Mar de Irlanda
O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann,[1] manx: Y Keayn Yernagh,[2] scots: Erse Sea, escocés: Muir Èireann,[3] Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.
Tipo | mar ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Illa de Irlanda ![]() | |||
Parte de | océano Atlántico Norte ![]() | |||
Localización | ||||
País da cunca | Reino Unido, Irlanda e Illa de Man ![]() | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Profundidade | 262 m ![]() | |||
Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann,[4] manx: Mooir Vannin, escocés: Muir Mhanainn).[5][6][7] O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.
Topografía
editarO Mar de Irlanda está conectado ao Atlántico Norte nos extremos norte e sur. Ao norte, a conexión é a través do Canle do Norte entre Escocia e Irlanda do Norte e o Mar de Malin. O extremo sur está conectado ao Atlántico a través da Canle de San Xurxo entre Irlanda e Pembrokeshire e o Mar Celta. Está composto por unha profunda canle de 310 km. de longo e 32–48 km. de ancho no seu lado occidental e baías máis baixas cara ao leste. A profundidade da canle occidental varía de 80 m. ata 275 m. no Beaufort's Dyke na canle norte.
A Baía de Cardigan no sur e as augas ao leste da Illa de Man teñen menos de 50 m. de profundidade. Cun volume de auga total de 2430 km³ e unha superficie de 47.000 km², o 80% está ao oeste da illa de Man. Os bancos de area máis grandes son os bancos Bahama e King William ao leste e ao norte da Illa de Man e ao Banco Kish, Codling Bank, Arklow Bank e Blackwater Bank preto da costa de Irlanda. O mar de Irlanda, no seu maior ancho, ten 190 km e se estreita ata 76 km..[8]
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Irlanda (coa Canle de San Xurxo) como segue,
- No norte. O límite sur dos Mares interiores da costa oeste de Escocia, definido como unha liña que une o extremo sur do Mull of Galloway (54° 38'N) en Escocia e Ballyquintin Point (54° 20'N) en Irlanda.
- No sur. Unha liña que se une a St. David's Head en País de Gales (51°54′N 5°19′O / 51.900, -5.317) a Carnsore Point en Irlanda (52°10′N 6°22′O / 52.167, -6.367).[9]
O mar de Irlanda experimentou unha serie de cambios dramáticos nos últimos 20.000 anos cando finalizou o último período glacial e foi substituído por condicións máis cálidas. No alto da glaciación, a parte central do mar moderno era probablemente un lago de auga doce. A medida que retirouse o xeo fai 10.000 anos, o lago volveuse a conectar ao mar.
Cidades e vilas
editarlista de cidades e vilas ao redor das costas do Mar de Irlanda en orde de tamaño:
Illas
editar- Lista do mar de Irlanda que teñen polo menos un quilómetro cadrado de superficie ou que teñen unha poboación permanente.
- Anglesey e Illa Holy están incluídos por separado.
Nome | Superficie (km²) | Ranq (area) | Poboación[10] | Ranq (pob.) | País |
---|---|---|---|---|---|
Anglesey | 675 | 01 | 56.092 | 02 | Gales |
Illa de Man[11] | 572 | 02 | 84.497 | 01 | Illa de Man |
Illa Holy | 39 | 03 | 13.579 | 03 | Gales |
Illa Walney[12] | 13 | 04 | 11.388 | 04 | Inglaterra |
Illa Lambay | 5´54 | 05 | <10 | 08 | República de Irlanda |
Illa Bull | 3 | 06 | <20 | 07 | República de Irlanda |
Illa Ramsey | 2´58 | 07 | 0 | - | Gales |
Illa Bardsey | 1´79 | 09 | <5 | 10 | Gales |
Calf of Man | 2´50 | 08 | 0 | - | Illa de Man |
Illa Barrow | Descoñecida | - | 2.616 | 05 | Inglaterra |
Illa Roa | Descoñecida | - | 100 | 06 | Inglaterra |
Ynys Gaint | Descoñecida | - | <10 | 08 | Gales |
Illa Piel | 0´20 | - | <5 | 10 | Inglaterra |
Ynys Castell | Descoñecida | - | <5 | 10 | Gales |
Ynys Gored Goch | 0´004 | - | <5 | 10 | Gales |
Notas
editar- ↑ "Muir Éireann". téarma.ie – Dictionary of Irish Terms. Foras na Gaeilge and Dublin City University. Consultado o 18 Nov 2016.
- ↑ "Ellan Vannin" (en manx). Centre for Manx Studies ("Laare-Studeyrys Manninagh"). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2011. Consultado o 8 de xullo de 2011.
- ↑ Cambridge Medieval Celtic Studies, Issues 33–35 University of Cambridge (Gran Bretaña). Department of Anglo-Saxon, Norse and Celtic 1997
- ↑ "Electronic Dictionary of the Irish Language". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2018.
- ↑ Bannerman, David Armitage (1963). The Birds of the British Isles: Volume 12. Edinburgh: Oliver and Boyd. p. 84.
- ↑ "The Caledonian". The Caledonian (New York: Caledonian Publishing Co.) 4: 25. 1903.
- ↑ "Irish Sea Facts". Irish Sea Conservation. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 3 de xullo de 2011.
- ↑ M J Howarth. "Hydrography of the Irish Sea" (PDF). United Kingdom Department of Trade and Industry. Consultado o 2 de febreiro de 2015.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 12]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
- ↑ As cifras de poboación son do censo de 2001, agás a illa de Man, de 2006..
As poboacións das illas menores estimouse en 5 por casa habitada - ↑ Isle of Man Census 2006 Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (excluding the population of 2 living on the Calf of Man)
- ↑ National Statistics – Walney North (Ward) Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. and Walney South (Ward) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Irlanda |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |