Ian Paisley

político británico (1926-2014)

Ian Richard Kyle Paisley, nado en Armagh o 6 de abril de 1926, morto en Belfast o 12 de setembro de 2014[1] foi un político e líder relixioso de Irlanda do Norte. Foi o fundador da Igrexa Libre Presbiteriana do Ulster e líder do Partido Unionista Democrático (DUP), o máis radical dos partidos maioritariamente protestantes, que abogan polo mantemento da unión de Irlanda do Norte ó Reino Unido. Fronte a eles, os católicos republicanos son partidarios da reunificación política de toda a illa de Irlanda.

Infotaula de personaIan Richard Kyle Paisley
Nome orixinal(en) Ian Richard Kyle Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1926 Editar o valor em Wikidata
Armagh
Morte12 de setembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Belfast
Causa da morteMiocardiopatía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBallygowan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Primeiro Ministro de Irlanda do Norte (2007 - 2008)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónPresbiterianismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUnion School of Theology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Londres Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico e líder relixioso
Partido políticoPartido Democrático Unionista
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEileen Paisley (1956–) Editar o valor em Wikidata
FillosIan Paisley, Cherith Jane Kyle Paisley (en) Traducir, Rhonda Elaine Kyle Paisley (en) Traducir, Sharon Kyle Paisley (en) Traducir, James Cassells Kyle Paisley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJ. Kyle Paisley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Isabella Turnbull (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
16 de novembro de 1981Suspension from the UK parliament (en) Traducir
Causado por: disorderly conduct (en) Traducir
12 de febreiro de 1981Suspension from the UK parliament (en) Traducir
Causado por: disorderly conduct (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0656945 Discogs: 1252548 WikiTree: Paisley-426 Find a Grave: 135792113 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Paisley foi membro do parlamento inglés pola circunscrición de Antrim Norte dende 1970, e tamén membro da Asemblea de Irlanda do Norte. Foi moi crítico coa fe católica e tamén se mostrou en contra da normalización social da homosexualidade.

En 2003, o partido liderado por Paisley converteuse no máis votado de Irlanda do Norte, desbancando ó moderado Partido Unionista do Ulster (DUP). O Sinn Féin converteuse na segunda forza política. A agrupación de Paisley fora en 1998 a única forza norteirlandesa oposta ós Acordos do Venres Santo, pero moi pouco a pouco moderou levemente as súas posturas. O Acordo do Venres Santo significaba a autodeterminación para o Ulster, a entrega de armas por parte dos grupos armados nun prazo de dous anos, e a rebaixa a un terzo das condenas dos presos por delitos terroristas dos grupos que asinasen o alto o fogo.

O DUP de Paisley involucrouse no proceso, unha vez que o IRA destruíu as súas armas. En 2007 Paisley foi designado como "Ministro Principal", ou xefe do Goberno rexional do Ulster, e tivo como viceprimeiro ministro ao seu inimigo acérrimo tradicional, o "número dous" do Sinn Féin, Martin McGuinness. En 2008 foi substituído por Peter Robinson como Ministro Principal e como presidente do DUP.

Ian Paisley tamén foi o fundador da organización paramilitar Voluntarios Protestantes do Ulster, "Ulster Resistance" en inglés.

Notas editar

  1. "Morreu Ian Paisley, o "Sr. Não" da Irlanda do Norte". PÚBLICO. Consultado o 2015-12-25.