Agricultura de subsistencia

A agricultura de subsistencia é un tipo de agricultura na que os produtos colleitados que produce a terra están destinados soamente ao consumo da familia que os traballa. A agricultura de subsistencia non procura o beneficio económico que resulta da comercialización dos produtos da terra, senón que o obxectivo é o autoconsumo e a autosuficiencia alimentaria.[1].

A agricultura itinerante é un tipo de agricultura de subsistencia. Os agricultores primeiro talan os matos e árbores, e posteriormente queiman a terra, empregando a cinza resultante coma fertilizante. Os campos son produtivos durante varios anos, e cando se esgotan os agricultores mudan de sitio e repiten o mesmo proceso. Na foto, terra queimada para a agricultura itinerante na rexión de Kampa, en Riau.

Os terreos adicados á agricultura de subsistencia adoitan ser de poucas hectáreas, e o volume de produción é escaso. A man de obra case sempre é a familia posuidora das terras, e os recursos agrarios son limitados, isto é, apenas se emprega maquinaria nin utensilios agrarios industriais.

A agricultura de subsistencia, que hoxe existe máis comunmente en áreas de África subsahariana, sueste asiático e partes de América do Sur e Central, é unha extensión do forraxeo primitivo practicado polas primeiras civilizacións. Historicamente, a maioría dos primeiros agricultores dedicáronse a algún tipo de agricultura de subsistencia para sobrevivir. Dentro das primeiras comunidades forraxeiras, como as sociedades de cazadores-recolectores, as pequenas comunidades só consumían o cazado ou recollido polos membros da comunidade. A medida que a domesticación de certas plantas e animais evolucionou, desenvolveuse unha sociedade agrícola de subsistencia máis avanzada na que as comunidades practicaban unha agricultura a pequena escala e de baixa intensidade para producir unha cantidade eficiente de bens para satisfacer as necesidades básicas de consumo da comunidade.[2]

Tipos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.