Apalaches

Os Apalaches (en inglés Appalachians) é un sistema montañoso de América do Norte que vai de Terranova e Labrador (Canadá) ata o centro de Alabama (Estados Unidos), aínda que a parte máis setentrional dos mesmos morre na península de Gaspé, en Quebec. Constitúen o elemento morfolóxico máis destacable da parte oriental de América do Norte.

Localización dos Montes Apalaches
Os Apalaches fotografados en Carolina do Norte

Trátanse de montañas antigas formadas no Paleozoico con relevos suavizados pola prolongada acción dos axentes esóxenos. O sistema divídese nunha serie de cordais, nas que a media de altura dos picos é 900 m. O cumio máis elevado é o Monte Mitchell, en Carolina do Norte que mide 2.040 metros e é o punto máis alto dos Estados Unidos ao leste do Mississippi e de todo o leste de Norteamérica.

Os montes Adirondac e o río Hudson dividen os Apalaches en Apalaches do Norte e Apalaches do Sur.