JSTOR

biblioteca dixital

JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas.[1] Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas.[2] Teñen acceso a JSTOR máis de 8.000 institucións de máis de 160 países,[2] e a maioría dos accesos son por subscrición, aínda que hai algúns contidos vellos en dominio público que están dispoñibles gratuitamente para calquera que os consulte.[3]

JSTOR
Logo
Tipoorganización, biblioteca virtual e sitio web
Data de fundación1995
EnNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.jstor.org/
Facebook: JSTOR.org Twitter: JSTOR Instagram: jstor_org LinkedIn: jstor Youtube: UCQM-7sUBV6Z-PVas0S4k0lw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

JSTOR creouno William G. Bowen, presidente da Universidade de Princeton de 1972 a 1988.[4] JSTOR estaba pensado inicialmente como unha solución a un dos problemas que se lle presentaban ás bibliotecas, especialmente ás bibliotecas universitarias e de investigación, debido ao número crecente de revistas académicas existente. Para a maioría das bibliotecas era prohibitivamente caro tanto en custo coma en espazo manter unha colección completa de revistas. Ao dixitalizar moitos títulos de revistas, JSTOR permitía ás bibliotecas externalizar o almacenamento de revistas coa confianza de que permanecerían dispoñibles a longo prazo. O acceso en liña e a capacidade de busca de textos completos mellorou o acceso drasticamente.

Bowen considerou inicialmente usar CD-ROMs para a distribución.[5] Porén, Ira Fuchs, a vicepresidenta da Universidade de Princeton para a Tecnoloxía da Información e Computación, convenceuno de que o CD-ROM era unha tecnoloxía que rapidamente quedaría anticuada e de que a distribución pola rede podería eliminar a redundancia e incrementar a accesibilidade. (Por exemplo, todos os edificios académicos e administrativos da universidade de Princeton estaban conectados á rede en 1989; a rede na residencia universitaria estaba completada xa en 1994; e as redes de campus como a de Princeton estaban, á súa vez, conectadas a redes máis grandes como BITNET e Internet). JSTOR iniciouse en 1995 en sete sedes de bibliotecas, e inicialmente albergaba dez revistas de historia e económicas. O acceso a JSTOR mellorou baseándose nas achegas das súas sedes iniciais, e converteuse nun índice no que se podía buscar, accesible desde calquera buscador web corrente. Instalouse software especial para facer as imaxes e gráficos máis claros e lexibles.[6]

Co éxito deste proxecto limitado, Bowen e Kevin Guthrie, entón presidente de JSTOR, quería aumentar o número de revistas participantes. Entrevistouse con representantes da Royal Society of London e chegaron a un acordo para dixitalizar as Transaccións Filosóficas da Sociedade Real desde o seu comezo que data de 1665. O traballo de engadir estes volumes a JSTOR completouse en decembro de 2000.[6]

A Fundación Andrew W. Mellon foi a que creou JSTOR inicialmente. Ata xaneiro de 2009 JSTOR funcionou como unha organización sen ánimo de lucro independente e con financiamento propio con oficinas na cidade de Nova York e en Ann Arbor, Míchigan. Despois JSTOR fusionouse con Ithaka Harbors, Inc., organización tamén sen ánimo de lucro[7] creada en 2003 e "dedicouse a axudar á comunidade académica a aproveitar as tecnoloxías en rápido avance da información e a rede."[8]

Contido editar

O contido de JSTOR proporciónano máis de 900 editoriais.[2] A súa base de datos contén máis de 1.900 títulos de revistas,[2] de máis de 50 disciplinas.

Ademais do sitio web principal, o grupo JSTOR labs puxo en funcionamento un sevizo aberto que permite o acceso a contidos dos arquivos co propósito de facer unha análise de todo o corpus no seu servizo Data for Research.[9] Este sitio web ofrece unha ferramenta de busca con indicación gráfica do tema tratado no artigo e a integración no sitio principal de JSTOR. Os usuarios poden crear conxuntos de artigos do seu interese e despois solicitar unha palabra que conteña o conxunto de datos e frecuencias de n-grama e metadatos básicos. Estes son notificados cando os conxuntos de datos están listos e poden descargarse en XML ou formatos CSV. O servizo non ofrece textos completos, aínda que os académicos poden pedilo a JSTOR, suxeitos a un acordo de que non sexan divulgados.

JSTOR Plant Science[10] está tamén dispoñible ademais do sitio principal. JSTOR Plant Science proporciona acceso a contidos como espécimes tipo de plantas, estruturas taxonómicas, literatura científica, e materiais relacionados e dirixidos aos que investigan, ensinan, ou estudan botánica, bioloxía, ecoloxía, e estudos ambientais e de conservación da natureza. Os materiais de JSTOR Plant Science proceden da Global Plants Initiative (GPI)[11] e son accesibles só a membros de GPI e JSTOR. Dúas redes asociadas contribúen a isto: a African Plants Initiative, que está enfocada a plantas de África, e a Latin American Plants Initiative, sobre plantas de América latina.

JSTOR lanzou o seu programa Books in JSTOR en novembro de 2012, engadindo ao seu sitio 15.000 libros actuais e de fondo editorial. Os libros están ligados a revisións e desde citas en artigos de revistas.[12]

Acceso editar

O acceso a JSTOR está autorizado principalmente a institucións académicas, bibliotecas públicas, institucións de investigación, museos, e escolas. Teñen acceso máis de 7.000 institucións de máis de 150 países.[1] JSTOR puxo en funcionamento un programa piloto de institucións subscritoras permitidas para dar acceso aos seus exalumnos, ademais dos seus estudantes e persoal actuais. O Alumni Access Program (Programa de Acceso a Exalumnos) lanzouse oficialmente en xaneiro de 2013.[13] Tamén están dispoñibles subscricións individuais a certos títulos de revistas por medio da editorial da revista.[14] Cada ano, JSTOR bloquea 150 millóns de intentos de non subscritores de ler os artigos.[15]

Fixéronse consultas sobre a posibilidade de facer que JSTOR sexa de acceso libre. Segundo o profesor de leis de Harvard Lawrence Lessig, preguntouse a JSTOR "canto costaría poñelo a disposición de todo o mundo, canto teriamos que pagarlle? A resposta foi 250 millóns de dólares".[16]

Incidente de Aaron Swartz editar

A finais de 2010 e inicios de 2011, o activista de Internet Aaron Swartz utilizou a rede de datos do MIT para facer unha descarga masiva dunha porción substancial da colección de JSTOR de artigos de revistas académicas.[17][18] Cando se descubriu a descarga masiva, os empregados de JSTOR situaron ao principio unha cámara de vídeo na habitación para gravar ao misterioso visitador e deixaron o computador relevante sen tocar. Unha vez que se captou o vídeo do visitador, parouse a descarga e identificouse a Swartz. En vez de iniciar unha demanda legal contra el, en xuño de 2011 chegaron a un acordo mediante o cal el entregou os datos descargados.[17][18] Os artigos que foron descargados por Aaron eran de xornais académicos que publicaban artigos científicos financiados en gran medida por universidades públicas e con diñeiro de impostos dos contribuíntes.

Ao mes seguinte, as autoridades federais acusaron a Swartz de varios crimes relacionados co "roubo de datos".[19][20] Os fiscais do caso sostiveron que Swartz actuou coa intención de facer que os artigos estivesen dispoñibles en sitios de compartición de ficheiros P2P (peer-to-peer).[18][21]

Swartz entregouse ás autoridades, declarouse non culpable de todos os delitos, e foi liberado cunha fianza de 100.000 dólares. En setembro de 2012, os fiscais aumentaron o número de cargos contra Swartz de catro a trece, cunha posible pena de 35 anos de prisión e 1 millón en multas.[22][23] O caso aínda estaba pendente de xuízo cando Swartz se suicidou en xaneiro de 2013.[24]

Limitacións editar

A dispoñibilidade da maioría das revistas en JSTOR está controlada por un "moving wall" ("muro móbil"), que é un retardo acordado entre o volume actual da revista e o último volume dispoñible en JSTOR. Este período de tempo está especificado por acordo entre JSTOR e a editorial da revista, e xeralmente é de tres a cinco anos. As editoriais poden requirir que se cambie o período de "moving wall" ou mesmo pedir que se deixe de ofrecer a revista en JSTOR. Anteriormente as editoriais podían tamén solicitar que se cambiase o "moving wall" por un "fixed wall" ("muro fixado", unha data especificada despois da cal JSTOR non podería engadir novos volmes á súa base de datos). En novembro de 2010, os acordos de "fixed wall" estaban aínda en efecto con tres editoriais das 29 revistas dispoñibles en liña a través de sitios controlados polas editoriais.[25]

En 2010, JSTOR empezou a engadir os números actuais de certas revistas por medio do seu Current Scholarship Program.[26]

Acceso público crecente editar

 
Número de ligazóns de En-WP a JSTOR utilizando o Special:LinkSearch.

Desde o 6 de setembro de 2011, JSTOR puxo a disposición do público contido de libre disposición.[27][28] Este programa de contido de revistas vellas ("Early Journal Content") constitúe un 6% dos contidos totais de JSTOR, e inclúe uns 500.000 documentos de máis de 200 revistas que se publicaban antes de 1923 nos Estados Unidos e antes de 1870 noutros países.[27][28][29] JSTOR afirmou que estivera traballando sobre a posibilidade de facer que este material fose de libre acceso desde hai algún tempo. A controversia do caso Swartz e o torrent de protesta de Greg Maxwell do mesmo contido levou a JSTOR a impulsar esta iniciativa.[27][28]

En xaneiro de 2012, o JSTOR empezou un programa piloto "Register & Read," que ofrece un acceso gratuíto limitado (pero non de acceso aberto) a artigos arquivados para persoas que se rexistran no servizo. Cando concluíu o programa piloto, en xaneiro de 2013, JSTOR ampliou Register & Read desde as 76 editoriais iniciais ata uns 1.200 xornais e unhas 700 editoriais.[30] Os lectores rexistrados poden ler ata tres artigos en liña cada dúas semanas, pero non poden imprimir nin descargar PDFs.[31]

JSTOR está levando a cabo un programa piloto con Wikipedia, no cal se lle dan dereitos de lectura a determinados editores por medio da Wikipedia Library, e coa biblioteca universitaria.[32][33]

Uso editar

En 2012, os usuarios de JSTOR realizaron case 152 millóns de buscas, con máis de 113 millóns de visitas a artigos e 73,5 millóns de artigos descargados.[2] JSTOR foi utilizado como unha fonte para a investigación lingüística para investigar as tendencias no uso da linguaxe ao longo do tempo e tamén para analizar diferenzas de xénero en publicacións académicas.[34][35]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "At a glance" (PDF). JSTOR. February 13, 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o December 1, 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 JSTOR (19 marzo 2013). "Annual Summary" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de novembro de 2013. Consultado o 13 abril 2013. 
  3. "Register and read beta". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  4. Leitch, Alexander. "Bowen, William Gordon" Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. Princeton University Press.
  5. "JSTOR, A History" by Roger C. Schonfeld, Princeton University Press, 2003
  6. 6,0 6,1 Taylor, John (2001). "JSTOR: An Electronic Archive from 1665". Notes and Records of the Royal Society of London 55 (1): 179–81. JSTOR 532157. doi:10.1098/rsnr.2001.0135. 
  7. "About". JSTOR. Consultado o 28 November 2015. 
  8. "About". Ithaka. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 2009-10-25. 
  9. Data for Research. JSTOR.
  10. JSTOR Plant Science. JSTOR.
  11. Global Plants Initiative. JSTOR.
  12. "A new chapter begins: Books at JSTOR launches". JSTOR. November 12, 2012. Consultado o December 1, 2012. 
  13. "Access for alumni". JSTOR. Consultado o December 1, 2012. 
  14. "Individual subscriptions". JSTOR. Consultado o December 1, 2012. 
  15. Every Year, JSTOR Turns Away 150 Million Attempts to Read Journal Articles. The Atlantic. Consultado o 29 de xaneiro de 2013.
  16. Lessig on "Aaron's Laws - Law and Justice in a Digital Age". YouTube (2013-02-20). Retrieved on 2014-04-12.
  17. 17,0 17,1 "JSTOR Statement: Misuse Incident and Criminal Case". JSTOR. 2011-07-19. 
  18. 18,0 18,1 18,2 "Aaron Swartz, Internet Pioneer, Found Dead Amid Prosecutor 'Bullying' In Unconventional Case". The Huffington Post. 2013-01-12. 
  19. Bilton, Nick (July 19, 2011). "Internet activist charged in M.I.T. data theft". Bits Blog, The New York Times. Consultado o December 1, 2012. 
  20. Schwartz, John (July 19, 2011). "Open-Access Advocate Is Arrested for Huge Download". New York Times. Consultado o July 19, 2011. 
  21. Lindsay, Jay (July 19, 2011). "Feds: Harvard fellow hacked millions of papers". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o July 20, 2011. 
  22. Ortiz, Carmen (2011-07-19). "Alleged Hacker Charged with Stealing over Four Million Documents from MIT Network". The United States Attorney's Office". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  23. Kravets, David (2012-09-18). "Feds Charge Activist with 13 Felonies for Rogue Downloading of Academic Articles". Wired. 
  24. "Aaron Swartz, internet freedom activist, dies aged 26", BBC News
  25. "Moving wall". JSTOR. 
  26. "About current journals". JSTOR. Consultado o December 1, 2012. 
  27. 27,0 27,1 27,2 Brown, Laura (September 7, 2011). "JSTOR–free access to early journal content and serving 'unaffiliated' users", JSTOR. Retrieved December 1, 2012.
  28. 28,0 28,1 28,2 Rapp, David (2011-09-07). "JSTOR Announces Free Access to 500K Public Domain Journal Articles". Library Journal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  29. "Early journal content". JSTOR. Consultado o December 1, 2012. 
  30. Tilsley, Alexandra (January 9, 2013). "Journal Archive Opens Up (Some)". Inside Higher Ed. Consultado o 6 January 2015. 
  31. "Register & Read". JSTOR. Consultado o 2015-10-21. 
  32. Orlowitz, Jake; Earley, Patrick (January 25, 2014). "Librarypedia: The Future of Libraries and Wikipedia". The Digital Shift. Library Journal. Consultado o 20 December 2014. 
  33. Price, Gary (June 22, 2014). "Wikipedia Library Program Expands With More Accounts From JSTOR, Credo, and Other Database Providers". INFOdocket. Library Journal. Consultado o 20 December 2014. 
  34. Shapiro, Fred R. (1998). "A Study in Computer-Assisted Lexicology: Evidence on the Emergence of Hopefully as a Sentence Adverb from the JSTOR Journal Archive and Other Electronic Resources". American Speech 73 (3): 279–296. JSTOR 455826. doi:10.2307/455826. Consultado o 2014-03-22. 
  35. Wilson, Robin (outubro 22, 2012). "Scholarly Publishing's Gender Gap". The Chronicle of Higher Education. Consultado o 6 January 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gauger, Barbara J; Kacena, Carolyn (2006). "JSTOR usage data and what it can tell us about ourselves: is there predictability based on historical use by libraries of similar size?". OCLC Systems & Services 22 (1): 43–55. doi:10.1108/10650750610640801. 
  • Schonfeld, Roger C (2003). JSTOR: A History. Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 0-691-11531-1. 
  • Seeds, Robert S (November 2002). "Impact of a digital archive (JSTOR) on print collection use". Collection Building 21 (3): 120–22. doi:10.1108/01604950210434551. 
  • Spinella, Michael P (2007). "JSTOR". Journal of Library Administration 46 (2): 55–78. doi:10.1300/J111v46n02_05. 
  • Spinella, Michael (2008). "JSTOR and the changing digital landscape". Interlending & Document Supply 36 (2): 79–85. doi:10.1108/02641610810878549. 

Ligazóns externas editar

  • JSTOR - Páxina oficial
  • "Libraries and institutions offering access". JSTOR. Consultado o 2015-10-21. . Base de datos na que se pode buscar, inclúe moitas bibliotecas públicas de libre acceso para persoas que teñan tarxeta da biblioteca.
  • "Register & Read". JSTOR. Consultado o 2015-10-21. . Rexistro individual libre, que ofrece acceso libre de só lectura (non se pode imprimir nin descargar) a tres artigos cada dúas semanas (78 ao ano).