Naucalpan de Juárez

Naucalpan de Juárez é un concello do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Tlalnepantla de Baz, Huixquilucan, Jilotzingo, Lerma, Xonacatlán, Atizapán de Zaragoza e coas delegacións Azcapotzalco e Miguel Hidalgo da Cidade de México. A súa área é de 155,70 km², e a súa poboación era de 872.320 habitantes no ano 2011.[1] A cabeceira municipal é Naucalpan de Juárez, a segunda poboación é Cidade Satélite.[2]

Modelo:Xeografía políticaNaucalpan de Juárez
Imaxe

Localización
Mapa
 19°28′N 99°17′O / 19.47, -99.29
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de México Editar o valor en Wikidata
CapitalNaucalpan de Juárez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación872.320 (2011) Editar o valor en Wikidata (5.569,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie156,63 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.300 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal53000 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico55 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnaucalpan.gob.mx Editar o valor en Wikidata

Topónimo

editar

Naucalpan identifícase co nome na lingua náhuatl de Nauhcalpan (cfr. náhuatl actual Nahui (catro), callli (casa), e o sufixo de lugar -pan). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar de catro casas". O apelido é en honor a Benito Juárez, expresidente de México.

Xeografía

editar

O concello atópase no centro do Estado de México, a 8 quilómetros ao noroeste da Cidade de México e 80 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[2]

Política e goberno

editar

O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexedores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.

Alcaldes

editar
Alcalde Período
  Eduardo Alfredo Contreras y Fernández 2000-2003
  Ángelica Moya Marín 2003-2006
  José Luis Durán Reveles 2006-2009
  Otilia María Olivares Villagomez 2009-2012
  David Ricardo Sánchez Guevara 2012-2015
  Edgar Armando Olvera Higuera 2015-2018

Demografía

editar

O concello de Naucalpan de Juárez ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.

Localidades Poboación
Total do concello 833 779
Naucalpan de Juárez
San Francisco Chimalpa
Santiago Tepetlaxco
San José Tejamanil

Cultura

editar
 
Torres de Satélite.

Conta cun bo número de monumentos patrimoniais e unha grande historia. Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo os recintos máis importantes as igrexas, edificios barrocos que conservan as súas características de deseño orixinal.

As torres de Satélite son estruturas de formigón pintadas en cores, azul, vermella, amarela e branca, é un símbolo de modernidade de finais do século XX, de estilo minimalista e o seu arquitecto foi Luis Barragán.

  1. Concello de Naucalpan de Juárez Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine., SEDESOL, 29 de novembro de 2016.
  2. 2,0 2,1 Monografia municipal de Naucalpan de Juárez Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar