Irlanda do Norte

un dos países constituíntes do Reino Unido

Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.

Modelo:Xeografía políticaIrlanda do Norte
Northern Ireland (en)
Tuaisceart Éireann (ga) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°36′27″N 6°41′33″O / 54.6075, -6.6925Coordenadas: 54°36′27″N 6°41′33″O / 54.6075, -6.6925
EstadoReino Unido Editar o valor em Wikidata
CapitalBelfast Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.852.168 (2015) Editar o valor em Wikidata (131,08 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua irlandesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie14.130 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoSlieve Donard (pt) Traducir (850 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Ireland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación8 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónPatricio de Irlanda Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
Monarquía parlamentaria Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoNorthern Ireland Executive (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia da Irlanda do Norte (pt) Traducir , (Escano: 90) Editar o valor em Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+35348 e +4428 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2GB-NIR Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKN Editar o valor em Wikidata

Actualmente o xefe do Estado é o rei Carlos III, mentres que o seu xefe de Goberno é Peter Robinson, un membro do Partido Unionista Democrático. Robinson e o seu partido comparten goberno, desde o 8 de maio de 2007, co número dous do Sinn Féin, Martin McGuinness.

A maioría dos católicos son nacionalistas partidarios de pertencer á República de Irlanda, de igual xeito que a maioría dos protestantes están a favor de permanecer no Reino Unido. Segundo o punto de vista ideolóxico, a preferencia polo nome, tipo de entidade e a bandeira de Irlanda do Norte, é diferente. Os nacionalistas chámana "The North of Ireland" (O Norte de Irlanda [1] ou "os seis condados",[2] e ondean a bandeira de Irlanda verde, branca e laranxa porque non recoñecen Irlanda do Norte como o seu propio país e para eles é parte de Irlanda. Os unionistas chámana o "Ulster", Northern Ireland (Irlanda do Norte)[n. 1] ou "a provincia",[3] e utilizan unha bandeira parecida á do Ulster, coas cores da bandeira inglesa, chamada "Ulster Banner".

Organización administrativa editar

 
División en condados da rexión histórica do Ulster, 6 deles (en vermello) forman parte de Irlanda do Norte e 3 (en verde) da República de Irlanda.

Existen nove condados na provincia histórica do Ulster, pero seis dos seus condados, cunha poboación (2001) de 1.685.267 habitantes, forman Irlanda do Norte, baixo control administrativo do Reino Unido. Estes 6 condados, á súa vez, divídense en 26 distritos e cinco cidades.

Os tres restantes forman parte da República de Irlanda e son Cavan, Donegal e Monaghan, con 246.571 habitantes (2002).

Idiomas editar

O inglés é falado por case todos os norteirlandeses. Tamén se fala a lingua irlandesa (tamén chamada gaélico irlandés) e o scots falado no leste do Ulster e as Terras Baixas Escocesas. A lingua irlandesa perdeu falantes no século XX, pero un renacemento levou a un maior uso, especialmente en Belfast, Antrim e os condados de Tyrone e Fermanagh. Este rexurdir foi impulsado en gran parte pola creación de escolas en irlandés e en decembro de 2022 recoñeceuse o carácter oficial do irlandés en Irlanda do Norte[4]. O scots do Ulster é case exclusivo das áreas do norte de Antrim e da península de Ards.

Algunhas linguas como chinés, urdú ou polaco son ​​cada vez máis comúns en Irlanda do Norte a medida que a xente doutros países se traslada ao país.

Relixión editar

Máis do 80% da poboación identificáse co cristianismo no censo de 2011, sendo case o 42% protestantes, o 41% como católico romano e algo máis do 17% como outras opcións (ateísmo, agnosticismo ou outra relixión. As maiores igrexas protestantes son a Igrexa Presbiteriana de Irlanda, a Igrexa de Irlanda e a Igrexa Metodista en Irlanda.

Acordo de Belfast editar

Desde o Acordo de Belfast (ás veces chamado Acordo do Venres Santo) do venres 10 de abril de 1998, houbo principalmente paz entre as dúas comunidades de Irlanda do Norte, os protestantes e os católicos. Este acordo foi respectado pola maioría da xente de Irlanda do Norte e da República de Irlanda, así como os gobernos irlandés e británico. Permite o autogoberno de Irlanda do Norte e unha maior cooperación norte-sur e cooperación entre Gran Bretaña e a República de Irlanda. Ademais, deixa claro o dereito do pobo de Irlanda do Norte a decidir o seu futuro constitucional e seleccionar se son cidadáns británicos, cidadáns irlandeses ou ambos.

Brexit editar

A cuestión de Irlanda do Norte foi un dos temas máis complexos nas negociacións do Brexit, por temas diversos, desde o aborto ao control de fronteiras dentro da illa de Irlanda.[5][6]

Deporte editar

Os deportes máis populares en Irlanda do Norte son o fútbol, o fútbol gaélico e o rugby. O atletismo, boxeo, crícket, golf, hóckey, hurling e snooker tamén son habituais. A maioría dos deportes organízanse en toda Irlanda, e nas competicións internacionais, Irlanda do Norte e a República de Irlanda compiten xuntos como Irlanda (por exemplo, a selección nacional de rugby de Irlanda ou a selección de crícket de Irlanda). A principal excepción é o fútbol. Nas competicións internacionais, Irlanda do Norte ten o seu propio equipo. A selección de Irlanda do Norte clasificouse para tres para o Mundial da FIFA. Quizais o xogador máis famoso de Irlanda do Norte fose George Best.

Os atletas de atletismo de Irlanda do Norte poden optar por competir como atletas de Gran Bretaña (como o equipo "Gran Bretaña e Irlanda do Norte") ou con atletas do resto de Irlanda (como "Irlanda").

Belfast é o fogar do equipo Ulster Rugby (que compite na Heineken Cup), e do equipo de hóckey sobre xeo dos Belfast Giants.

Ferrocarrís editar

Os trens corren por NI Railways que van desde Belfast até Portrush, Derry, Bangor, Larne, Portadown e Newry. O Enterprise está dirixido tanto por NI Railways como por Irish Rail e une Belfast con Dublín.

Notas editar

  1. Exemplos de uso inclúen a Radio Ulster, Orquestra de Ulster e a Real Policía do Ulster; partidos como Ulster Unionist Party; organizacións paramilitares como Asociación en Defensa do Ulster e Forza Voluntaria do Ulster, así como campañas políticas como "Ulster Says No" e Save Ulster from Sodomy.
  2. Historicamente, tanto a cidade como o condado designáronse por nomes distintos. Os nacionalistas utilizan Derry, do gaélico Doire, mentres que os unionistas, baseándose nas unións históricas con Londres, chámana Londonderry.
  1. "Example of "The North of Ireland"". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2006. Consultado o 08 de xuño de 2015. 
  2. "Six Counties" usado por Sinn Féin
  3. Comunicado de prensa DUP "Paisley reacts to Prime Minister's statement". Extracto "The DUP will be to the fore in representing the vast majority of unionists in the Province."Ian Paisley. Información recollida o 11 de outubro 2006.
  4. "'Historic milestone' passed as Irish language legislation becomes law". The Irish News. 6 de decembro de 2022. 
  5. Murray, Ken; Dublín, correspondente de (2021-03-30). "A cuestión politicamente sensible do aborto en Irlanda do Norte". EU Reporter. Consultado o 2022-03-06. 
  6. "Irlanda traba avance na negociacion do brexit". galego.laopinioncoruna.es. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.