Cinexética

práctica de perseguir un ser vivo como medio de alimentación, recreación ou comercio

A cinexética é a arte da caza,[1][2] entendendo por esta a actividade ou acción na que xeralmente se captura un mamífero ou ave (a captura de peixes é a pesca).

Escena de caza nun lateral do sepulcro de Fernán Peres de Andrade, O Boo, na igrexa de San Francisco de Betanzos.
Escena de caza nun capitel da igrexa de San Domingos, Pontevedra.
Monumento ao cazador en Toutón (Mondariz).

Historia editar

 
Caza na Antiga Grecia.
 
Caza do xabarín nun mosaico romano.
 
Azulexos representando a caza.

A especie humana practicou a caza desde a prehistoria, era a primeira e principal ocupación dos homes. Considérase que os primeiros grupos humanos utilizaron un sistema de caza, pesca e recolección o cal foi moi eficiente para garantir o poboamento do planeta. E aínda hoxe segue a ser parte da forma de sustento de moitos grupos humanos.[3]

O humano comezou a cazar para subsistir, e así segue sendo actualmente en moitas partes do mundo. A caza de subsistencia é aquela actividade que se realiza coa finalidade de obter proteína animal ou subprodutos de caza para satisfacer as necesidades propias dos grupos humanos ligados a zonas rurais onde a dispoñibilidade de especies cinexéticas é alta.

O exercicio da caza reflíctese en textos relixiosos e mitolóxicos.

Por exemplo, a Biblia di que Nemrod, neto de Noé, era cazador. Ismael, fillo de Abraham e da súa concubina exipcia Agar, distinguiuse neste exercicio. Esaú vendeu a súa herdanza a Xacob por un prato de lentellas ao chegar famento da caza. David foi cazador, etc.

A mitoloxía grega representa a Artemisa como a deusa dos cazadores. Quirón, que coidou da instrución da maior parte dos heroes da antigüidade, foi instruído por Artemisa na arte da montería. A mesma atribúe a Pólux a gloria de ter ensinado ou adestrado aos cans na caza; e Cástor introducíu os cabalos na caza dos cervos.

En Babilonia e Media tiñan tamén unha afección particular á caza e os últimos construíran grandes parques nos que tiñan encerrados leóns, xabaríns, leopardos e cervos. Na Grecia clásica dos tempos heroicos eran apaixonados tamén poa caza. Platón chamaba á caza «exercicio divino» e a escola das virtudes militares. Lemos en Homero que Ulises foi ferido na coxa por un xabarín cuxa sinal duroulle toda a vida. Teiñan unha certa vanagloria en posuír cans ben ensinados aos que lles daban nomes diferentes, distinguíndoos segundo o país de onde proviñan. Tampouco lles era descoñecida a caza de aves co falcón e o gabián.

No Imperio romano só os escravos e a xente de baixa condición social eran os que ían á caza, a pesar de que consideraron esta ocupación como un exercicio honesto. Paulo Emilio regalou a Escipión o Africano un equipo de caza semellante aos dos reis de Macedonia; e o xove heroe despois da derrota de Perseo cazou no reino deste príncipe durante todo o tempo que as súas tropas permaneceron nel. Pompeio, vencedor nas rexións africanas, entregouse entre estes pobos aos praceres da caza.

En Roma íase a cazar nos bosques, nos campos, etc. e, nos últimos tempos da República, nos soutos ou parques onde tiñan encerrados animais de todas as especies. A caza con cans parecuelles sempre a máis nobre; a pesar de que isto non impedía, como di Plinio o Vello, que cazasen tamén co falcón ou o gabián.

Os francos, despois da conquista das Galias encargaron aos locais o cultivo das terras e reservaron para eles a caza, que pasou a ser estes un exercicio nobre.

A caza era antigamente permitida a todo o mundo. Os romanos non formaran aínda dela un punto de xurisprudencia. Pero a lei Sálica contiña xa algúns regulamentos relativos á caza, pero non coartaba en nada o dereito natural desta. Pouco a pouco foron introducíndose leis e formando regulamentos para o exercicio dela, non permitindo en certos países o dedicarse a cazar senón á clase distinguida da sociedade.

Nos primeiros séculos do cristianismo o celo dos fieis no lles permitía ir a cazar durante a coresma e nos días de xaxún, aínda que se gardase este, destinando o tempo para exercicios de penitencia.

O instinto da caza ten orixe remota na evolución da raza. O instinto cazador e o de loita combínanse en moitas manifestacións. [...] Posto que o afán sanguinario dos seres humanos é unha parte primitiva de nós, resulta moi difícil erradicalo, sobre todo cando se promete como parte da diversión unha pelexa ou unha cacería.
William James (psicólogo), 1890

Tipos de caza editar

Distínguense comunmente dous tipos de caza:

O filósofo español José Ortega y Gasset deixou unha definición que se axusta ó que un bo cazador debe pensar: "A caza é todo o que se fai antes e despois da morte do animal: a morte é imprescindible para que exista a cacería".[4]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cinexética.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caza.
  3. "El origen de la caza" (en español). 4 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2022. 
  4. Álvarez Bustos, Pedro (2010): "Antes los pumas; ahora los jabalíes". Pregón Agropecuario, Huina Renancó, Córdoba: Sitio Argentino de Producción Animal. p. 1.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar

  • Manso Porto, Carmen: "Contribución al estudio de las representaciones de la caza del jabalí en Galicia. Iconografía de los capiteles de Santo Domingo de Pontevedra", en El Museo de Pontevedra XXXVII, 1986, 277-289.
  • Pedro Nuñez de Avendaño. Aviso de Caçadores y de Caça. Alcalá de Henares: Ioan de Brocar; 18 de dicembro de 1543.
  • Roberts, Neil (2004). "La transformación humana de la superficie terrestre". En Instituto Centro Americano de Prospectiva e Investigación. Espacio, tiempo y sociedades humanas. Estudios y Documentos. III (en español) 56. Guatemala: Ediciones ICAPI. pp. 7–24. OCLC 182624656. 
  • Crespo Guerrero, José Manuel (2013). La caza mayor en la provincia de Jaén (España) antes de la Ley 1/1970. Análisis territorial de un recurso natural. Tese de doutoramento (en español). Jaén: Universidad de Jaén. p. 954.