Guadalaxara, México
Coordenadas: 20°40′N 103°21′O / 20.667, -103.350
Guadalaxara[1], ou Guadalajara[2], é unha importante cidade de México, a segunda do país, capital do estado de Xalisco, no centro-leste do altiplano (a 1.589 m de altitude), e a uns 500 km ao leste do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.460.148 persoas (2015).
Guadalaxara, México | |||
---|---|---|---|
Guadalajara | |||
Diferentes vistas de edificios e lugares emblemáticos de Guadalaxara. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Xalisco | ||
Rexión | Centro | ||
Concello | Guadalakara | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1 566 msnm | ||
Superficie | 151 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1.460.148 hab. (2015) | ||
Densidade | 9644,31 hab/km² | ||
Xentilicio | Tapatío, guadalajarense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Enrique Alfaro Ramírez | ||
Páxina oficial de Guadalajara |
HistoriaEditar
Fundación colonial española entre 1529 e 1542 (houbo varios traslados por ataques indíxenas) por Cristóbal de Oñate, capitán de Nuño de Guzmán quen era orixinario de Guadalaxara en España. A súa planta reflicte a orixe colonial, en cuadrícula cunha praza maior onde se sitúan os edificios representativos do poder civil e relixioso.
Foi nomeada capital do reino de Nova Galicia no lugar da primitiva capital do reino que fora Compostela de Indias dentro do Vicerreinado de Nova España.
No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural, sendo a súa feira do libro a máis importante en lingua castelá.
NotasEditar
- ↑ Sanmartín Rei, Goretti, ed. (2012). Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |