Coordenadas: 41°19′34″N 19°48′58″L / 41.326, 19.816

Tirana (en albanés Tiranë ou Tirana) é a capital e a maior cidade de Albania. Está situada no distrito e na prefectura ou condado do mesmo nome. A súa poboación está estimada oficialmente en 621 286 habitantes (2011), aínda que na provincia a cifra ronda o millón de habitantes.

Tirana
Tiranë
Flag of Tirana.svg
Stema e Bashkisë Tiranë.svg
07Tirana Sheshi Skenderbej03.jpg
Vista da cidade
Localización
Tirana en Albania
Tirana
Tirana
PaísFlag of Albania.svg Albania
CondadoTirana
DistritoTirana
Xeografía
Altitude110 msnm
Superficie41,8 km²
Demografía
Poboación621 286 hab. (2011)
Densidade10 553 hab/km²
XentilicioTiranés/esa[1]
Outros datos
Código postal1001–1028
AlcaldeLulzim Basha (PD)
http://www.tirana.gov.al

HistoriaEditar

Fundada en 1614, convértese en capital albanesa en 1920. Situada á beira do río Ishem, Tirana é o principal centro político, industrial e cultural de Albania. As industrias principais son as do sector da construción, alimentario, electromecánico, téxtil, farmacéutico e metalúrxico. Tirana experimentou un rápido crecemento co nacemento de numerosas industrias a partir dos anos 20.

Tirana está actualmente intentando desenvolver unha industria turística, aínda que este esforzo está obstaculizado pola inestabilidade da rexión, causada polos conflitos militares dos anos 90 en Albania e nos veciños Bosnia e Hercegovina, Kosovo e Macedonia do Norte.

Cidades irmásEditar

 
Imaxe panorámica de Tirana (Albania).

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiranés.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar