Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 779.145 habitantes (2001), 1.200.000 contando a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)

Modelo:Xeografía políticaZagreb
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°48′47″N 15°58′38″L / 45.8131, 15.9772Coordenadas: 45°48′47″N 15°58′38″L / 45.8131, 15.9772
EstadoCroacia Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalZagreb Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación767.131 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.196,4 hab./km²)
Lingua oficiallingua croata Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie641,2 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Sava Editar o valor em Wikidata
Altitude158 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1094 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoTomislav Tomašević (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2HR-21 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
A Paz
Balakovo (pt) Traducir
Amasia Editar o valor em Wikidata../... 25+

Sitio webzagreb.hr Editar o valor em Wikidata
Facebook: zagreb.hr Twitter: wwwzagrebhr Instagram: gradzagrebzg Youtube: UCtUwvdTf9W6oivP8l8U2tSw Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Praza de Ban Jelačić
 
Catedral católica de San Marcos.

Aínda que a rexión estivo habitanda cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Zagreb data do 1094, ano no que o rei húngaro, Ladislau, fundou un mosteiro e ao seu arredor xurdiu un asentamento.

A cidade desenvolveuse en torno á zona norte da catedral católica, e a partir da fortaleza de Gradec no monte veciño. Actualmente Gracec é o barrio de Gornji Grad, onde se pode atopar un dos mellores núcleos conservados urbanos de Croacia. A diocese e a fortaleza foron atacados polos mongois no ano 1242. Como sinal de gratitude por ofrecerlle refuxio fronte os invasores, o rei Bela IV de Hungría e Croacia outorgoulle a Gradec a Bula Dourada, que outorgaba ós cidadáns da vila autogoberno e autonomía, así como seu propio sistema xurídico. De acordo coa lenda, Bela deixou ós habitantes de Gradec un canón para que o disparasen cada día e que non se enferruxase. Dende o 1 de xaneiro de 1877 o canón e disparado desde a torre Lotrscak en Gric para marcar as doce do mediodía.

A praza do Gornji Grad está dominada pola igrexa gótica de San Marcos. Foi construída a finais do século XIV e concluíse a comezos do século XV. O campanil barroco foi engadido posteriormente.

A diocese de Zagreb e a vila de Gradec a miúdo disputaron polo uso e posesión de terras e muíños. Algunhas veces tamén se enfrontaron por razóns políticas. O termo de Zagreb foi utilizado polos barrios da diocese dende o século XVI, cando a cidade se converteu no centro político de Croacia e da Eslavonia, unión que se reforzaría décadas máis tarde. En 1850 Gradec e Zagreb uníronse baixo o seu primeiro alcalde, Janko Kamauf.

O ferrocarril foi introducido en Zagreb en 1860. Os barrios da clase obreira situábanse entre a vía do tren e o río Sava, mentres que a construción de barrios residenciais en torno ó sur de Medvednica foron rematados entre as dúas guerras mundiais.

A zona entre a vía do tren e o río Sava foi urbanizada despois da segunda guerra mundial. A mediados da década de 1950 a construción de novas residencias no sur do río Sava comezou, dando lugar á Nova Zagreb. A cidade tamén se expandiu cara o oeste e cara o leste, incorporando as comunidades de Dubrava, Podsused, Jarun e Blato, entre outras.

A estación ferroviaria de mercadorías e o aeroporto internacional Pleso, foron construídos na marxe sur do río Sava. A zona industrial máis grande da cidade atópase precisamente no sueste, entre o Sava e a rexión de Prigorje.

Durante a época na que Croacia estivo dentro do Imperio Austrohúngaro, a cidade tamén se chamaba Agram, a súa denominación xermánica.

Clima editar

Zagreb posúe un clima continental. Na cidade os veráns son quentes e húmidos e os invernos son fríos. A temperatura media no inverno é de 1 °C e no verán é de 20 °C. O mes de maio é un dos máis quentes, con temperaturas por riba dos 30 °C. As nevadas son comúns nos meses de inverno, dende decembro a marzo, a choiva e a saraiba son común no outono (dende outubro a decembro).[1]

Táboa climática
  Xan Feb Mar Abr Maio Xuño Xullo Agost Sep Oct Nov Dec
Choivas (mm) 52 48 56 68 83 95 79 79 79 93 86 67
Temp Min.(°C) -3 -3 1 5 9 13 14 14 11 6 2 -1
Temp Max. (°C) 3 5 11 15 20 23 25 25 22 15 8 3

Demografía editar

Zagreb é a maior cidade de Croacia, sendo a única cidade do país cunha área metropolitana de máis dun millón de habitantes. A área metropolitana da cidade ten unha poboación de 1.088.841 habitantes, e inclúe algunhas pequenas cidades como Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. O censo oficial da cidade sen a súa área metropolitana é de 779.145 habitantes. Segundo os datos do departamento de policía da cidade, o cal baséase no número de persoas que fixeron a petición para poder votar na cidade, esta ten unha poboación de 973.667 habitantes. O maior grupo étnico da cidade son os croatas constituíndo o 91,94% da poboación (censo do 2001). O mesmo censo tamén recolle outras minorías como os serbios (18.811) que constitúen o 2,41% da poboación, os bosníacos que con 6.204 cidadáns fan o 0,8 % da poboación, 4.030 musulmáns de calquera país da ex-Iugoslavia (0,52%), 3.389 albaneses (0,43%), 3.225 eslovenos (0.41%), 1.946 xitanos (0,25%), 1.131 montenegrinos (0,17%), 1.315 macedonios (0,17%), entre outras minorías.[2]

Economía editar

 
Modelo de tranvía TMK 2200 tram (#2215) de Crotram en Zagreb.

Algúns dos maiores potenciais para o desenvolvemento de Zagreb son a calidade da súa terra, a súa situación de transito favorable e infraestrutura totalmente municipal, a súa man de obra cualificada e expertas nos eidos da ciencia, da educación, da saúde, dos negocios, da banca e doutras institucións, tamén inflúe a súa tradición nalgúns servizos, e o tamaño e a calidade da economía da cidade.

As pólas máis importantes da industria de Zagreb son: a produción de dispositivos e aparellos eléctricos, a súa produción química, farmacéutica, téxtil, a elaboración de comida e bebida, e a produción e elaboración do tabaco. Zagreb é un importante centro internacional de industria/comercio e negocios, así como un lugar de paso de transportes entre a Europa do leste e a Europa central.

A cidade de Zagreb ten o produto interior bruto per capita máis elevado de Croacia, con $15850 no 2006 (a media europea era do $28114. Porén, os ingresos medios e os prezos aínda son máis baixos que no resto de Europa.

No 2005 a taxa media de desemprego en Zagreb roldaba o 8%, a metade da media nacional. Zagreb, é unha cidade relativamente grande situada na ruta máis rápida que conecta a Europa central coa Europa do sueste, posúe un gran potencial para os investimentos e o desenvolvemento.

Administración metropolitana editar

De acordo coa constitución de Croacia, a cidade de Zagreb, como capital do país, posúe un status especial. Tendo un goberno propio e autónomo. Os seus corpos administrativos da cidade son a Asemblea da Cidade como corpo representativo, e o alcalde e gobernador da cidade como corpo executivo.

Os membros da asemblea son elixidos nas eleccións, e son eles os que elixen ó alcalde e ós membros do goberno da cidade. O goberno da cidade está formado por 11 membros propostos polo alcalde á Asemblea.

O goberno local da cidade está organizado por 17 distritos.

Distritos da cidade editar

Os principais distritos ("gradske četvrti" en croata) son:[3]

No. Distrito Área (km²) Poboación (2001) Densidade de poboación
1. Donji Grad 3 45.108 14.956,2
2. Gornji Grad - Medveščak 10 36.384 3.593,5
3. Trnje 7 45.267 6.146,2
4. Maksimir 14 49.750 3.467,1
5. Peščenica - Žitnjak 35 58.283 1.651,3
6. Novi Zagreb - Istok 17 65.301 3.947,1
7. Novi Zagreb - Zapad 63 48.981 782,5
8. Trešnjevka - Sjever 6 55.358 9.498,6
9. Trešnjevka - Jug 10 67.162 6.828,1
10. Črnomerec 24 38.762 1.593,4
11. Gornja Dubrava 40 61.388 1.524,1
12. Donja Dubrava 11 35.944 3.321,1
13. Stenjevec 12 41.257 3.387,3
14. Podsused - Vrapče 36 42.360 1.175,1
15. Podsljeme 60 17.744 295,2
16. Sesvete 165 59.212 358,3
17. Brezovica 127 10.884 85,4

 

Cidades irmás editar

A cidade de Zagreb está irmandada coas seguintes cidades:[4]

Notas editar

  1. "Zagreb Climate Data". Consultado o 2006-07-02. 
  2. "Zagreb ethnic minorities (Census 2001)". Consultado o 2007-01-20. 
  3. "Zagreb population by city districts (Census 2001)". Consultado o 2006-07-02. 
  4. "Zagreb sister cities". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2007-02-17.  Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar