Bruxelas

capital de Bélxica

Coordenadas: 50°51′N 04°21′L / 50.850, -4.350

A Cidade de Bruxelas[1][2][3] (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é a capital oficial[4] de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Bruxelas
Ville de Bruxelles
Stad Brussel
Drapeau ville de Bruxelles.png
Greater coat of arms of the City of Brussels.svg
TE-Collage Brussels.png
Un collage con varias vistas de Bruxelas, Arriba: Vista do Barrio norte distrito financeiro, segundo esquerda: alfombra floral na Grand Place, segundo dereita: Casa do concello de Bruxelas e área do Monte das Artes, terceiro: Parque Cincuentenario, cuarto esquerda: Manneken Pis, cuarto medio: catedral de San Miguel e Santa Gúdula, cuarto dereita: Columna do Congreso, inferior: Palacio Real de Bruxelas
Localización
Bruxelas en Bélxica
Bruxelas
Bruxelas
PaísBélxica Bélxica
ComunidadeComunidade flamenga de Bélxica
Comunidade francesa de Bélxica
RexiónBruxelas-Capital
ArrondissementBruxelas
Xeografía
Altitude13 msnm
Superficie32,61 km²
Demografía
Poboación166.497 hab. (2012)
Densidade5.100 hab/km²
XentilicioBruxelés/a
Outros datos
Código postal1000-1130
AlcaldeFreddy Thielemans (PS)
Páxina oficial da Bruxelas

HistoriaEditar

 
Concello de Bruxelas

Bruxelas celebrou o seu milenario en 1979, a historiografía tradicional data a fundación de Bruxelas en 979 pero ningún escrito ou fonte arqueolóxica permitiu corroborar esa data. Atópanse nela os edificios sede das principais institucións da Unión Europea. Aínda que o primeiro poboamento do val semella datar da época merovinxia (século VII, Bruocsella, "morada no pantano"), coa presenza dalgúns pequenos oratorios ou capelas, é no século X cando os duques de Brabante constrúen un castrum fortificado nunha das illas do cativo río Senne xunto a unha daquelas, a de St. Gery [5].

Por outra banda, o leste do río, os pes do outeiro do Treurenberg, xunto a outra, a da patroa local Santa Gúdula, comeza a medrar un poboamento no que era o camiño que unía a rexión renana con Flandres. Entrambos los dous sitios conformouse un burgo en torno a praza do mercado, que logo será a Grand Place.

É no século XI candos os duques deciden trasladar a súa residencia a un castelo que constrúen noutro outeiro ao sur do Treurenberg, o de Couldenberg. De seguido rodéase todo o conxunto cun cinto de murallas. Este triángulo, St.Gery no río co porto, Santa Gúdula onde se construirá a catedral de San Miguel, e o palacio ducal do Coudenberg, será a armazón básica e nodal da futura cidade [6].

Bruxelas vai crecer rapidamente co comercio da súa rica industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de Europa no século XIV, desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de preto de oito quilómetros (1379). É con este esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o seu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de Rogier van der Weyden, escultura fonte do Manneken-Pis, de Hieronymus Duquesnoy o Vello; Rubens máis tarde...) [7].

A finais do século XVII, a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrución é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do abraiante conxunto que rodea a Grand Place [8]. Lamentablemente, nun incendio en 1731 pérdese a xoia que representaba o conxunto do Palacio Ducal [9]. No seu lugar aparecen hoxe a Praza e o Palacio Real así coma o museo de belas artes.

A decadencia continuou con Bruxelas coma un centro menor (capital da recentemente creada Bélxica en 1830) [10], e só as obras de Victor Horta pertencentes ao art nouveau coma feito arquitectónico destacable no final do XIX.

Trala segunda guerra mundial, a cidade celebra a Feira Mundial de 1958 (co famoso Atomium). Doutra banda, na década dos cincuenta comeza a tomar forma a idea dunha unión europea e comezan a crearse organismos e faise necesaria unha sede. A situación xeográfica de Bruxelas e o feito de pertencer a un país pequeno axuda que se converta na sede de organismos internacionais, especialmente os da Comisión Europea co que pasa a ser a capital de facto da Unión Europea. Os edificios administrativos da mesma concéntranse no Quartier Leopold, ao leste do Palacio Real [11].

A Cidade de Bruxelas é o máis grande dos 19 municipios que compoñen a rexión de Bruxelas-Capital, unha das tres rexións, xunto con Flandres e Valonia en que está dividida Bélxica. A primeiros de xaneiro de 2006, a cidade tiña unha poboación de 153.659 habitantes.

Aínda que oficialmente a Cidade de Bruxelas é a capital de Bélxica, na práctica é a Rexión de Bruxelas-Capital a que exerce como tal, como tamén é a capital das comunidades francófona e flamenga de Bélxica, a rexión tiña unha poboación de 1 067 162 habitantes, nunha área de 161 km², o que lle confire unha densidade poboacional de 6.601 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se estende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1 774 000 habitantes.

LinguasEditar

Bruxelas é unha cidade oficialmente bilingüe; unha maioría dos habitantes teñen como lingua o francés (85-90 %), e unha minoría importante ten o neerlandés (10-15%). O holandés, na súa variedade brabanzoa, é a lingua histórica de Bruxelas[12] . O francés foi durante séculos apenas falado pola alta-burguesía e a nobreza. Tornouse unha lingua popular durante o dominio de Francia, e despois de 1830, coa inmigración de moitos franceses (algúns deles revolucionarios) e moitos valóns, atraídos polas novas autoridades belgas.

UniversidadesEditar

Bruxelas ten varias universidades, dúas das cales son a Université Libre de Bruxelles (ULB) e a Vrije Universiteit Brussel (VUB).

 
Panorámico da Grand Place de Bruxelas, patrimonio mundial catalogado pola UNESCO.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bruxelés.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  4. Artigo 194 da Constitución de Bélxica
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  7. ([1] Bruxelas no 1581)
  8. [2]
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2003. Consultado o 28 de xaneiro de 2003. 
  12. "Brussels Encyclopædia Britannica.". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2013. Consultado o 05 de novembro de 2009. 

Véxase taménEditar

 
Estatua de Europa (xardín Van Maerlant)

BibliografíaEditar

  • Louis Verniers, Un millénaire d'histoire de Bruxelles. Des origines à 1830, Éditions A. De Boeck, Bruxelles, 1965
  • Marcel Vanhamme, Bruxelles. De bourg rural à cité mondiale, Mercurius, Anvers-Bruxelles, 1968
  • Mina Martens (dir.), Histoire de Bruxelles, Toulouse, Privat, 1976
  • Georges-Henri Dumont, Histoire de Bruxelles. Biographie de Bruxelles, Le Cri édition, Bruxelles, 1997
  • Christian Dessouroux, Espaces partagés, espaces disputés. Bruxelles, une capitale et ses habitants, ministère de la Région de Bruxelles-Capitale, 2008

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
  Weimar
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Aviñón
  Bergen
  Boloña
  Praga
  Cracovia
  Helsinqui
  Reiquiavik
  Santiago de Compostela

2000
Sucesor:
  Rotterdam
  Porto