Condado de Louth

County Louth
Contae Lú
Flag of the counties of Cork, Derry and Louth.svg Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Mapa
IrelandLouth.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Provincia Flag of leinster.png Leinster
Capital Dundalk
Superficie 820 km2
Poboación 110.894 (2006)
Código LH
louthcoco.ie

O condado de Louth (en gaélico irlandés An Lú) é un condado da provincia de Leinster, na costa occidental de Irlanda. É o condado máis miúdo da illa irlandesa con 820 km² de área (317 millas cuadradas[1]). A súa capital é Dún Dealgan (en irlandés) / Dundalk (en inglés). Contaba cunha poboación de 101.821 habitantes no 2002.

Louth ten como veciños os condados de Armagh e Down (ambos na Irlanda do Norte) polo norte, o Mar da Irlanda polo leste, Meath polo sur e o suroeste e Monaghan polo noroeste.

No condado áchanse unha ruínas chamadas Monasterboice, que posúen grandes cruces celtas entre as que destaca a cruz de Muiredach.

Orixe do nomeEditar

O nome de Louth provén dun pobo deste condado de nome homónimo, polo deus celta Lugh, cuxa festividade se celebraba no Lúnasa. Actualmente o nome moderno é An Lú, que non ten nada que ver co comparativo/superlativo que significa "menor" ou "o menor" nalgunha construcións lingüísticas da lingua irlandesa.

PoboaciónsEditar

Lingua irlandesaEditar

A área de Omeath era gaélico parlante até principios dos século 20. Existía un dialecto do irlandés de Louth, mais xa está extinto dende polo menos o 1930 e agora só se pode escoitar en gravacións[2].

NotasEditar

Ligazóns externasEditar