Pittsburgh, Pensilvania

(Redirección desde «Pittsburgh»)

Coordenadas: 40°26′23″N 79°58′35″O / 40.43972, -79.97639

Pittsburgh é unha cidade de Pensilvania, Estados Unidos, sede do Condado de Allegheny. De acordo co censo de 2020 conta con 302.971 habitantes, sendo así a 68º cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, a segunda máis poboada de Pensilvania, alcanza os 2,37 millóns de habitantes.

Pittsburgh, Pensilvania
Vistas da cidade
Localización
Pittsburgh en Estados Unidos
Pittsburgh
Pittsburgh
Pittsburgh en Pensilvania
Pittsburgh
Pittsburgh
País Estados Unidos de América
EstadoPensilvania
CondadoCondado de Allegheny
Xeografía
Altitude220-420 msnm
Superficie151 km²
Demografía
Poboación302 971 hab. (2020)
Densidade2 112 hab/km²
XentilicioPittsburgher ou Yinzer
Outros datos
Código postal15106, 15120–15121, 15201, 15203–15208, 15210–15222, 15224, 15226–15227, 15230, 15232–15234, 15237, 15239, 15289
AlcaldeEd Gainey (D)
Páxina oficial de Pittsburgh

É coñecida popularmente como «a cidade do aceiro» (Steel City) polas numerosas empresas siderúrxicas que posuía, e «a cidade das pontes» (City of Bridges) polas 446 pontes que conectan os distintos barrios da urbe.

Ademais do aceiro, Pittsburgh foi líder na fabricación doutros materiais importantes coma o aluminio e o vidro e na industria do petróleo. Na segunda metade do século XX, a cidade sufriu un proceso de desindustrialización que fixo caer á metade a súa poboación. Nos últimos anos, Pittsburgh transformouse nun importante centro para as industrias da saúde, educación e tecnoloxía.[1]

Notas Editar

  1. "30 Years: Pittsburgh moves from heavy industry to medicine, tech, energy". Pittsburgh Post-Gazette (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar