Abrir o menú principal

Os serbios[8] (en serbio: Срби; Srbi) son un grupo étnico eslavo que se formou nos Balcáns. A maioría de serbios habita na nación estado de Serbia (cunha minoría en Kosovo), así como en Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Croacia. Tamén forman minorías significativas en Macedonia do Norte e Eslovenia. Existe unha importante diáspora serbia en Europa Occidental, e fóra de Europa hai comunidades en América do Norte e Australia.

Pobo serbio
Serbs 30 collage 1.jpg
Poboación
Poboación total:
c  11,5–12,5 millóns
Rexións principais:
Serbia Serbia5 988 150 (2011)
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina1 086 733 (2013)[1]
Alemaña Alemañac  700 000[2]
Austria Austriac  300 000 (2010)[3]
Estados Unidos de América Estados Unidos199 080 (2012)[4]
Croacia Croacia186 633 (2011)
Montenegro Montenegro178 110 (2011)[5]
Suíza Suízac  150 000 (est  2000)[6]
Kosovo Kosovo146 128 (2013)
Flag of France.svg Franciac  120 000 (est  2002)[7]
Aspectos culturais
LinguaLingua serbia
RelixiónIgrexa ortodoxa (Igrexa ortodoxa serbia)
Grupos
relacionados
Outros eslavos

Os serbios comparten moitos trazos culturais co resto de pobos do sueste de Europa. Son maioritariamente de relixión cristiá ortodoxa. A lingua serbia é oficial en Serbia, cooficial en Kosovo e Bosnia e Herzegovina, e tamén é falada en Montenegro.

NotasEditar

  1. Popis 2013 (PDF). Saraxevo: BHAS. xuño de 2016. Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 19 de xaneiro de 2018. 
  3. "Srbi u Austriji traže status nacionalne manjine". Blic. 2 de outubro de 2010. 
  4. http://factfinder2.census.gov/faces/tableservices/jsf/pages/productview.xhtml?pid=ACS_12_1YR_B04003&prodType=table
  5. "Census of Population, Households and Dwellings in Montenegro 2011" (PDF). 12 de xullo de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2011. 
  6. "«Jugoslawen» in der Schweiz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2012. 
  7. Mediaspora (2002). "Rezultat istrazivanja o broju Srpskih novinara i medija u svetu". Srpska dijaspora. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para serbio.