fundada en 1418 por Carlos VII de Francia. Os soldados escoceses da Garde Écossaise loitaron xunto a Xoana de Arco contra os ingleses durante a Guerra dos Cen Anos.[53] En marzo de 1421, unha forza franco-escocesa baixo o mando de Xoán Estuardo, Conde de Buchan, e Gilbert de Lafayette, derrotou a un grande exército inglés na Batalla de Baugé. Tres anos despois, na Batalla de Verneuil, os franceses e escoceses perderon 7.000 homes.[54] A intervención escocesa contribuíu á vitoria de Francia na guerra.

Idade Moderna

editar
 
Xacobe VI accedeu ó trono de Inglaterra e Irlanda (como Xacobe I) en 1603.

En 1502, Xacobe IV de Escocia asinou o Tratado de Paz Perpetua con Henrique VII de Inglaterra. Asemade, casou coa filla de Henrique, Margarida Tudor, preparando o escenario para a Unión das Coroas. A Henrique, o matrimonio cunha das dinastías máis estables de Europa deulle lexitimidade á nova liña real dos Tudor.[55] Unha década despois, Xacobe tomou a fatídica decisión de invadir Inglaterra en apoio a Francia baixo os termos da Auld Alliance. El foi o derradeiro monarca británico que morreu en combate, na Batalla de Flodden.[56] A relación da Auld Alliance rematou co Tratado de Edimburgo. Francia comprometeuse a retirar tódalas súas tropas terrestres e navais. Ese mesmo ano, en 1560, John Knox decatouse do seu obxectivo de ver a Escocia convertida nunha nación protestante e o parlamente escocés revogou a autoridade papal en Escocia.[57] María, Raíña dos escoceses, que era católica e antiga raíña de Francia, foi forzada a abdicar en 1567.[58]

En 1603, Xacobe VI, Rei dos escoceses herdou os tronos do Reino de Inglaterra e do Reino de Irlanda, converteuse no Rei Xacobe I de Inglaterra e Irlanda, e cambiou Edimburgo por Londres.[59] Agás un curto período coñecido como O Protectorado, Escocia seguiu sendo un estado, mais houbo un conflito considerable entre a coroa e os Covenanters sobre a forma de goberno da Igrexa. A Revolución Gloriosa de 1688–89 supuxo o destronamento do Rei Xacobe VII de Scotland e II de Inglaterra polo parlamento inglés en favor de William e Mary. A finais dos anos 1690, Escocia experimentou fames, que reduciron a poboación de partes do país nun 20 por cento.[60]

En 1698, os escoceses tentaron un ambicioso proxecto para asegurar unha colonia de negociación no Istmo de Panamá. Practicamente tódolos escoceses con cartos e terras investiron no Proxecto Darien. O seu fracaso provocou a ruína deses propietarios de terras, pero non a dos burgos. Porén, a ruína dos nobres, xunto coa ameaza da invasión inglesa, xogou un papel determinante no convencemento da elite escocesa de volver unirse con Inglaterra.[61][62]

O 22 de xullo de 1706, o Tratado de Unión foi acordado entre os representantes do Parlamento de Escocia e do Parlamento de Inglaterra, e o ano seguinte, as Actas de Unión foron aprobadas polos dous parlamentos para crear o Reino de Gran Bretaña, con efecto dende o 1 de maio de 1707.[63]

Século XVIII

editar

Cos aranceis comerciais con Inglaterra abolidos, o comercio floreceu, especialmente coa América Colonial. Os clípers que pertencían ós señores do tabaco de Glasgow eran as naves máis veloces na ruta cara Virxinia. Ata a Revolución Americana de 1776, Glasgow foi o primeiro porto mundial de tabaco, dominando o comercio mundial.[64] A diferenza entre a riqueza das clases mercantís das Lowlands e os antigos clans das Highlands medrou, amplificando séculos de división.

 
Representación de David Morier da Batalla de Culloden.

O reclamantes do deposto Xacobita Estuardo eran populares nas Highlands e no noroeste, particularmente entre os non-presbiterianos, coma os católicos e os protestantes episcopalianos. Porén, os dous levantamentos xacobitas de 1715 e 1745 non conseguiron desbancar á Casa de Hanover do trono británico. A ameaza do movemento xacobita e os seus monarcas acabou na Batalla de Culloden, a derradeira batalla campal de Gran Bretaña. A súa derrota facilitou os traslados masivos das poboacións indíxenas das Highlands e das illas cara a costa, as Lowlands ou América, nun proceso coñecido como Highland Clearances.

A Ilustración escocesa e a Revolución Industrial fixeron de Escocia unha potencia intelectual, comercial e industrial,[65] e en palabras de Voltaire "Miramos cara Escocia para tódalas ideas de civilización."[66] Coa desaparición do xacobismo e a chegada da Unión, miles de escoceses, a maioría das Lowlands, asumiron posicións de poder en política, servizo civil, exército, comercio, economía, empresas coloniais e outras áreas do nacente Imperio Británico. O historiador Neil Davidson describe "despois de 1746 houbo un novo nivel de participación dos escoceses na vida política, particularmente fóra de Escocia." Davidson tamén di "lonxe de ser 'periférica' á economía británica, Escocia – ou sendo máis precisos, as Lowlands – eran parte do seu núcleo."[67]

Século XIX

editar
 
Shipping on the Clyde de John Atkinson Grimshaw, 1881

A Lei de Reforma Escocesa de 1832 incrementou o número de membros escoceses no parlamento, e permitiu incluír máis membros das clases medias.[68] A partir da metade do século, houbo chamamentos crecentes dunha Home Rule para Escocia, e o cargo de Secretario de Estado para Escocia foi recuperado.[69] Cara fin de século, os Primeiros Ministros de orixe escocesa incluían a William E. Gladstone,[70] e Archibald Primrose.[71] O crecemento da clase traballadora marcou o éxito de Keir Hardie nas eleccións de 1888, que levou á fundación do Partido Laborista Escocés, que sería absorbido no Partido Laborista Independente en 1895, con Hardie como primeiro líder.[72]

Daquela, Glasgow era nunha das meirandes cidades do mundo, e era coñecida como "a Segunda Cidade do Imperio" despois de Londres.[73] A partir de 1860, os estaleiros Clydeside especializáronse en barcos de vapor feitos de ferro (a partir de 1870, feitos de aceiro), que axiña substituíron as embarcacións de madeira das frotas mercantís e militares de todo o mundo. Foi o centro de construción de barcos prominente no mundo.[74] Mentres que o desenvolvemento industrial trouxo canda si traballo e riqueza, a vivenda, o urbanismo, e a provisión para a saúde pública non conseguiron seguir o seu ritmo, polo que as condicións de vida nalgunhas das vilas e cidades eran pésimas, con superpoboación, alta mortalidade infantil, e casos frecuentes de tuberculose.[75]

 
As obras de Walter Scott axudaron a definir a identidade escocesa no século XIX.

Tradicionalmente considérase que a Ilustración escocesa concluíu a finais do século XVIII,[76] mais as contribucións escocesas á ciencia e ás letras británicas continuaron por outros 50 anos máis, grazas a figuras como os físicos James Clerk Maxwell e William Thomson, Barón de Kelvin, e enxeñeiros e inventores como James Watt e William Murdoch, cuxos traballos foron cruciais para o desenvolvemento tecnolóxico da Revolución Industrial.[77] Na literatura, a figura máis exitosa de mediados do século XIX foi Walter Scott. O seu primeiro traballo de prosa, Waverley (1814), é considerada a primeira novela histórica.[78] Scott tivo unha exitosa carreira, probablemente maior que a de calquera outro, debido á popularidade da cultura escocesa.[79] A finais do século XIX, gran número de autores escoceses acadaron a reputación internacional, como Robert Louis Stevenson, Arthur Conan Doyle, J. M. Barrie e George MacDonald.[80] Escocia tamén tivo un papel destacado no desenvolvemento da arte e da arquitectura. A Escola de Glasgow, que floreceu a comezos do século XX, produciu unha mestura de influencias como o Rexurdimento celta, o Arts and Crafts Movement, e o Xaponismo, que axudaron a definir o estilo da Art Nouveau. Entre os seus expoñentes está o arquitecto e artista Charles Rennie Mackintosh.[81]

Este período tamén viu un proceso de rehabilitación da cultura das Highland. Na década de 1820, como parte da corrente romanticista, o tartán e o kilt foron adoptados por membros da elite social, non só en Escocia, senón tamén en Europa,[82][83] en parte debido á popularidade do ciclo de Ossian de Macpherson[84][85] e ás novelas Walter Scott.[86] Porén, as Highlands continuaron a ser unhas terras pobres e tradicionais.[87] A vontade de mellorar a produtividade na agricultura motivou as Highland Clearances, nas que gran parte da poboación das Highlands sufriu traslados forzosos a terras onde podían dedicarse á cría de ovellas. Estes traslados cambiaron as formas da agricultura en toda Gran Bretaña, e como resultado, producíronse faltas de protección para os propietarios baixo a lei escocesa, a modificación do sistema tradicional de clans e desafiuzamentos brutais.[88] Ademais, produciuse un éxodo continuo do campo ás cidades, así como a Inglaterra, Canadá, América ou Australia.[89] A poboación medrou constantemente durante este século, de 1 608 000 no censo de 1801 a 2 889 000 en 1851 e 4 472 000 en 1901.[90] Mesmo co gran desenvolvemento da industria, non había traballos bos de abondo. Como consecuencia, durante o período 1841–1931, case 2 millóns de escoceses migraron cara Norteamérica e Australia, e outros 750.000 a Inglaterra.[91]

 
A interrupción da asemblea pintada por David Octavius Hill.

Despois de anos de loita prolongada en Kirk, en 1834 os evanxélicos gañaron o control da Asemblea Xeral e aprobaron a lei de veto, que permitiría ás congregacións rexeitar "intrusos" non desexados. Os seguintes "Dez Anos de Conflito" de disputas legais e políticas, acabaron coa derrota dos non-intrusionistas nos tribunais civís. O resultado foi un cisma da igrexa por parte dalgúns dos non-intrusionistas liderado polo Dr Thomas Chalmers, e que foi coñecida como Cisma de 1843. Case un terzo do clero, maioritariamente do Norte e das Highlands, formou a Igrexa Libre de Escocia.[92] As divisións crecentes entre os fundamentalistas calvinistas e os liberais teolóxicos, deveu nunha separación na Igrexa Libre na que os calvinistas formaron a Igrexa Presbiteriana Libre de Escocia en 1893.[93] A emancipación católica de 1829 e gran número de inmigrantes irlandeses, particularmente concentrados en Glasgow despois das fames dos anos 1840, levaron a unha transformación nas fortunas do catolicismo. En 1878, e malia a oposición, a xerarquía eclesiástica católica romana foi restaurado no país, e o catolicismo tornouse unha relixión significativa en Escocia.[93]

A industrialización, a urbanización e a interrupción de 1843, minaron a tradición das escolas parroquiais. Dende 1830, o estado comezou a financiar edificios con subvencións; dende 1846 fundáronse colexios por patrocinio directo; e en 1872, Escocia adoptou o sistema de escolas de Inglaterra, xestionado polas xuntas escolares locais.[94] A histórica Universidade de Glasgow converteuse en líder da alta educación británica por satisfacer as necesidades educativas ós mozos das clases urbanas e comerciais, a diferenza dos de clase alta.[95] A Universidade de St Andrews foi a pioneira na admisión de mulleres nas universidades escocesas. A partir de 1892, tódalas universidades escocesas admitiron a mulleres, e o número de graduadas incrementouse constantemente ata o século XX.[96]

Comezos do século XX

editar
 
Royal Scots cunha bandeira xaponesa, Myanmar, xaneiro de 1945.

Escocia xogou un papel importante nos esforzos bélicos británicos durante a primeira guerra mundial. Proporcionou soldados, barcos, maquinaria, pescado e cartos.[97] Cunha poboación de 4,8 millóns en 1911, Escocia enviou medio millón de homes á guerra, dos cales un cuarto morreu en combate ou por enfermidades, e 150.000 foron seriamente feridos.[98] O Mariscal de Campo Sir Douglas Haig foi o comandante británico da fronte oeste.

A guerra viu o xurdimento dun movemento político chamado "Red Clydeside", dirixido por militantes sindicalistas. Antigamente fortemente liberais, os distritos industriais pasaron a ser laboristas en 1922, con gran base nos distritos de irlandeses católicos de clase traballadora. As mulleres eran especialmente activas na solidariedade veciñal e en temas de vivenda. Porén, os "Reds" incluíronse no Partido Laborista e tiveron pouca influencia no Parlamente, polo que o estado de ánimo pasou á desesperación pasiva nos anos 1920.[99]

A industria naval medrou con renovada prosperidade, mais unha crise afectou seriamente á economía en 1922, e o sector non se recuperou plenamente ata 1939. Os anos de entreguerra estiveron marcados polo estancamento económico e o alto desemprego.[100] De feito, a guerra trouxo canda si desestruturacións sociais, culturais, económicas e políticas. A alta dependencia e a obsolescencia da industria e da minería foron problemas moi importantes, e ninguén ofreceu solucións factibles. Finlay (1994) reflicte a desesperanza como o sentimento xeneralizado que preparou ós líderes empresariais e políticos a aceptar a nova ortodoxia de goberno centralizado cando chegou a Segunda guerra mundial.[101]

A Segunda guerra mundial trouxo nova prosperidade, malia os grandes bombardeos a cidades pola Luftwaffe. Produciuse a invención do radar por Robert Watson-Watt, que foi moi valioso na Batalla de Inglatera.[102]

Dende 1945

editar

A partir de 1945, a situación económica de Escocia volveuse progresivamente peor debido á competencia estranxeira, á ineficacia da industria e ós conflitos laborais.[103] Soamente nas últimas décadas puido desfrutar o país dun renacemento cultural e económico. Os factores económicos que contribuíron a esta recuperación foron a renacente industria de servizos financeiros, a fabricación de produtos electrónicos,[104] as reservas de petróleo do norte e a industria do gas.[105] A introdución do goberno de Margaret Thatcher en 1989 do "Imposto comunitario" (coñecido popularmente como Poll Tax) un ano antes que ó resto do Reino Unido, contribuíu á maduración da idea de que Escocia debía ter control sobre os seus propios asuntos.[106] De acordo co Referendo escocés de 1997, a Acta de Escocia 1998[107] foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido para devolverlle a Escocia o Goberno e o Parlamento, que é o responsable da maioría das leis específicas do territorio.[108]

Xeografía e historia natural

editar
Artigo principal: Xeografía de Escocia.
 
Mapa da orografía de Escocia

Escocia ocupa aproximadamente o terzo superior da illa de Gran Bretaña, ao noroeste do continente europeo. En total, o seu territorio abrangue 78.772 km².[109] A única fronteira de Escocia en terra firme é a que a une polo sur con Inglaterra, e que mide ao redor de 96 km, entre o río Tweed na costa leste e o fiorde de Solway na oeste. O océano Atlántico rodea o norte e oeste de Escocia, mentres que ao leste atópase o Mar do Norte. Irlanda atópase a só 30 km dende a península de Kintyre, mentres que Noruega queda a 400 km ao nordés, as Illas Feroe a 310 km e Islandia a 798 km ao noroeste. O centro xeográfico de Escocia, tradicionalmente, sitúase a poucos quilómetros de Newtonmore, en Badenoch, ao norte das zonas máis poboadas, aínda que existen diversas opinións respecto diso, dependendo do modo empregado para as medicións, ou de se se toman en consideración ou non as illas escocesas.

A extensión territorial actual de Escocia é moi semellante á establecida no Tratado de York de 1237 entre Inglaterra e Escocia [110] e no Tratado de Perth de 1266 entre Escocia e Noruega.[63] Existen algunhas excepcións: a Illa de Man, que antes era territorio escocés, é agora unha Dependencia da Coroa británica; as Illas Orcadas e Shetland foron adquiridas a Noruega no século XV;[109] mentres que Rockall, un pequeno illote rochoso no Atlántico, foi anexionado ao Reino Unido primeiro e a Escocia despois polo Acta da Illa de Rockall de 1972.[111][112] Con todo, a legalidade desta anexión foi posta en cuestión por Irlanda, Dinamarca e Islandia, e probablemente non ten efectos no dereito internacional.[113][114][115]

O medio

editar

A maior parte do territorio de Escocia ocupa terreos ermos e improdutivos. Isto débese a varios factores, pero fundamentalmente de relevo e climáticos. Só o 40% da superficie de Escocia se atopa por baixo dos 150 metros de altitude, e ata un 30% está por riba dos 300 metros[116]. A altitude, sumada á súa latitude próxima do círculo polar, dificulta a presenza de cultivos agrícolas. Ademais, o solo está formado maioritariamente por arxila e xisto, de maneira que as terras baixas son ermos pantanosos e ácidos. Climaticamente, aínda que se beneficia do impacto benévolo da Corrente do Golfo, particularmente no oeste da illa, os seus invernos son fríos, as nevaradas comúns, e os veráns curtos e chuviosos.

Xeoloxía e xeomorfoloxía

editar
 
Ben Nevis, o punto máis alto das Illas Británicas

Todo o territorio escocés estaba cuberto polo xeo durante as glaciacións do Plistoceno, o que ten importantes consecuencias na súa paisaxe. Dende o punto de vista xeolóxico, Escocia está subdividida en tres zonas: as Highlands e as illas sitúanse ao noroeste da Falla das Highlands, que vai desde a Illa de Arran ata Stonehaven. Esta parte de Escocia está composta fundamentalmente de rochas antigas procedentes dos períodos Cámbrico e Precámbrico, que foron elevadas durante a posterior Oroxenia caledonia. Esta base rochosa está entrecruzada por múltiples intrusións ígneas de épocas máis recentes, cuxos vestixios formaron macizos montañosos como os Cairngorms ou os Cuillins, en Skye. Unha excepción significativa ao anterior constitúena os estratos de areísca coñecidos como Old Red Sandstone, nos que se atoparon fósiles, sobre todo ao redor do fiorde de Moray. As Highlands ou Terras Altas son xeralmente montañosas e están divididas polo Great Glen ou "Gran Val". As maiores elevacións das Illas Británicas atópanse aquí, incluído o Ben Nevis, o pico máis alto, cunha altitude de 1.344 metros. Escocia consta de máis de 790 illas, divididas en catro grupos principais: Shetland, Orcadas, e Hébridas, as cales á súa vez dividir en Hébridas Interiores e Hébridas Exteriores. Ademais, nesta zona atópanse numerosas fontes de auga doce, incluíndo o Lago Ness ou o Lago Lomond. Algunhas partes da costa consisten en machair, un tipo de terreo consistente en dunas cubertas de pasto.

 
Vista panorámica na Illa de Skye.

O terreo coñecido como Central Lowlands ou tamén Central Belt é unha foxa tectónica composta fundamentalmente por formacións do Paleozoico. Algúns dos estratos sedimentarios desta zona resultaron de grande importancia económica, xa que neles atópanse o carbón e o ferro nos que se baseou a Revolución Industrial escocesa. Esta área experimentou unha intensa actividade volcánica, como demostra Arthur's Seat, unha cima preto da cidade de Edimburgo que é o resto dun cono volcánico máis elevado que estivo activo durante o período Carbonífero hai uns 300 millóns de anos. Coñecida tamén como Midland Valley, esta área é relativamente chaira, aínda que existen abondosos outeiros como Ochil Hills ou Campsie Fells.

As chairas meridionais ou Lowlands están compostas por unha serie de outeiros duns 200 km de lonxitude, alternados con anchos vales. Atópanse ao sur dunha segunda falla que vai dende Stranraer ata Dunbar. Esta zona está composta fundamentalmente por depósitos do silúrico, fai 400 ou 500 millóns de anos.[117][118][119]

As fallas, vales ou glens que cruzan Escocia de leste a oeste albergan frecuentemente lagos ou lochs, tales como o Lago Ness, que se atopa no Gran Glen, ou o Loch Lomond (o maior lago de auga doce do Reino Unido), na Falla das Highlands. Ademais, Escocia tamén está cruzada por ríos que flúen cara ao océano Atlántico ou cara ao Mar do Norte, e que a miúdo dan lugar a fiordes na súa desembocadura, tales como o fiorde de Clyde, o fiorde de Forth ou o fiorde de Tay. Os ríos máis longos de Escocia son o río Tay (193 km), o Spey (172 km), o Clyde (171 km) e o Tweed (156 km).

Política

editar
Artigo principal: Política de Escocia.
 
Vista exterior do novo Parlamento Escocés

Dado que Escocia é un dos países constituíntes do Reino Unido, o xefe de estado escocés é o monarca británico, é dicir, o Rei Carlos III do Reino Unido dende a súa proclamación en 2022. En Escocia, o Rei utiliza o título de King Charles ("Rei Carlos").

Constitucionalmente, o Reino Unido é un estado unitario cun Parlamento e un goberno soberanos. Trala devolución de poderes producida en 1997, Escocia goza dun auto-goberno limitado: o Parlamento Británico segue conservando a capacidade de reformar, cambiar, ampliar ou abolir o sistema de goberno escocés a vontade, polo que pode considerarse que o Parlamento escocés non é realmente soberano.

O poder executivo do Reino Unido recae no que xuridicamente denomínase King-in-Council ("O Rei e os seus conselleiros"), mentres que o poder lexislativo osténtao o King-in Parliament ("O Rei e o parlamento"). Na práctica política, o poder executivo osténtao o Goberno do Reino Unido, co Primeiro Ministro á cabeza, e o lexislativo, o Parlamento do Reino Unido. Baixo o réxime da devolución de poderes, certas áreas do lexislativo e do executivo foron transferidas ao Goberno de Escocia[120][121] e ao Parlamento de Escocia,[122] en Holyrood (Edimburgo). O Parlamento do Reino Unido, pola súa parte, mantén o seu poder sobre os impostos, seguridade social, exército, relacións internacionais, medios de comunicación e outras áreas explicitamente indicadas na Scotland Act de 1998 como "materias reservadas".

O Parlamento Escocés ten autoridade lexislativa para todas aquelas áreas relacionadas con Escocia, ata para variar levemente os impostos, aínda que nunca exerceu dito poder. Tamén pode remitir asuntos relacionados coas competencias devoltas ao Parlamento Británico, para ser consideradas no conxunto da lexislación do Reino Unido. En determinados asuntos, a lexislación escocesa optou por solucións distintas ás adoptadas no conxunto do estado: por exemplo, a educación universitaria e os coidados para anciáns son de balde para os escoceses, mentres que no resto do Reino Unido débense pagar unhas taxas polos mesmos servizos. Escocia foi tamén o primeiro país do Reino Unido en prohibir o tabaco en espazos públicos.

O Parlamento Escocés é unicameral, e está composto por 129 membros, 73 dos cales representan a un distrito electoral ou constituency, e son elixidos polo sistema de escrutinio uninominal maioritario, os restantes 56 membros son elixidos en só oito distritos electorais, mediante o sistema de representación proporcional; os cargos electos teñen unha duración de catro anos. Trala elección do Parlamento, este propón a un dos seus membros para ser nomeado Primeiro Ministro de Escocia (First Minister of Scotland ou Prìomh Mhinistear na h-Alba) pola Raíña. O resto dos ministros tamén son propostos polo Parlamento e aprobados pola Raíña, e forman, xunto co Primeiro Ministro, o Goberno de Escocia, é dicir, o poder executivo escocés.

Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2007, o Partido Nacional Escocés (Scottish National Party ou SNP) obtivo a maioría simple. O líder do partido, Alex Salmond, foi elixido como First Minister dun goberno en minoría o 6 de maio de 2007. Outros partidos con representación na cámara son o Partido Laborista, dirixido por Wendy Alexander; o Partido Conservador Escocés, encabezado por Annabelle Goldie; o Partido Liberal-demócrata de Nicol Stephen e o Partido Verde Escocés, codirixido por Robin Harper. Margo MacDonald é ademais a única independente en obter un asento como membro do Parlamento Escocés.

Escocia ten ademais representación na Cámara dos Comúns do Reino Unido, con 59 representantes elixidos en función dos distritos electorais escoceses. A Scotland Office ou "Oficina de Escocia", dirixida polo Secretario de Estado de Escocia, é o departamento do Goberno Británico dedicado a tratar os asuntos relacionados con Escocia. Dende xuño de 2007, o cargo de Secretario de Estado para Escocia ocúpao Des Browne.

Galería

editar

Divisións administrativas

editar
 
Mapa de Escocia coa división en 32 concellos
Artigo principal: Subdivisións de Escocia.

As divisións históricas de Escocia son moi variadas, e inclúen os condados, ducados, burghs (cidades independentes con representación no Parlamento de Escocia) e parroquias. En 1975 púxose en funcionamento unha división en rexións e distritos que porén foi abolida en 1996. Dende aquela, a efectos administrativos Escocia está dividida en 32 council areas ou "concellos",[123] administradas por unha autoridade unitaria responsable de tódolos servizos locais. Os Community councils ("concellos comunitarios"), pola súa parte, son organizacións informais que representan a determinadas subdivisións dentro do concello.

Existen outras subdivisións distintas de Escocia para distintos fins. Así, ata o 1 de abril de 2013, os sistemas de bombeiros e de policía aínda se baseaban na división en rexións introducida en 1975. Para o sistema sanitario, para os distritos postais así como para outras organizacións gobernamentais e non gobernamentais, mantéñense subdivisións xeográficas diversas de longa tradición.

O status de "cidade" no Reino Unido vén determinado por unha patente real.[124] Hai seis cidades en Escocia: Aberdeen, Dundee, Edimburgo, Glasgow e, máis recentemente, Inverness e Stirling.[125]

Council areas ou Concellos de Escocia:
1. Inverclyde 9. West Lothian 17. Aberdeenshire 25. North Ayrshire
2. Renfrewshire 10. Edimburg 18. Aberdeen 26. East Ayrshire
3. West Dunbartonshire 11. Midlothian 19. Moray 27. South Ayrshire
4. East Dunbartonshire 12. East Lothian 20. Highland 28. Dumfries and Galloway
5. Glasgow 13. Clackmannanshire 21. Hèbrides Exteriors 29. South Lanarkshire
6. East Renfrewshire 14. Fife 22. Argyll and Bute 30. Scottish Borders
7. North Lanarkshire 15. Dundee 23. Perth and Kinross 31. Orkney
8. Falkirk 16. Angus 24. Stirling 32. Shetland

Símbolos nacionais

editar
Artigo principal: Símbolos nacionais de Escocia.
 
Bandeira de Escocia

A bandeira de Escocia, coñecida como Saltire ou "Cruz de Santo André", data -segundo a lenda- do século IX, polo que, de ser isto certo, sería un dos emblemas nacionais máis antigos aínda en uso.[126][127] Esta cruz tamén entrou a formar parte da bandeira do Reino Unido ou Union Jack en 1606. Hai moitos outros símbolos de Escocia, oficiais ou non, tales como o cardo (a flor nacional), a Declaración de Arbroath, o debuxo do tartán, relacionado cos clans escoceses, ou a bandeira do "León Rampante" que aparece no Estandarte Real de Escocia.[128] O lema nacional é Nemo me impune lacessit, que pode traducirse como Ninguén me ofende impunemente", e que á súa vez vencéllase co cardo.

A canción Flower of Scotland é popularmente considerada como himno nacional de Escocia, competindo con Scotland the Brave. A primeira é a que se emprega a maioría de acontecementos políticos e deportivos, por exemplo os encontros da selección de fútbol de Escocia, mentres que a segunda úsase para representar a Escocia nos Xogos da Commonwealth. Dado que non existe un himno oficial, a disputa continúa aberta, especialmente tras a Devolución de poderes de 1998. Existen outras cancións candidatas, como Scots Wha Hae, A Man's A Man for a'That ou, máis recentemente, I'm Gonna Be (500 Miles).[129]

A festa nacional de Escocia é o "Día de San Andrés", o 30 de novembro, aínda que a Burns Night ou Noite de Burns, celebrada o 25 de xaneiro en honra ao poeta nacional, Robert Burns, ten un maior seguimento. O "Día do Tartán" é outra celebración de invención recente, e orixinaria do Canadá. En 2007, o Parlamento de Escocia aprobou o decreto oficial polo que o Día de Santo André pasaba a ser bank holiday ou día de festa oficial.[130]

Dereito

editar
 
O antigo Parlamento de Escocia, que alberga o Tribunal Supremo de Escocia.

As leis escocesas baséanse no Dereito romano,[131] combinando elementos tanto do Dereito civil (que pode rastrexarse ata o Corpus Iuris Civilis latino), e do Dereito anglosaxón, coa súa orixe na Idade Media. O tratado de unión con Inglaterra de 1707 garantía a continuidade de dous sistemas legais distintos en Escocia, en Inglaterra e Gales.[132][133] Antes de 1611, existía unha grande diversidade de leis rexionais en Escocia, entre as que destacaba a "Lei Udal", vixente nas Illas Orcadas e nas Illas Shetland, e que se derivaba do antigo sistema legal noruegués. Outros sistemas legais derivábanse, en cambio, das leis celtas ou das leis de Brehon, e permaneceron vixentes ata o século XIX.[134][135] O Dereito escocés ten, por outra banda, unha peculiaridade que o fai único, ao incluír un terceiro veredicto posible ademais de "inocente" ou "culpable": o de "non probado".[136][137]

