Condado de Meath

County Meath
Contae An Mhí
Flag of the counties of Donegal, Leitrim and Meath.svg Meath coa.svg
Bandeira Escudo
Mapa
IrelandMeath.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Provincia Flag of leinster.png Leinster
Capital Navan
Superficie 2.342 km2
Poboación 162.831 hab. (2006)[1]
Código MH
meathcoco.ie Arquivado 02 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.

O condado de Meath (en gaélico irlandés An Mhí) é un condado da provincia de Leinster (República de Irlanda). Aínda que a capital é Navan, a cidade máis importante historicamente é Trim. O seu nome provén do antigo Reino de Mide.

O castelo de Trim

XeografíaEditar

O condado está bañado polo río Boyne.

Meath é o décimo cuarto maior condados dos trinta e dous que ten Irlanda, de acordo á súa área, e o noveno atendendo a súa poboación.[2] É o segundo maior dos doce condados de Leinster por tamaño e o terceiro por poboación. A county town é Navan, onde se atopa a sede do goberno do condado, aínda que Trim, a ex-county town, ten gran significado histórico e hoxe en día ten o Tribunal de Círculo.[3] O condado de Meath ten as dúas únicas Gaeltacht da provincia de Leinster, en Ráth Cairn e Baile Ghib.

PoboaciónsEditar

HistoriaEditar

O condado é coloquialmente coñecido polo alcume do "Condado Real" debido á súa historia como casa do Gran rei de Irlanda.[4] Formaba parte do leste do Reino de Mide, que contiña todo o actual condado, todo o condado de Westmeath e partes dos condados de Cavan, Longford, Louth, Offaly, Dublín e Kildare. A sede do Gran Rei estaba en Tara. No nordeste do condado atópase o complexo arqueolóxico de Brú na Bóinne, que ten uns cinco mil anos e inclúe os xacementos funerarios de Newgrange, Knowth e Dowth. É un Patrimonio da Humanidade designado pola UNESCO desde 1993.

NotasEditar

  1. Censo 2006 - Poboación por provincia, condado e cidade Arquivado 17 de abril de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  2. Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191. ISBN 0-340-89695-7. 
  3. Tribunal de Círculo é unha tradución de Circuit Court
  4. Meath County Council. "Meath - a rich and royal land". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase taménEditar