Miguel Hidalgo
Miguel Hidalgo Costilla, nado en Hacienda de Corralejo, preto de Pénjamo, Guanajuato, o 8 de maio de 1753 e finado en Chihuahua o 30 de xullo de 1811, foi un sacerdote e militar mexicano que destacou na primeira etapa da Guerra de Independencia de México, que iniciou cun acto coñecido na historiografía mexicana como Grito de Dolores. Dirixiu a primeira parte do movemento independentista, pero tras unha serie de derrotas foi capturado o 21 de marzo de 1811 e levado prisioneiro á cidade de Chihuahua, onde foi xulgado e fusilado o 30 de xullo.
Miguel Hidalgo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Miguel Gregorio Antonio Ignacio Idalgo y Costilla Gallaga Mandarte Villaseñor |
Nacemento | 8 de maio de 1753 |
Corralejo de Hidalgo | |
Falecemento | 30 de xullo de 1811 |
Chihuahua | |
Causa | Fusilamento |
Soterrado | El Ángel de la Independencia |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo |
Ocupación | sacerdote católico e político |
Pai | sen etiquetar |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |