Coordenadas: 41°52′22″N 77°52′30″O / 41.87278, -77.87500

O río Allegheny é un río do nordeste dos Estados Unidos, o principal afluente do río Ohio.

Vista do río Allegheny

Características editar

 
Ponte de Highland Park

O río Allegheny ten unha lonxitude de 523 km e drena unha conca de 30 000 km². Gran parte do seu curso atravesa bosques montañosos.

Discorre polos estados de Pensilvania e Nova York.

Nace no condado de Potter, Pensilvania, zigzagueando ao noroeste dentro de Nova York, devolvéndose ao interior de Pensilvania e uníndose co río Monongahela para formar o río Ohio en Pittsburgh.

Os seus principais afluentes son o río Clarion (177 km), o río Kiskiminetas (228 km) e o río French (188 km).

Ten varios encoros que fan o río navegábel desde Pittsburgh até East Brady.

Etimoloxía editar

O nome Allegheny probabelmente provén da lingua delaware ou lenape,[1] que significa "o mellor río dos outeiros" ou "fermosísimo regato".[2] Hai unha lenda lenape dunha tribo chamada "Allegewi" que adoitaba vivir ao longo do río.[3] Hernando de Soto, en 1540, informou que os "Allegewi" eran os Cherokees.[4]

Tramos protexidos editar

O 20 de abril de 1992 un tramo do río de 139,6 km foi declarado como río salvaxe e paisaxístico nacional, coa consideración de recreativo.[5]

Notas editar

  1. "welhik" Lenape Talking Dictionary. Consultado o 5 de febreiro de 2022.
  2. Trumbull, J. Hammond (1870): The Composition of Indian Geographical Names. Hartford, Conn. pp. 13–14.
  3. Stewart, George R. (1967): Names on the Land. Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin Company. p. 8. ISBN 0-9385-3002-X.
  4. Hodge, Frederick Webb, ed. (1907): Handbook of American Indians north of Mexico. Washington: Government Printing Office. pp. 245-249.
  5. Véxase en: "River Mileage Classifications for Components of the june 2008 National Wild and Scenic Rivers System", dispoñíbel no sitio web do Servizo Nacional de Parques dos EE.UU. (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Schafer, Jim & Mike Sajna (1992): The Allegheny River: Watershed of the Nation. University Park, Pennsylvania, US: The Pennsylvania State University Press. ISBN 978-0-271-00836-3.

Ligazón externa editar