América do Norte

subcontinente de América

América do Norte (Gl-América do norte.ogg pronunciación ) ou Norteamérica (Gl-Norteamérica.ogg pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur.[1] Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

Modelo:Xeografía políticaAmérica do Norte
Imaxe

Nomeado en referencia aAmerigo Vespucci, Turtle Island (en) Traducir e norte Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°N 100°O / 50, -100Coordenadas: 50°N 100°O / 50, -100
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación579.000.000 (2016) Editar o valor em Wikidata (23,23 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie24.930.000 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoDenali (6.190 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e o Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.[2]

Etimoloxía editar

 
Imaxe por satélite de América do Norte.

Está aceptado amplamente que os nomes de América do Norte e de América do Sur denomináronse así por Amerigo Vespucci, e que foi o cartógrafo alemán Martin Waldseemüller quen lles puxo ese nome. Vespucci, que explorou América do Sur entre 1497 e 1502, foi o primeiro europeo en suxerir que América non eran as Indias Orientais senón un novo mundo descoñecido para os europeos.[3]

A segunda teoría, con menos aceptación que a anterior, é que os seus nomes proveñen dun comerciante inglés chamado Richard Amerike, de Bristol, que se cre que financiou a viaxe de Giovanni Caboto de Inglaterra a Terra Nova en 1497.[4] Outra teoría é que o nome provén dunha lingua amerindia.[5]

Delimitación editar

 
Considérase Norteamérica como un subcontinente (ata México), noutros casos como un continente (os 3 tons de verde) ou unha subrexión da ONU (en verde claro).

Non hai un só criterio para definir este termo. Nos países castelanfalantes, o uso normalmente define Norteamérica como o subcontinente conformado polo Canadá, os Estados Unidos (incluíndo Alasca), México, o Istmo de Tehuantepec, Groenlandia e illas adxacentes. En cambio nos países angloparlantes e outros, adóitase considerar Norteamérica como un continente que está conformado polos territorios antes mencionado ademais de Centroamérica e as Antillas, presentando un límite natural con Suramérica máis ou menos á fronteira actual de Panamá/Colombia. Doutra banda, o xeoesquema da ONU usa "América do Norte" como descrición cultural angloamericana, conformando unha subrexión conformada polos Estados Unidos e o Canadá (excluíndo México).

Historia editar

 
Antigo mapa de América do Norte
 
Representación dos conquistadores casteláns e os seus aliados tlaxcaltecas loitando contra os otomís no territorio da actual Estado de Hidalgo (México)

De acordo coas probas arqueolóxicas, a ocupación humana de América do Norte comezou durante o Plistoceno, no período cuaternario, hai uns 50.000 anos. Probablemente, pobos mongoloides chegaron ao norte de América desde Asia en torno á última gran glaciación, a través dunha lingua de terra que atravesaba a zona que actualmente ocupa o Estreito de Bering, creando unha ponte terrestre, desde onde se empezaron a estender cara ao sur e o leste.[6]

Os primeiros habitantes eran pobos do Paleolítico que vivían da caza e da recolección, e empregaban ferramentas non moi diferentes das coñecidas en Siberia. Máis tarde foron desprazados por outros grupos que posuían ferramentas máis evolucionadas. Crese que estes pobos son os primeiros devanceiros dos pobos amerindios, os cales desenvolveron culturas complexas e habitaban o continente na época na que chegaron por primeira vez os europeos.[7]

Groenlandia foi a primeira rexión do continente á que chegaron os europeos. De acordo coas sagas islandesas, Erik o Roxo explorou e colonizou a illa por primeira vez. O primeiro europeo que divisou unha parte da terra firme continental foi probablemente Bjarni Herjólfsson, un comerciante islandés que viu a liña de costa ao redor do ano 986.[8] Despois, Leifr Eiríksson, o fillo de Erik o Roxo, realizou unha viaxe a unha terra que chamou Vinland ou terra do Viño, e que, talvez, era algún lugar entre Labrador e Nova Inglaterra .[9] Este relato foi verificado en parte grazas ao descubrimento en 1963 dunha localización de tipo viquingo en L'Anse aux Meadows (actual parque nacional histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1978), preto da punta meridional de Terra Nova. Determinouse que as ruínas databan do ano 1000 aproximadamente.[10]

Era precolombiana editar

Os antropólogos teñen diversas teorías achega da orixe das primeiras poboacións que se estableceron en América do Norte. Os pobos indíxenas teñen toda unha serie de mitos cos que intentan explicar que xa estaban establecidos nesta terra desde que se creou. O consenso é que os indíxenas norteamericanos chegaron por primeira vez desde Asia durante a última Idade do xeo, moi probablemente a través da ponte terrestre de Bering, e posiblemente tamén, con barcos primitivos.

Antes do contacto cos europeos, os pobos indíxenas de América do Norte dividíanse en múltiples entidades políticas, desde pequenos grupos dunhas poucas familias a grandes imperios. Vivían en varias áreas culturais que se correspondían en grandes liñas coas distintas zonas xeográficas e biolóxicas que ocupaban e que dan unha boa idea dos distintos usos e costumes da xente que vivían alí (por exemplo, os cazadores de bisontes das Grandes Chairas, ou os agricultores de Mesoamérica). Estes grupos indíxenas tamén se poden clasificar pola súa familia de linguas (por exemplo, a atapascana ou a uto-azteca), aínda que é importante ter en conta que as persoas con linguas da mesma familia non sempre compartían a mesma cultura material, nin sequera foron sempre aliados.

Os antropólogos cren que os inuit do Ártico chegaron a América do Norte moito máis tarde que outros grupos indíxenas, como o demostra a desaparición das ferramentas da cultura Dorset, segundo os rexistros arqueolóxicos, e a súa substitución polas do pobo Thule. É posible que en Norteamérica houbese varios pobos entre os seus primeiros poboadores.[11] A evidencia máis coñecida que apoia esta teoría é o achado do Home de Kennewick.[12]

A era das exploracións editar

As exploracións europeas en América do Norte comezaron coa viaxe realizada en 1492 por Cristovo Colón ao servizo da Coroa de Castela.[13] Máis tarde, en 1497, un navegante italiano ao servizo de Inglaterra, Giovanni Caboto ou Xoán Caboto (en galego, desembarcou na illa de Cabo Bretón, e en 1498 percorreu as costas do Labrador, Terra Nova e Nova Inglaterra e, posiblemente, chegou á baía de Delaware.[14] O navegante portugués Gaspar Corte-Real realizou unha viaxe o ano 1500 pola costa de Labrador e o sueste de Terra Nova.[15]

Conquistas castelás editar

O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban os diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave no imperio azteca, civilización que caeu ante Cortés en 1521. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polos tlaxcaltecas, os cales convertéronse en aliados de Hernán Cortés. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.[16]

Os maias, outro pobo indíxena que poboaba a península do Iucatán, non foron capaces de ofrecer unha resistencia efectiva aos casteláns. Aínda que un elevado número de amerindios de México e da América Central foron exterminados durante a conquista e o dominio castelán ou se mesturaron cos conquistadores, o feito é que os maias e outros pobos indíxenas puideron sobrevivir ata os nosos días. Os descendentes desta mestizaxe constitúen a maioría da poboación actual desta parte do subcontinente.[17] Hernán Cortés chegou á Baixa California en 1536[18] as expedicións máis importantes durante a primeira parte do século xvi foron as de Pánfilo de Narváez e Álvar Núñez Cabeza de Vaca, os cales exploraron parte de Florida, as costas setentrionais e orientais do golfo de México, e parte do norte de México entre 1528 e 1536.[19][20] Hernando de Soto chegou ao río Mississippi en 1541,[21] i Francisco Vázquez de Coronado explorou extensas áreas do sueste dos Estados Unidos entre 1540 e 1542.[22] o asentamento permanente europeo máis antigo nos Estados Unidos é San Agustín (Florida), o cal foi fundado en 1565 polo asturiano Pedro Menéndez de Avilés.[23]

Antes de 1600, os casteláns dominaran os pobos indíxenas das illas máis grandes das Antillas, de Florida e do sur de México. Por motivos administrativos, as colonias creadas pola Coroa de Castela na área de México agrupáronse no vicerreinado de Nova España. Logo de consolidar o seu control sobre Nova España, as autoridades castelás avanzaron gradualmente cara ao norte, completaron a conquista de México e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son os Estados Unidos de América. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuais Texas e Novo México nos Estados Unidos.[24]

A colonización francesa e inglesa editar

 
Arribada de Samuel de Champlain a Quebec no ano 1608.
 
Reprodución do Mayflower: barco que no 1620 levou 102 emigrates inglesés a Nova Inglaterra para fundar a colonia de Plymouth en Massachusetts, Estados Unidos

Mentres Castela consolidaba a súa posición na América do Norte meridional, Francia e Inglaterra exploraron e colonizaron o subcontinente desde o Canadá cara ao sur. En xeral, Inglaterra e Castela eran aliados en política internacional durante a primeira metade do século xvi, polo que os ingleses non intentaron competir con Castela en Norteamérica. Francia (o principal rival de Castela pola hexemonía en Europa) entrou na carreira colonial con algún atraso, con todo, as súas adquisicións no Novo Mundo foron importantes. Así, en 1524, o navegante florentino Giovanni da Verrazzano, ao servizo de Francia, percorreu a costa norteamericana desde o cabo Fear, ao norte, ata o punto no que normalmente se identifica como Illa de Cabo Bretón. No curso desta viaxe explorou as baías de Narragansett e Nova York.[25] Pola súa banda, o francés Jacques Cartier realizou tres viaxes entre 1534 e 1542, e explorou a costa que hai entre o Golfo de San Lourenzo, o río San Lourenzo e un asentamento de pobos amerindios onde máis tarde se situaria Montreal.[26][27] Francia reivindicou a parte setentrional de América do Norte a partir de todas estas expedicións pero, debido á crise provocada en Francia pola Reforma protestante, os franceses estiveron obrigados a suspender a actividade colonial durante máis de medio século. Con todo, desde 1599, estableceu postos de comercio de peles ao longo do río San Lourenzo e, posteriormente, numerosos sacerdotes xesuítas franceses chegaron a estas rexións. Entre os máis destacados destes exploradores atópase Samuel de Champlain (o cal fundou Quebec en 1608 e explorou o territorio onde hoxe se atopa Nova York),[28] o misioneiro xesuíta Jacques Marquette e o navegante Louis Jolliet, os cales percorreron xuntos a parte superior do río Mississippi e baixaron cara ao sur ata a rexión que hoxe en día ocupa Arcansas.[29][30] O 1682, un dos máis destacados pioneiros de Norteamérica Robert Cavalier e o seu socio, o italiano Henri de Tonty, percorreron o Mississippi dende a súa unión co río Ohio ata o golfo de México, e reclamaron todos os territorios bañados por aquel río para Lois XIV de Francia.[31][32] É na súa honra que bautizaron estas terras co nome de Luisiana.[33]

A coroa inglesa reclamou os seus dereitos sobre Norteamérica baseándose na viaxe de Giovanni Caboto entre 1497 e 1498, pero durante case un século non fixo ningún intento de colonización. A primeira colonia inglesa en América do Norte foi fundada en 1583 preto da actual cidade de Saint John's (Terra Nova) polo navegante e soldado Humphrey Gilbert,[34] pero os colonizadores volveron a Inglaterra ese mesmo ano. Noutras dúas ocasións (nos anos 1585 e 1587) Walter Raleigh intentou establecer unha colonia na illa de Roanake (Carolina do Sur) pero, cando os exploradores ingleses visitaron Roanoke en 1591 non encontraron rastro dos colonos.[35] Non foi ata o ano 1607 en que se fundou a primeira colonia inglesa permanente en América do Norte, a de Jamestown, Virxinia.[36] Máis tarde foi creada en 1620 a colonia de Plymouth, á beira da baía do Cabo Cod,[37] e a colonia da baía de Massachusetts estableceuse entre os anos 1628 e 1630.[38] Despois de 1630, os ingleses colonizaron sistematicamente todo o litoral atlántico entre Acadia (unha antiga colonia francesa) e Florida. O 1664 anexionáronse a colonia holandesa de Nova Ámsterdan (fundada en 1624) e que rebautizaron como Nova York,[39] e os asentos xunto ao río Delaware que os holandeses arrebataran aos colonos suecos en 1655.[40]

A principios da década de 1690, a maior parte de América do Norte (dende o Canadá ata o golfo de México) estaba ocupada por Francia e Inglaterra . As colonias francesas estaban moi dispersas: os principais asentamentos atopábanse no Canadá e preto da desembocadura do río Mississippi, mentres que unha liña de postos comerciais e militares, situada ao longo dos cursos fluviais dos ríos Ohio e Mississippi, conectaba ambas as rexións.[41] As posesións inglesas consistían en doce colonias que se estendían polo litoral atlántico. A décimo terceira, Xeorxia, foi incorporada o 1732.[42]

Guerra e revolución editar

Como consecuencia dos seus intentos de expansión cara ao oeste, máis aló das montañas Allegheny, os ingleses entraron finalmente en conflito cos franceses no val do río Ohio. En 1689, as dúas potencias comezaron unha loita pola supremacía militar e colonial. En América do Norte, o conflito desenvolveuse en catro fases sucesivas:

Os reveses sufridos durante a mencionada guerra e a súa extensión a Europa (a guerra dos Sete Anos) obrigaron aos franceses a capitular. Segundo os Tratados de París de 1763, Francia foi obrigada a ceder á Gran Bretaña todas as súas posesións do Canadá e tamén a parte da Louisiana ao leste do río Mississippi.[43] Previamente, Francia cedera a España (aliado seu) Nova Orleáns e todo o territorio francés ao oeste do Mississippi.[44]

O feito máis destacado sucedido entre 1763 e 1783 no subcontinente foi o conflito económico, político e militar entre o Reino de Gran Bretaña e as súas trece colonias situadas no litoral atlántico ao sur do Canadá. Coñecida como a guerra de Independencia dos Estados Unidos, este conflito que durou entre 1775 e 1782 provocou o nacemento dos Estados Unidos de América.[45] O éxito independentista destas colonias tivo moi pronto repercusións nas colonias españolas de América. Así, inspiradas pola vitoria estadounidense e tamén polo resultado da revolución francesa (1789-1799), aproveitaron que España viuse envolvida nas guerras napoleónicas (1799-1815) para comezar a súa loita pola independencia en 1810. México rebelouse contra España ese mesmo ano, pero a consecución da súa independencia non tivo lugar ata o 1821, cando o representante da Coroa española , o vicerrei Juan O'Donojú, recoñeceu a independencia de México.[46] A finais do século xix e principios do xx, o Canadá tamén obtivo un grao total de autonomía da Gran Bretaña.[47]

Expansión dos Estados Unidos editar

Outros eventos marcaron a historia de América do Norte durante os séculos XIX e XX, e ocasionaron que a importancia dos Estados Unidos se incrementase como resultado do crecemento sen precedentes da súa poboación e da explotación da riqueza das súas terras, do aumento do seu territorio, así como a resolución de moitos problemas económicos e políticos internos (como a escravitude[48] e a unidade do novo país) e a súa aparición a finais do século XIX como potencia mundial.[49]

 
Custer

A expansión territorial dos Estados Unidos estivo marcada por unha serie de guerras contra os pobos amerindios, os que se resistían á invasión das súas terras.[50]

Entre o 1832 (cando o xefe amerindio Falcón Negro iniciou unha guerra na defensa das terras situadas ao leste do río Mississippi) e o 1877 (cando o pobo nez perce de Oregón foi derrotado)[51] os pobos amerindios das Grandes Planicies, no suroeste, e das Montañas Rochosas loitaron contra case todos os movementos migratorios dos colonos de orixe europea cara ao oeste. Gran parte da oposición armada á autoridade dos Estados Unidos orixinouse entre os síux e chegou ao seu punto culminante na batalla de Little Bighorn (25 de xuño de 1876) que tivo lugar no territorio da actual Montana. Nesta batalla unha gran forza de síux e cheyennes do norte aniquilaron un destacamento do VII Rexemento de Cabalaría dos Estados Unidos dirixido polo tenente coronel George Armstrong Custer.[52] Ao final, con todo, non só foron os conflitos armados os que dominaron estes pobos, senón a asimilación pola forza e a expropiación das súas terras por medio dos tratados e a lexislación.

Ademais da apropiación do territorio indio durante os séculos XIX e XX, os Estados Unidos anexionaron outras rexións de América do Norte: Alasca (adquirida a Rusia en 1867 por 7 millóns de dólares), Porto Rico (gañado a España en 1898 logo da guerra hispano-estadounidense), a zona da canle de Panamá (tomada en 1903 e devolta a Panamá en 1979) e as illas Virxes Americanas (compradas a Dinamarca en 1917 por 25 millóns de dólares).

A época do desenvolvemento editar

Os Estados Unidos exerceron ao longo dos últimos séculos un papel hexemónico no continente, que comezou en 1823 coa doutrina Monroe (proclamación feita polo presidente James Monroe pola que os Estados Unidos non permitirían que as potencias europeas controlasen máis territorios americanos dos que xa foran propietarios naquela época).[53] Esta doutrina conduciu a unha política imperialista, en especial na América Central e no Caribe. O único conflito internacional serio foi a guerra entre México e os Estados Unidos (1846 - 1848) que provocou a perda por parte mexicana de Texas , Novo México e California mediante o Tratado de Guadalupe Hidalgo.[54] Durante o século XX, a tendencia ás boas relacións entre os diferentes estados americanos tomou forma en 1910 co estabelecemento da Unión Panamericana.

Unha das máis importantes demostracións da solidariedade entre os estados do hemisferio occidental tivo lugar durante a Conferencia de Defensa Interamericana do ano 1947, o cal promulgou o Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca tamén chamado Tratado de Río, asinado polos Estados Unidos, México e outros dezasete estados de Centroamérica e América do Sur . O tratado estabelece a solución pacífica dos desacordos entre os estados americanos, do mesmo xeito que a unión defensiva contra agresións na rexión que se estende desde o mar de Bering ata o Polo Sur.[55] En 1948 naceu o Organización dos Estados Americanos (OEA) para executar o Tratado de Río e como sistema de seguridade colectivo.[56]

As serias disensións internas en México, ocorridas entre 1910 e 1920,[57] e a nacionalización do petróleo en 1938 dificultaron as relacións entre este país os Estados Unidos e o Canadá durante a primeira metade do século XX.[58] Con todo, máis recentemente estas relacións volvéronse máis amigables, como evidencia a firma do Tratado de libre comercio de América do Norte (TLCAN) o 1992 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994.[59]

Xeografía física editar

 
Placas tectónicas da Terra (a de América do Norte é de cor marrón).

América do Norte sitúase na rexión superior do continente americano, conectado co subcontinente suramericano por medio da rexión centroamericana, máis especificamente, polo istmo de Panamá. América do Norte comeza, segundo a maioría das autoridades académicas, no istmo de Tehuantepec (no sueste de México), e esténdese cara ao norte ata a rexión ártica canadense e de Alasca. Todo o subcontinente pertence á placa norteamericana (incluíndo o istmo de Tehuantepec, pero, excluíndo algunhas rexións de California e Baixa California que pertencen á placa do Pacífico e outras rexións da Baixa California Sur e do leste de México que pertencen á placa de Cocos.[60] Atópanse numerosas illas, principalmente as illas do arquipélago Ártico, o arquipélago Alexander, e as illas Aleutianas. Groenlandia, a illa danesa autónoma, é localizada sobre a placa tectónica norteamericana, e xa que logo, considérase, xeograficamente, como parte do subcontinente norteamericano. As Bermudas, pola contra, non se atopan sobre esta placa, senón que son illas oceánicas sobre a dorsal Atlántica.

A vexetación e o clima en América do Norte son moi variados. Ao norte atópase a tundra ártica (por exemplo, en Groenlandia, ou Yukón), pero tamén hai unha gran variedade de bosque (por exemplo, as montañas Rochosas, os Apalaches, Serra Nai Occidental, Serra Nai Oriental, Serra Nai do Sur, Serra Nai de Chiapas), desertos (Pinacate, Zona do Silencio), chairas (as Grandes Chairas dos Estados Unidos, Comarca Lagunera), mangleirais (por exemplo, na Luisiana e Tabasco) etcétera. Xeralmente, a vexetación asociada a eles é a típica da ecozona holártica, ao norte, e da ecozona neotropical, no sur. A fronteira entre ambas sitúase en torno aos 40 ° N.

Medidas editar

  • Área: 23 477 000 km²
  • Anchura máxima: 6 437,3 km
  • Lonxitude de costa: 154 497 km
  • Punto máis alto: Mt. McKinley (Alasca), 6 194 m
  • Punto máis baixo: Val da Morte (Death Valley, EUA), -86 m

Países independentes editar

 
Catedral da Cidade de México
 
Mapa político de América do Norte.

Como resultado da evolución histórica, a estrutura norteamericana conta actualmente por tres estados independentes e tres dependencias europeas:

Países
Area
(km²)
Poboación
ata xaneiro 2009
Densidade
de poboación
(por km²)
Capital
  Canadá 9,985,700 33,311,389 3.0 Otava
  Estados Unidos 9,630,100 306,050,595 25.0 Washington DC
  México 2,100,380 109,955,400 20.0 Cidade de México
Dependencias
  Bermudas 55 60,000 1,233.33 Hamilton
  Groenlandia 2,380,100 50,000 0.026 Nuuk
  Saint-Pierre-et-Miquelon 245 7,000 29 Saint-Pierre-et-Miquelon

Demografía editar

Linguas editar

 
A ponte de terra de Berinxia entre o ano 21000 a.C. e o tempo presente

Aínda que se perderon un gran número de linguas indíxenas desde a conquista europea, aínda se falan máis de 250 linguas autóctonas (pertencentes a máis de 40 familias lingüísticas distintas), principalmente en México e os Estados Unidos. En México, recoñécense unhas 60 linguas indíxenas que están recoñecidas como linguas nacionais cooficiais. Nos Estados Unidos e o Canadá, as linguas indíxenas non teñen recoñecemento oficial, e a gran maioría delas son linguas ameazadas. En México as linguas indíxenas teñen recoñecemento oficial, e a secretaría de educación publica materiais escolares nalgunhas destas linguas.

En canto ás linguas alóctonas de América do Norte, o inglés, o francés e o español, teñen recoñecemento oficial. Ademais nos Estados Unidos existe un gran número de comunidades inmigrantes que seguen usando as súas linguas orixinarias.

Hoxe en día, as linguas máis estendidas en América do Norte son o inglés, o español e o francés. O termo Angloamérica é usado algunhas veces para referirse aos países anglófonos de todo o continente americano. O termo América Latina refírese á zona de América onde as linguas romances (derivadas do latín) predominan. Ambos termos poden ser empregados para o subcontinente norteamericano.

  • A lingua inglesa, aínda que non é oficial, é a lingua común de Estados Unidos. É a lingua maioritaria das dúas linguas cooficiais no Canadá. Tamén é a lingua oficial nas illas Bermudas, que son unha dependencia británica.
  • A lingua castelá, aínda que non é oficial, é a lingua nacional[61] de México segundo a Ley General de los Derechos Lingüísticos dese país e é a segunda lingua máis falada nos Estados Unidos. México ten a maior poboación de hispanoparlantes no mundo e os Estados Unidos o segundo.[62][63][64][65][66][67]
  • A lingua francesa historicamente xogou un papel importante en América do Norte e mantense presente en varias rexións. No Canadá é a lingua oficial máis falada da provincia do Quebec, ademais de ser unha das dúas oficiais na provincia de Novo Brunswick. Fronte á costa de Terra Nova, as illas de Saint-Pierre-et-Miquelon son dependencias francesas, e no estado da Luisiana (ao sur dos Estados Unidos) quedan pequenas comunidades bilingües (francés e inglés).
  • A lingua groenlandesa desde xuño de 2009 é a única lingua oficial de Groenlandia, un país autónomo do Reino de Dinamarca, ademais de ser a lingua máis falada dese territorio. A lingua danesa, sen ser oficial, é usada en asuntos administrativos e por unha minoría europea.

Relixión editar

O cristianismo é a relixión máis importante de América do Norte: a gran maioría dos mexicanos, preto dun 45% dos canadenses e un 26% dos estadounidenses profesan o catolicismo; aproximadamente o 28% dos canadenses son protestantes e cerca do 11% son anglicanos. Nos Estados Unidos os protestantes supoñen o 60% da poboación.[68] No Canadá, nos Estados Unidos e, en menor medida, en México tamén hai minorías relixiosas budistas, xudías, islámicas, mormóns, cristiás ortodoxas e confucianistas.[69]

Economía editar

As actividades económicas de América do Norte son extraordinariamente diversas. Os Estados Unidos e o Canadá presentan unha economía moderna e sofisticada. A modernización foi desigual en México, onde a inflación crónica e o enorme peso da débeda externa dificultan o desenvolvemento da enerxía, o transporte e a industria.[70]

Norteamérica, excepto Groenlandia e as dependencias británicas e francesas, está integrada comercialmente na Área de Libre Comercio de América do Norte coñecida como NAFTA, o bloque comercial maior do planeta. Desde marzo de 2005, a rexión está unida tamén baixo a Alianza para a Seguridade e a Prosperidade de América do Norte.[71]

Agricultura editar

 
Tenda en Chinatown (Nova York)

A agricultura é relativamente máis importante en México que nos demais países de América do Norte e, segundo datos do ano 2003, proporcionaba emprego a máis do 25% da man de obra (fronte ao 3% dos Estados Unidos e o Canadá).[72] A agricultura de subsistencia é importante en todo México, especialmente no sur, con todo, a agricultura comercial desenvolveuse adecuadamente en moitas áreas, sobre todo na chaira central e o norte do país. Os principais cultivos son o millo, o sorgo, o trigo e os feixóns (destinados todos eles, na súa maior parte, o consumo doméstico), e o algodón, o café e a cana de azucre, cultivados principalmente para o exportación. Tamén produce importantes cantidades de froitas (como laranxa, manga, limón, lima, sandía, uva e papaia, entre outros), e desenvolve unha notable actividade gandeira (vacún).[73][74][75]

A agricultura nos Estados Unidos e no Canadá está dominada por granxas moi mecanizadas, as cales producen inmensas cantidades de cultivos e produtos gandeiros. As Grandes Chairas do centro dos Estados Unidos e de parte do Canadá (Alberta, Manitoba e Saskatchewan) son importantes produtoras mundiais de cereais (en especial trigo, pero tamén cebada, avea, centeo e sorgo), sementes oleaxinosas e gando ( vacún, destinado á industria láctea e de carne, e la). Outra zona agrícola importante é o cinto do millo (Corn Belt en inglés) que se atopa desde o oeste de Ohio ata o leste de Nebrasca) e que produce as maiores colleitas mundiais de millo, ademais de importantes cantidades doutros cereais, xermolos de soia, gando vacún e porcino. A agricultura en California produce unha enorme cantidade de cultivos de regadío de gran valor, especialmente froitas e hortalizas. Florida e Texas tamén son grandes produtores de froitas e hortalizas, mentres que os estados de Idaho, Washington, Oregón, Maine, Dacota do Norte e o sueste do Canadá o cultivo de patacas. Outros produtos agropecuarios relevantes son o algodón, as aves, os produtos lácteos e a cana de azucre.[76][77]

Silvicultura e pesca editar

 
Acta da Declaración de Independencia de John Trumbull depositado no Capitolio dos Estados Unidos.
 
Campo de batalla de Wounded Knee despois do masacre de 1890.

A silvicultura é un subsector importante da economía canadense, especialmente na Columbia Británica, Ontario e Quebec.[78] Tamén hai industrias de produtos forestais nos estados do oeste (especialmente en Washington, Oregón e California) e do sueste dos Estados Unidos.[79][80][81]

A pesca é a principal actividade económica de Groenlandia, pero é pouco importante no Canadá, nos Estados Unidos e México, a pesar de que as capturas son elevadas e que algunhas áreas costeiras dependen dos ingresos resultantes das vendas de peixe e marisco. Ademais das augas que bañan Groenlandia, os principais caladoiros de pesca atópanse preto das costas setentrionais do Pacífico e do Atlántico, as costas do Atlántico meridional e o golfo de México.[82] Ademais, grandes frotas dedicadas á pesca do atún teñen as súas bases no sur de California e ao oeste de México.[83]

Minería editar

A extracción de minerais é unha actividade económica que reporta cada vez máis importancia nos Estados Unidos, Canadá e México.[84] Estados Unidos foi un dos principais produtores mundiais de petróleo durante moitos anos,[85] Canadá foi un importante produtor desde finais da década de 1940[86] e México converteuse nun dos principais países na produción mundial de petróleo a finais da década de 1970.[87] Os Estados Unidos ocupa o segundo lugar entre os produtores de gas natural do mundo e é tamén un dos primeiros países produtores de carbón, extraído todo nos vastos xacementos dos Apalaches. O mineral de ferro é desde hai tempo importante nos Estados Unidos e o Canadá, obtido sobre todo dos xacementos situados ao redor do extremo occidental do lago Superior. Recentemente extraéronse grandes cantidades deste mineral na área fronteiriza entre as provincias de Quebec, Terra Nova e Labrador, ao leste do Canadá. Entre os minerais que se explotaron en considerables proporcións atópanse o cobre, a prata, o chumbo, o cinc, o níquel, o xofre, o asbesto, o uranio, os fosfatos e o potasio.[88]

Industria editar

A industria foi desde hai moito tempo o principal sector económico dos Estados Unidos. A concentración de fábricas está situada nas áreas urbanas do cinto industrial que se estende desde Boston a Chicago. Con todo, desde a década de 1950 as manufacturas expandíronse considerablemente noutras partes do país, especialmente nas grandes cidades de California e os estados do sueste. A produción está moi diversificada, con énfase nos metais primarios e elaborados, o procesamento de alimentos, a maquinaria, o equipo electrónico e aerospacial, os vehículos de motor, os produtos químicos e téxtis, a confección, o papel e o material impreso.[89]

A industria tamén é unha importante actividade económica no Canadá. As fábricas céntranse nas cidades de Ontario, o Quebec, a Columbia Británica e Alberta, pero, sen dúbida, Toronto e Montreal constitúen os principais núcleos industriais. As empresas canadenses elaboran unha gran variedade de produtos, especialmente alimentos procesados e bebidas, equipamento para transporte, papel e outros produtos derivados da actividade forestal, metais primarios e fabricados, produtos químicos e equipamento eléctrico e electrónico.[90]

A industria converteuse progresivamente unha parte importante da economía mexicana desde a década de 1940. A industria pesada, coa siderurxia e a eléctrica, ten unha longa tradición en México. Dentro da industria manufactureira destacan os produtos químicos, a roupa e o calzado, os alimentos procesados, os vehículos de motor e os seus repostos, os materiais de construción, e os equipamentos eléctricos e electrónicos. As empresas maquiladoras, establecidas preto da fronteira cos Estados Unidos, dedícanse á ensamblaxe de produtos para a importación a ese país. A Cidade de México é, con diferenza, o seu principal centro industrial, pero algunhas outras cidades (como Monterrey e Guadalaxara) contan con importantes concentracións fabrís.[91]

Enerxía editar

América do Norte consome grandes cantidades de enerxía. En canto ao Canadá, este país ten unha maior dependencia da hidroeléctrica ca os Estados Unidos de América e México, mais tamén usa altas cantidades de petróleo e gas natural.[92] O gran consumo de enerxía dos Estados Unidos require grandes importacións de petróleo e gas natural, destinadas a complementar a considerable produción interna de carbón, petróleo, gas natural e enerxía hidroeléctrica e nuclear.[93] A produción de enerxía de México aumentou de modo significativo nos anos setenta e principios de 1980, favorecida por un aumento na demanda interna e externa de petróleo e de gas natural. En 2008, México foi o sétimo maior produtor de petróleo de todo o planeta e o terceiro de toda América.[94]

Poboación editar

 
Dona esquimó de Alasca (circa 1907)
 
Amerindio norteamericano (circa 1890)

América do Norte tivo unha poboación dispersa ata épocas relativamente recentes. Coa importante excepción dos habitantes da zona central de México (as mesetas e os vales que rodean o actual Cidade de México), os pobos indíxenas do subcontinente vivían diseminados xeograficamente e posuían unha gran diversidade cultural. Os asentamentos europeos no subcontinente iniciaron un cambio case total na súa xeografía humana, xa que os europeos minguaron e desprazaron os pobos indíxenas, a forma de vida destes sufriu grandes alteracións. A maioría da poboación actual de América do Norte é de ascendencia europea, pero tamén engloba outros grupos significativos tales como mestizos e negros así como existen importantes minorías de amerindios e de persoas provenientes de Asia.

Nel sitúase a segunda illa meirande do mundo (Groenlandia), e tamén medran as árbores máis altas do mundo (sequoias) que chegan ata os 83 metros de altura con diámetros de ata 9 metros. É o subcontinente con maior consumo enerxético e a rede de transportes e comunicacións máis densa do mundo. Inclúe a maior vía acuática de comunicación (golfo de México -> río Mississippi -> Grandes Lagos -> Canle de San Lourenzo -> Atlántico Norte).

Xeoloxía editar

A masa está asentada sobre a Placa de Norteamérica. Comprendendo o Escudo Canadense. A masa desprendeuse de Europa e de África do norte a finais da era precámbrica, hai 570 millóns de anos.

Notas editar

  1. Encyclopædia Britannica (ed.). "North America" (en inglés). Consultado o 30/05/2015. 
  2. Departamento de montes (ed.). "Capítulo 34. América del Norte (excepto a México)". Evaluación de los recursos forestales mundiales 2000 (PDF) (en castelán). FAO forestal. ISSN 1014-2886. Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  3. The Naming of America: Fragments We've Shored Against Ourselves Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. The Naming of America (en inglés)
  5. El nom d'Amèrica
  6. Prehistoric Beringia - A Beginner's Guide to the Homeland of the Peoples of the Americas Arquivado 25 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  7. Linguists demonstrate Siberian-North American link (en inglés)
  8. The Canadian Encyclopedia Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  9. Leif Ericson - Columbus 'Predecesor by Nearly 500 Years (en inglés)
  10. UNESCO (en inglés)
  11. "Anthropology: Kennewick Man's Contemporaries". Science (en inglés). abril 1998. Consultado o 19/07/2014. 
  12. Science Daily, ed. (abril 2006). "Kennewick Man Skeletal Find May Revolutionalize Continent's History" (en inglés). Consultado o 19/07/2014. 
  13. John McIntosh: The discovery of America by Christopher Columbus: and the origin of the North American Indians. Editado por W. J. Coates. Orixinal do ano 1836 da Universidade de Míchigan. Dixitalizado o 1 de xullo de 2005. 152 páxinas.
  14. Samuel Eliot Morison: The European Discovery of America. The Northern Voyages A.D. 500-1600. Nova York: Oxford University Press (1971).
  15. Gaspar Corte Real: Explorer (en inglés)
  16. Laura Matthew i Michel R. Oudijk: Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica. Editado pola Universidade de Oklahoma Press, 2007. ISBN 0-8061-3854-8.
  17. David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US, 1993. ISBN 0-19-508557-4
  18. Biografía de Hernán Cortés (en castellà)
  19. Panfilo de Narvaez: Explorer (en inglés)
  20. Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Explorer (en inglés)
  21. Hernando De Soto: Explorer (en inglés)
  22. Francisco Vasquez de Coronado: Explorer and Conquistador (en inglés)
  23. www.enchantedlearning.com (en inglés)
  24. Gerhard, Peter. 2000: Geografía histórica de la Nueva España, 1519 - 1821. Cidade de México: Universidad Nacional Autónoma de México.
  25. Richard E. Bohlander (editor): World Explorers and Discoverers. Nova York et al.: Macmillan publishing co. (1992).
  26. Simon Dresner: Rivers of Destiny. Aldus Books Limited, Londres, 1971.
  27. Richard E. Bohlander (editor): World Explorers and Discoverers. Macmillan publishing company, Nova York et al., 1992.
  28. www.blupete.com (en inglés)
  29. www.library.thinkquest.org Arquivado 14 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  30. ThinkQuest Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  31. René-Robert Cavelier, Sieur de La Salle: North American Explorer (en inglés)
  32. The Canadian Encyclopedia Arquivado 06 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  33. BabyNames (en inglés)
  34. Sir Humphrey Gilbert: Explorer (en inglés)
  35. First English Settlement in the New World Arquivado 24 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  36. Jamestown Settlement (en inglés)
  37. 1620 - 1692 Arquivado 26 de abril de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
  38. Massachusetts Colony Arquivado 06 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  39. The Capture of New Amsterdam (en inglés)
  40. State of Delaware (A brief history) Arquivado 02 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  41. The French Founders of North America and Their Heritage, Sabra Holbrook, Atheneum, Nova York, 1976. ISBN 0-689-30490-0.
  42. The Colony of Georgia Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  43. Seymour I. Schwartz: The French and Indian War. 1754 - 1763. The Imperial Struggle for North America. Edison, Nova Jersey, 1999.
  44. AbsoluteAstronomy.com (en inglés)
  45. American War of Independence (1775 - 1782) (en inglés)
  46. "La Independencia de México (1810 - 1821)". México desconocido (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  47. Canadian Autonomy - Government Essay Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  48. African American World (en inglés)
  49. The United States Becomes a World Power Digital History (en inglés)
  50. Indian Wars and Westward Expansion Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  51. www.mnsu.edu Arquivado 04 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  52. The Wounded Knee Massacre (en inglés)
  53. www.u-s-history.com (en inglés)
  54. The U.S.-Mexican War (en inglés)
  55. Salas Elgart, Pedro Félix: El Tratado Interamericano de Asistencia Reciproca de Rio de Janeiro, 1947. Editado pola Editorial Jurídica de Chile, 1962. 291 páxinas.
  56. Nuestra Historia (en castelán)
  57. The United States and the Mexican Revolution: “A Danger for All Latin American Countries,” Letters from Venustiano Carranza (en inglés) e (en castelán)
  58. U.S. Library of Congress (en inglés)
  59. 1994 – North American Free Trade Agreement (NAFTA): Creating the World's Largest Free Trade Area Arquivado 02 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
  60. Cox, Allan i Robert Brian Hart: Plate tectonics: How it works. Editat per Wiley-Blackwell, 1986. ISBN 0-86542-313-X.
  61. "cddhcu" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2006. Consultado o 30 de maio de 2015. 
  62. "census.gov". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de maio de 2015. 
  63. "Univisión". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 30 de maio de 2015. 
  64. Table 4: Estimates of the Population by Race and Hispanic Origin for the United States and States: July 1, 2007 Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Oficina del Censo de los Estados Unidos. Consultado el 01-05-2008. CNN en español Arquivado 31 de maio de 2015 en Wayback Machine.
  65. Percent of People 5 Years and Over Who Speak Spanish at Home: 2007 U.S. Census Bureau 2007 American Community Survey. Arquivado 12 de febreiro de 2020 en Archive.is Consultado el 31 de diciembre de 2007.
  66. Según el estudio de Demografía de la lengua española Arquivado 12 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en la página 33), con datos de la Oficina de Censos de Estados Unidos, en el año 2005 había 42,71 millones de «hispanos», de los que el 85 % hablaban español como lengua materna (36,31 millones). Si en 2007 la población hispana es de 45,50 millones, el 85 % son 38,68 millones
  67. I Acta Internacional de la Lengua Española Arquivado 26 de maio de 2008 en Wayback Machine., elcastellano.org Arquivado 24 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. .
  68. North American Religion Atlas Arquivado 23 de xuño de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  69. North American Religions Arquivado 22 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  70. EconomyWatch (en anglès)
  71. Security and Prosperity Partnership Of North America Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en anglès)
  72. Agriculture and Trade in North America Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  73. EconomyWatch Arquivado 25 de xullo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés))
  74. U.S. Library of Congress (en inglés)
  75. Encyclopedia of the Nations (en inglés)
  76. Canada - Agricultural Census 2001 (en inglés)
  77. Major Crops Grown in the United States (en inglés)
  78. Canadian Forests Website (en inglés)
  79. www.wa.gov Arquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
  80. www.oregon.gov (en inglés)
  81. National Forests in California (en inglés)
  82. United States Protects America's Arctic from Industrial Fishing Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
  83. Tuna need revives Pacific fishing areas Arquivado 22 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  84. International Energy Agency (iae) (ed.). "Resources to Reserves 2013" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2019. Consultado o 26 de novembro do 2017. Tecnoloxías do petróleo, gas e carbón para os mercados enerxéticos do futuro 
  85. Harold F. Williamson e outros (1963)). The American Petroleum Industry, 1899-1959, the Age of Energy. Evanston, Illinois: Northwestern Univ. Press. 
  86. W.A. Ver Wiebe (1950)). North American and Middle Eastern Oil Fields. Wichita (Kansas). 
  87. An Update on Mexico's Oil Production--The Rapid Collapse of Cantarell by the Numbers (en inglés)
  88. Mining North America: An Environmental History since 1522 (en inglés)
  89. Encyclopedia of the Nations (en inglés)
  90. Canadian Industry Profiles (en anglès)
  91. Encyclopedia of the Nations (en inglés)
  92. Hydropower in Canada: Approaching a New Century Arquivado 29 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en anglès)
  93. Official Energy Statistics from the U.S. Government (en inglés)
  94. Energy Information Administration Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar