Drogheda

cidade de Irlanda

Drogheda (en inglés) ou Droichead Átha (en irlandés, as dúas formas oficiais) é unha cidade da República de Irlanda, no leste do país, pertencente á provincia tradicional de Leinster.

Drogheda
Droichead Átha
Drogheda desde o sur.
Localización
Drogheda en Irlanda
Drogheda
Drogheda
País Irlanda
ProvinciaLeinster
Xeografía
Altitude1 msnm
Demografía
Poboación38 578 hab. (2011)
Outros datos
AlcaldeRichie Culhane [1]
drogheda.ie

Demografía Editar

No ano 2011 tiña unha poboación de 38 578 habitantes.

Historia Editar

 
Fito conmemorativo dos 800 anos da cidade

O primeiro asentamento que houbo en Drogheda, e que está considerado como a fundación da cidade tivo lugar no 1194  Durante a rebelión irlandesa de 1641, Drogheda foi asediada polas tropas rebeldes contrarias á presenza dos ingleses.[2]

Entre o 3 e o 11 de setembro de 1649, durante a chamada Segunda Guerra Inglesa, que culminou coa caída e posterior decapitación do monarca Carlos I de Inglaterra, a cidade de Drogheda foi vítima do asedio das tropas do ditador, Oliver Cromwell invadiron a cidade e mataron preto de 3500 persoas no coñecido como asedio de Drogheda. Homes, militares e pais foron asasinados nunha acción que afectou as relacións entre ingleses e irlandeses por máis de 300 anos.[3]

Preto de Drogheda tivo lugar a batalla do Boyne no 1690 entre os partidarios do deposto rei Xacobe II e os partidarios de Guillerme III. Esta batalla foi decisiva no marco da guerra xacobita.[4]

Turismo Editar

Nas inmediacións da cidade, ao norte, están as ruínas do mosteiro Mainistir Bhuithe, onde é posible atopar tres cruces altas como mostra da influencia artística celta.

Na igrexa adicada a San Pedro atópase a cabeza incorrupta do arcebispo e mártir Oliver Plunkett[5]

Economía Editar

A economía en Drogheda, como a de moitas outras cidades da Irlanda, está mudando rapidamente. As vellas industrias baseadas en torno ao liño e téxtil, fabricación de cervexa, transporte e fabricación xa desapareceran ou están en declive. Nos últimos anos, o número de empresas reduciuse por mor da crise económica e Drogheda enfrontase a un aumento do desemprego.

Notas Editar

  1. "Richie Culhane becomes the 414th Mayor of Drogheda". droghedalife.com (en inglés). 24 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  3. Ó Siochrú, Micheál (2008). God's Executioner, Oliver Cromwell and the Conquest of Ireland. Faber & Faber.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  5. http://www.catholic.org/saints/saint.php?saint_id=372

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar