Lughnasadh
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.
Lughnasadh | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | día festivo e festival ![]() | ||
Subclase | festival da colleita ![]() | ||
Data | |||
Día periódico | 1 de agosto ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Etimoloxía
editarNo antigo irlandés o nome do festival foi escrito de moitas maneiras ó longo do tempo: Lughnasa, Lughnasad e Lughnassadh. No irlandés actual o mes de agosto é chamado Lúnasa, co festival mesmo sendo chamado Lá Lúnasa. No gaélico escocés actual (Gàidhlig) o nome do festival é Lùnasdal ou Lùnastal.
O Lughnasadh na Wicca
editarNa Wicca, Lughnasadh é celebrado, e tamén é coñecido co nome de Lammas. Lughnasadh é celebrado entre os neopagáns de moitas maneiras e con diferentes nomes. Como as formas de paganismo poden ser totalmente diferentes e ter diferentes orixes, estas representacións poden variar considerablemente pese ó nome común. Algúns celébrano dunha maneira o máis preto posíbel de como o celebraban os antigos celtas e as culturas célticas actuais mantiveron as tradicións. Outros celebran a festividade con rituais tomados de numerosas outras fontes e a cultura celta é só unha delas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carmichael, Alexander (1992). Carmina Gadelica. Lindisfarne Press. ISBN 0-940262-50-9.
- Danaher, Kevin (1962). The Year in Ireland. Irish Books & Media. ISBN 0-937702-13-7.
- MacKillop, James (1998). Dictionary of Celtic Mythology. Oxford University Press. ISBN 0-19-280120-1.
- MacNeill, Máire (2008) [1962]. The Festival of Lughnasa. Oxford University Press. ISBN 978-0-906426-10-4.
- McNeill, F. Marian (1959). The Silver Bough 1–4. Glasgow: William MacLellan.
- Melia, Daniel F. (xaneiro de 1978). "The Grande Troménie at Locronan: A major Breton Lughnasa celebration". The Journal of American Folklore 91 (359): 528–542. JSTOR 539572. doi:10.2307/539572.