A lei escocesa establece tres tipos de tribunais responsables de administrar xustiza: tribunais civís, criminais e heráldicos. O máximo ámbito de administración de xustiza civil é a Court of Session, aínda que poden realizarse apelacións civís á Cámara dos Lores do Reino Unido. O High Court of Justiciary, pola súa banda, é o máximo tribunal penal. Ambos os dous se atopan situados na Parliament House, antiga localización do Parlamento de Escocia. A principal instancia civil e penal con todo son os sheriff courts: hai 49 sheriff courts activos en Escocia.[138] Os Tribunais de Distrito foron creados en 1975 para ofensas menores. Para rematar, o Court of the Lord Lyon regula o dereito heráldico.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escocés.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524. 
  3. "The Countries of the UK". Office for National Statistics. Consultado o 24 de xuño de 2012. 
  4. "Countries within a country". 10 Downing Street. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2008. The United Kingdom is made up of four countries: England, Scotland, Wales and Northern Ireland 
  5. "ISO 3166-2 Newsletter Date: 28 November 2007 No I-9. "Changes in the list of subdivision names and code elements" (Page 11)" (PDF). International Organization for Standardization codes for the representation of names of countries and their subdivisions – Part 2: Country subdivision codes. Consultado o 31 de maio de 2008. SCT Scotland country 
  6. "Scottish Executive Resources" (PDF). Scotland in Short. Scottish Executive. 17 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de setembro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2006. 
  7. "Global Financial Centres Index". City of London. setembro de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2010. 
  8. "A quick guide to glasgow". Glasgow City Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2012. 
  9. The Scottish Adjacent Waters Boundaries Order. London: The Stationery Office Limited. 1999. ISBN 0-11-059052-X. Consultado o 20 de setembro de 2007. 
  10. "Our City". Aberdeen City Council. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2010. Consultado o 1 de decembro 2009. Aberdeen's buoyant modern economy – is fuelled by the oil industry, earning the city its epithet as 'Oil Capital of Europe' 
  11. Devine, T. M. (1999). The Scottish Nation 1700–2000. Penguin Books. p. 9. ISBN 0-14-023004-1. From that point on anti-union demonstrations were common in the capital. In November rioting spread to the south west, that stronghold of strict Calvinism and covenanting tradition. The Glasgow mob rose against union sympathisers in disturbances that lasted intermittently for over a month 
  12. "Act of Union 1707 Mob unrest and disorder". Londres: The House of Lords. 2007. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2007. 
  13. Collier, J. G. (2001) Conflict of Laws (Third edition)(pdf) Cambridge University Press. "For the purposes of the English conflict of laws, every country in the world which is not part of England and Wales is a foreign country and its foreign laws. This means that not only totally foreign independent countries such as France or Russia... are foreign countries but also British Colonies such as the Falkland Islands. Moreover, the other parts of the United Kingdom... Scotland and Northern Ireland... are foreign countries for present purposes, as are the other British Islands, the Isle of Man, Jersey and Guernsey."
  14. Devine, T. M. (1999), The Scottish Nation 1700–2000, P.288–289, ISBN 0-14-023004-1 "created a new and powerful local state run by the Scottish bourgeoisie and reflecting their political and religious values. It was this local state, rather than a distant and usually indifferent Westminster authority, that in effect routinely governed Scotland"
  15. "Scotland: Independence Referendum Date Set". BSkyB. 21 de marozo de 2013. Consultado o 4 de maio de 2013. 
  16. Gardham, Magnus (2 de maio de 2011). "Holyrood election 2011: Alex Salmond: Referendum on Scottish independence by 2015". Daily Record (Escocia). Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  17. "In maps: How close was the Scottish referendum vote?". BBC News. 19 de setembro de 2014. Consultado o 8 de decembro de 2014. 
  18. BSkyB, ed. (21 de marzo de 2013). "Scotland: Independence Referendum Date Set". Consultado o 4 de maio de 2013. 
  19. "Scotland / Alba". British-Irish Council. Consultado o 4 de maio de 2013. 
  20. http://www.ukba.homeoffice.gov.uk/sitecontent/documents/policyandlaw/IDIs/idischapter1/section2/section2.pdf?view=Binary
  21. "Scottish MEPs". Europarl.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  22. The earliest known evidence is a flint arrowhead from Islay. See Moffat, Alistair (2005) Before Scotland: The Story of Scotland Before History. London. Thames & Hudson. Page 42.
  23. Sites at Cramond dated to 8500 BC and near Kinloch, Rùm from 7700 BC provide the earliest known evidence of human occupation in Scotland. See "The Megalithic Portal and Megalith Map: Rubbish dump reveals time-capsule of Scotland's earliest settlements" megalithic.co.uk. Retrieved 10 February 2008 and Edwards, Kevin J. and Whittington, Graeme "Vegetation Change" in Edwards, Kevin J. & Ralston, Ian B.M. (Eds) (2003) Scotland After the Ice Age: Environment, Archaeology and History, 8000 BC–AD 1000. Edinburgh. Edinburgh University Press. Page 70.
  24. Pryor, Francis (2003). Britain BC. Londres: HarperPerennial. pp. 98–104 & 246–250. ISBN 978-0-00-712693-4. 
  25. Keys, David (14 de agosto de 2009). "Ancient royal tomb found in Scotland". The Independent (Londres). Consultado o 16 de agsoto de 2009. 
  26. Brophy, Kenneth; Noble, Gordon; Driscoll, Stephen (2010). "The Forteviot dagger burial". History Scotland 10 (1). pp. 12–13. ISSN 1475-5270. 
  27. Koch, John. "O'Donnell Lecture 2008 Appendix" (PDF). University of Wales. Consultado o 27 de maio de 2010. 
  28. Koch, John (2009). Tartessian: Celtic from the Southwest at the Dawn of History in Acta Palaeohispanica X Palaeohispanica 9 (2009) (PDF). Palaeohispanica. pp. 339–351. ISSN 1578-5386. Consultado o 17 de maio 2010. 
  29. Koch, John. "New research suggests Welsh Celtic roots lie in Spain and Portugal". The Megalithic Portal. Consultado o 10 de maio 2010. 
  30. Cunliffe, Barry (2008). A Race Apart: Insularity and Connectivity in Proceedings of the Prehistoric Society 75, 2009, pp. 55–64. The Prehistoric Society. p. 61. 
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 31,4 Bryson 2010
  32. 32,0 32,1 "Skara Brae: The Discovery of the Village" Arquivado 09 de decembro de 2012 en Wayback Machine.. Orkneyjar. Consultado o 29 de setembro de 2012.
  33. 33,0 33,1 "The Romans in Scotland". BBC. 
  34. Hanson, William S. The Roman Presence: Brief Interludes, in Edwards, Kevin J. & Ralston, Ian B.M. (Eds) (2003) Scotland After the Ice Age: Environment, Archeology and History, 8000 BC — AD 1000. Edinburgh. Edinburgh University Press
  35. 35,0 35,1 Snyder, Christopher A. (2003). The Britons. Blackwell Publishing. ISBN 0-631-22260-X. 
  36. Robertson, Anne S. (1960) The Antonine Wall. Glasgow Archaeological Society.
  37. "Dalriada: The Land of the First Scots". BBC – Legacies. Consultado o 4 de xaneiro de 2014.
  38. "Scot (ancient people)". Encyclopædia Britannica.
  39. Campbell, Ewan. "Were the Scots Irish?" in Antiquity No. 75 (2001).
  40. Peter Heather, "State Formation in Europe in the First Millennium A.D.", in Barbara Crawford (ed.), Scot in Dark Ages Europe, (Aberdeen, 1994), pp. 47–63
  41. For instance, Alex Woolf, "The Verturian Hegemony: a mirror in the North", in M. P. Brown & C. A. Farr, (eds.), Mercia: an Anglo-Saxon Kingdom in Europe, (Leicester, 2001), pp. 106–11.
  42. Brown, Dauvit (2001). "Kenneth mac Alpin". En M. Lynch. The Oxford Companion to Scottish History. Oxford: Oxford University Press. p. 359. ISBN 978-0-19-211696-3. 
  43. Brown, Dauvit (1997). "Dunkeld and the origin of Scottish identity". Innes Review (48) (Glasgow: Scottish Catholic Historical Association). pp. 112–124.  reprinted in Dauvit Broun and Thomas Owen Clancy (eds.), (1999)Spes Scotorum: Hope of Scots, Edinburgh: T.& T.Clark, pp. 95–111. ISBN 978-0-567-08682-2
  44. Foster, Sally (1996). Picts, Gaels and Scots (Historic Scotland). Londres: Batsford. ISBN 978-0-7134-7485-5. 
  45. Withers, Charles, W.J. (1984). John Donald, ed. Gaelic in Scotland, 1698–1981. Edimburgo. pp. 16–41;. ISBN 978-0-85976-097-3. 
  46. 46,0 46,1 Barrow, Geoffrey, W. S. (2005) [1965]. Robert Bruce & the Community of the Realm of Scotland (4th ed.). Edinburgh University Press. ISBN 0-7486-2022-2. 
  47. Thomas Owen Clancy. "Gaelic Scotland: a brief history". Bòrd na Gàidhlig. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2007. Consultado o 21 de setembro de 2007. 
  48. "Scotland Conquered, 1174–1296". National Archives. 
  49. "Scotland Regained, 1297–1328". National Archives of the United Kingdom. 
  50. Murison, A. F. (1899). King Robert the Bruce (reprint 2005 ed.). Kessinger Publishing. p. 30. ISBN 9781417914944. 
  51. 51,0 51,1 Grant, Alexander (6 de xuño de 1991) [1984]. Independence and Nationhood: Scotland, 1306–1469 (New ed.). Edinburgh University Press. pp. 3–57. ISBN 978-0-7486-0273-5. 
  52. Wormald, Jenny (6 de xuño de 1991) [1981]. Court, Kirk and Community: Scotland (New ed.). Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-0276-6. 
  53. "Medieval life Garde Ecossaise". Learning Scotland. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  54. The Illustrated Encyclopedia of Warfare. DK Publishing. 2012. p. 391. 
  55. "James IV, King of Scots 1488–1513". BBC. 
  56. "Battle of Flodden, (Sept. 9, 1513),". Encyclopædia Britannica. 
  57. "The Scottish Reformation,". BBC Scotland. 
  58. "Religion, Marriage and Power in Scotland, 1503–1603". The National Archives of the United Kingdom. 
  59. Ross, David (2002). Chronology of Scottish History. Geddes & Grosset. p. 56. ISBN 1-85534-380-0. 
  60. "Famine in Scotland: The 'Ill Years' of the 1690s". Karen Cullen,Karen J. Cullen (2010). Edinburgh University Press. p.2. ISBN 0-7486-3887-3
  61. "Why did the Scottish parliament accept the Treaty of Union?" (PDF). Scottish Affairs. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2011. Consultado o 1 de maio de 2013. 
  62. "Popular Opposition to the Ratification of the Treaty of Anglo-Scottish Union in 1706-7". University of St Andrews. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  63. 63,0 63,1 Mackie, J.D. (1969) A History of Scotland. Londres. Penguin.
  64. "The Tobacco Lords: A study of the Tobacco Merchants of Glasgow and their Activities". Virginia Historical Society. JSTOR 4248011. 
  65. "Some Dates in Scottish History from 1745 to 1914 Arquivado 31 de outubro de 2013 en Wayback Machine.", The University of Iowa.
  66. "Enlightenment Scotland". Learning and Teaching Scotland. 
  67. Neil Davidson(2000). The Origins of Scottish Nationhood. Londres: Pluto Press. pp. 94–95. 
  68. T. M. Devine and R. J. Finlay, Scotland in the Twentieth Century (Edinburgh: Edinburgh University Press, 1996), pp. 64–5.
  69. F. Requejo and K-J Nagel, Federalism Beyond Federations: Asymmetry and Processes of Re-symmetrization in Europe (Aldershot: Ashgate, 2011), p. 39.
  70. R. Quinault, "Scots on Top? Tartan Power at Westminster 1707–2007", History Today, 2007 57(7): 30–36. Issn: 0018-2753 Fulltext: Ebsco.
  71. K. Kumar, The Making of English National Identity (Cambridge: Cambridge University Press, 2003), p. 183.
  72. D. Howell, British Workers and the Independent Labour Party, 1888–1906 (Manchester: Manchester University Press, 1984), p. 144.
  73. J. F. MacKenzie, "The second city of the Empire: Glasgow – imperial municipality", in F. Driver and D. Gilbert, eds, Imperial Cities: Landscape, Display and Identity (2003), pp. 215–23.
  74. J. Shields, Clyde Built: a History of Ship-Building on the River Clyde (1949).
  75. C. H. Lee, Scotland and the United Kingdom: the Economy and the Union in the Twentieth Century (1995), p. 43.
  76. M. Magnusson (10 November 2003). "Review of James Buchan, Capital of the Mind: how Edinburgh Changed the World". New Statesman. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  77. E. Wills, Scottish Firsts: a Celebration of Innovation and Achievement (Edinbugh: Mainstream, 2002).
  78. K. S. Whetter (2008). Understanding Genre and Medieval Romance. Ashgate. p. 28. 
  79. N. Davidson (2000). The Origins of Scottish Nationhood. Pluto Press. p. 136. 
  80. "Cultural Profile: 19th and early 20th century developments". Visiting Arts: Scotland: Cultural Profile. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  81. Stephan Tschudi-Madsen, The Art Nouveau Style: a Comprehensive Guide (Courier Dover, 2002), pp. 283–4.
  82. J. L. Roberts, The Jacobite Wars, pp. 193–5.
  83. M. Sievers, The Highland Myth as an Invented Tradition of 18th and 19th century and Its Significance for the Image of Scotland (GRIN Verlag, 2007), pp. 22–5.
  84. P. Morère, Scotland and France in the Enlightenment (Bucknell University Press, 2004), pp. 75–6.
  85. William Ferguson, The identity of the Scottish Nation: an Historic Quest (Edinburgh: Edinburgh University Press, 1998), p. 227.
  86. Divine, Scottish Nation pp. 292–95.
  87. M. Gray, The Highland Economy, 1750–1850 (Greenwood, 1976).
  88. E. Richards, The Highland Clearances: People, Landlords and Rural Turmoil (2008).
  89. J. Wormald, Scotland: a History (2005), p. 229.
  90. A. K. Cairncross, The Scottish Economy: A Statistical Account of Scottish Life by Members of the Staff of Glasgow University (Glasgow: Glasgow University Press, 1953), p. 10.
  91. R. A. Houston and W. W. Knox, eds, The New Penguin History of Scotland (Penguin, 2001), p. xxxii.
  92. G. Robb, "Popular Religion and the Christianization of the Scottish Highlands in the Eighteenth and Nineteenth Centuries", Journal of Religious History, 1990, 16(1): 18–34.
  93. 93,0 93,1 J. T. Koch, Celtic Culture: a Historical Encyclopedia, Volumes 1–5 (ABC-CLIO, 2006), pp. 416–7.
  94. T. M. Devine, The Scottish Nation, pp. 91–100.
  95. Paul L. Robertson, "The Development of an Urban University: Glasgow, 1860–1914", History of Education Quarterly, Winter 1990, vol. 30 (1), pp. 47–78.
  96. M. F. Rayner-Canham and G. Rayner-Canham, Chemistry was Their Life: Pioneering British Women Chemists, 1880–1949, (Imperial College Press, 2008), p. 264.
  97. Richard J. Finlay, Modern Scotland 1914–2000 (2006), pp 1–33
  98. R. A. Houston and W.W. J. Knox, eds. The New Penguin History of Scotland (2001) p 426.[1] Niall Ferguson points out in "The Pity of War" that the proportion of enlisted Scots who died was third highest in the war behind Serbia and Turkey and a much higher proportion than in other parts of the UK.[2][3]
  99. Iain McLean, The Legend of Red Clydeside (1983)
  100. Finlay, Modern Scotland 1914–2000 (2006), pp 34–72
  101. Richard J. Finlay, "National identity in Crisis: Politicians, Intellectuals and the 'End of Scotland', 1920–1939," History, June 1994, Vol. 79 Issue 256, pp 242–59
  102. Finlay, Modern Scotland 1914–2000 (2006), pp 162–197
  103. Harvie, Christopher No Gods and Precious Few Heroes (Edward Arnold, 1989) pp 54–63.
  104. See Stewart, Heather, "Celtic Tiger Burns Brighter at Holyrood, The Guardian, 6 May 2007 for an account of Scotland's economic challenges, especially after the dotcom downturn, as it competes with the emerging Eastern European economies.
  105. "National Planning Framework for Scotland" Arquivado 20/01/2012, en Wayback Machine. Scottish Government publication, (web-page last updated 6 April 2006), which states "Since the 1970s, the development of North Sea oil and gas fields has made an important contribution to the Scottish economy, and underpinned prosperity in the North-East.". Retrieved 7 November 2007.
  106. "The poll tax in Scotland 20 years on" BBC,
  107. "The Scotland Act 1998" Office of Public Sector Information. Retrieved 22 April 2008.
  108. "Devolution > Scottish responsibilities" Arquivado 30 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Scottish Government publication, (web-page last updated November 2010)
  109. 109,0 109,1 Whitaker's Almanack (1991) London. J. Whitaker and Sons.
  110. ""Uniting the Kingdoms"". Consultado o 25 de abril de 2008. 
  111. BBC. ""On this day - 21 September"". 
  112. Parlamento do Reino Unido (24 de xuño de 1997). "Actas da Cámara dos Lores". Consultado o 25 de abril de 2008. 
  113. Parlamento de Irlanda (1 de novembro de 1973). "Debates Parlamentarios". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2006. Consultado o 25 de abril de 2008. 
  114. MacDonald, Fraser (2006) The last outpost of Empire: Rockall and the Cold War. Journal of Historical Geography 32. P627?647.
  115. "Available in pdf". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2006. Consultado o 03 de xullo de 2008. 
  116. B.M.S.Campbell, 'Benchmarking Medieval Economic Development:England, Wales, Scotland and Ireland c 1290'. Economic History Review, 61 (2008), 921.
  117. Keay, J. & Keay, J. (1994) Collins Encyclopaedia of Scotland. London. HarperCollins.
  118. Murray, W.H. (1973) The Islands of Western Scotland. London. Eyre Methuen
  119. Murray, W.H. (1977) The Companion Guide to the West Highlands of Scotland. London. Collins.
  120. http://www.scotland.gov.uk/Home Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Páxina oficial do Goberno de Escocia
  121. http://www.scotland.org/about/fact-file/government/index.html%7Ctítulo[Ligazón morta] Goberno de Escocia
  122. http://www.scottish.parliament.uk/home.htm Arquivado 30 de abril de 2011 en Wayback Machine. Páxina oficial do Parlamento de Escocia
  123. http://www.opsi.gov.uk/acts/acts1994/Ukpga_19940039_en_1.htm%7Ctítulo "Local Government etc. (Scotland) Act 1994"
  124. http://www.dca.gov.uk/constitution/city/cityhome.htm%7Ctítulo = "City status"
  125. http://www.dca.gov.uk/constitution/city/citygj.htm UK cities Departamento de Asuntos Constitucionais
  126. The Saltire (Scotland's flag)
  127. The Scottish Flag
  128. Symbols of Scotland
  129. A demanda dun himno cae en oídos xordos
  130. Explanatory Notes to St. Andrew's Day Bank Holiday (Scotland) Act 2007 asp 2
  131. J. A. Lillie (1970). ""Tradition and Environment in a estafe of change"". Historia da Facultade de Dereito (Edimburgo) (en inglés). Escola de Dereito da Universidade de Edimburgo. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 22 de outubro de 2007. As leis escocesas afunden as súas raíces e aseméllanse moito ás leis romanas, ao 'Dereito Civil' 
  132. The Articles: legal and miscellaneous, Parlamento de Reino Unido (2007). "Artigo 19: O sistema legal escocés manteríase intacto":
  133. "Acta de Unión de 1707". Parlamento de Reino Unido. Consultado o 22 de outubro de 2007. 
  134. "Law and institutions, Gaelic" "Law and lawyers" en M. Lynch (ed.), The Oxford Companion to Scottish History, (Oxford, 2001), pp. 381?382 382?386.
  135. "A General History of Scots Law (20th Century)" (PDF). Law Society of Scotland. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2007. Consultado o 20 de setembro de 2007. 
  136. "Servizos Xurídicos en Vitoria, Capítulo 6". Este sistema de veredictos é único de Escocia e existiu durante os último–s 300 anos. Parlamento de Vitoria, Australia. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2006. 
  137. "Inglaterra podería adoptar o veredicto de "non probado"". The Journal online. Law Society of Scotland. Consultado o 13 de setembro de 2006. 
  138. "Court Information" Arquivado 20 de marzo de 2015 en Wayback Machine. www.scotcourts.gov.uk. Visitado o 26 de setembro de 2007.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar