Estado de México
O estado de México, é un dos 32 estados do México, localizado no centro do país. Fai fronteira polo norte cos estados de Hidalgo e Querétaro, polo sur cos estados de Morelos e Guerrero, polo oeste co estado de Michoacán, e polo leste cos estados de Tlaxcala e Puebla, e tamén rodea á Cidade de México. A súa área é de 22.499,95 km² e a súa poboación é de 16 187 608 habitantes (2015). A capital do estado é a cidade de Toluca de Lerdo. A súa principal fonte de renda é a industria (o estado posúe unha das maiores zonas industriais do país) tamén conta co turismo e agricultura.
Estado Libre e Soberano de México | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Libertad, Trabajo y Cultura | |||
Himno: Himno al Estado de México | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Toluca de Lerdo | ||
• Poboación | 489.333 (2010) | ||
Cidade máis poboada | Ecatepec de Morelos | ||
Lingua oficial | Ningunha1 | ||
Forma de goberno | Estado federado | ||
Eruviel Ávila Villegas PRI | |||
Creación como estado | 2 de marzo de 1824 | ||
• Total | 22.499,95 km² | ||
Poboación | Posto 1º | ||
• Total | 16 187 608 (2015) hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Fuso horario | UTC-6 | ||
Dominio de Internet | www.edomex.gob.mx | ||
Código ISO | MX-MEX | ||
1O castelán e 62 linguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano. | |||
TopónimoEditar
Etimoloxicamente tense varias definicións do nome de México, o estado adoptou o nome do país e da capital mexicana. Identifícase co nome na lingua náhuatl de Mexihco (cfr. náhuatl Mexihtli (deus Mexihtli (Huitzilopochtli) e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar do deus Mexihtli". Outra versión máis común identifícase como "lugar no embigo da lúa".
HistoriaEditar
O estado de México foundouse o 2 de marzo de 1824, ao consumarse a independencia do país; o mesmo día creouse o congreso estatal.
División políticaEditar
O estado está dividido en 16 rexións administrativas e 125 concellos.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |