O río Hudson é un río de 506 km de lonxitude, que discorre principalmente polo estado de Nova York nos Estados Unidos de América, formando en parte a fronteira entre os estados de Nova York e de Nova Jersey. O nome do río provén de Henry Hudson, un inglés que navegaba por conta de Francia e de Holanda que explorou o río en 1609. Con todo o primeiro europeo en exploralo foi o italiano Giovanni da Verrazano en 1524, cuxa expedición foi financiada polos comerciantes florentinos de Lión e por Francisco I de Francia.

Modelo:Xeografía físicaRío Hudson
(mis) Ka’nón:no
(mis) Mahicannittuk Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
EpónimoHenry Hudson Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
División administrativaNova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBrooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónUpper New York Bay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 44°06′24″N 73°56′09″O / 44.1067, -73.9358
40°36′00″N 74°02′31″O / 40.6001, -74.042
Comparte fronteira conAlbany Editar o valor en Wikidata
Afluentes
28
Características
Dimensións492 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica34.600 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal210 m³/s Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

O nacemento oficial do río Hudson é o lago Tear of the Clouds (literalmente bágoa das nubes) nos montes Adirondacks. Con todo, o río que se deriva do lago é máis ben coñecido baixo os nomes de Feldspar Brook e logo de Opalescent River, ríos que se incorporan ao Hudson ao nivel da cidade de Tahawus. O verdadeiro río ten realmente o seu nacemento só uns quilómetros ao norte de Tahawus, á altura do lago Henderson. A confluencia do Hudson e do río Mowhawk, o seu principal afluente, está situada en Troy (no norte de Albany, a capital do estado de Nova York), no sur de Federal Dam (literalmente a presa federal) que fai de confluencia entre Upper Hudson River Valley e o Lower Hudson River Valley. A partir de Troy, o Hudson ensánchase aos poucos, ata desembocar no océano Atlántico, entre Manhattan, Staten Island e as costas de Nova Jersey na Upper Bay de Nova York.

Os neerlandeses chamaban antigamente ao Hudson Noort Rivier (río do Norte) por oposición ao Delaware, bautizado Zuide Rivier (río do Sur), nome que aínda se escoita ás veces en emisións de radio. O nome de Hudson River foi posto polos ingleses en honra de Henry Hudson, navegante británico que remontara e explorado o río por conta da Compañía Holandesa das Indias Orientais.

O río Hudson está considerado como un río, con todo, o Lower Hudson River Valley é en realidade un estuario mariño, dado que a influencia da marea chega ata a Federal Dam de Troy. Tendemos así a considerar sen razón ao Hudson como un dos ríos máis longos dos Estados Unidos, mentres que xeograficamente é de feito só un estuario na maior parte do seu percorrido. Este fenómeno explica o nome mohicano do río, Muh-hei-kun-ne-tuk, o que significa "o río que remonta as dúas beiras".

As súas fortes mareas fan que partes do porto de Nova York sexan difíciles e perigosas para a navegación; durante o inverno, bloques de xeo flotan polo curso do río, de norte a sur ou de sur a norte, dependendo das mareas. O caudal aproximado do río é da orde de 425 m³/s á altura de Troy, mentres que alcanza os 606 m³/s á altura de Nova York.

Ao río Hudson chámaselle ás veces o "Río alagado". En efecto, a subida do nivel das augas consecutiva á glaciación de Wisconsin, a glaciación máis recente, arrastrou unha incursión mariña que alagou certas chairas costeiras, e trouxo auga salgada ao nivel da desembocadura do río. O antigo leito do río está delimitado moi claramente baixo o océano Atlántico, estendéndose ata o bordo da plataforma continental. Ao norte, o Hudson está unido ao Lago Erie pola Canle Erie, que permite un enlace directo entre o océano Atlántico e os Grandes Lagos.

O Narrows

editar

Narrows é o estreito marítimo que separa as circunscricións de Brooklyn e de Staten Island, ao nivel da desembocadura do Hudson. Asegura a conexión entre a parte norte e a parte sur da baía de Nova York (New York Bay), e foi considerado desde hai tempo como o pórtico marítimo da cidade, constituíndo ao longo da Historia o principal acceso ao porto da cidade.

A formación do Narrows remóntase a preto de seis mil anos, na época da última glaciación. Antes, as illas de Staten Island e de Long Island estaban unidas, e impedían ao Hudson desembocar no océano Atlántico a través do estreito. O río desembocaba entón ao océano na baía de Raritan Bay, situada máis ao sur que Narrows, seguindo un traxecto situado máis ao oeste, no estado actual de Nova Jersey, ao longo dos volcáns Watchung.

Afluentes

editar
 
Imaxe da NASA do baixo Hudson

Relacionados de sur a norte pola localización da súa desembocadura:

  • Opalescent Brook
  • Cedar River
  • Indian River
  • Boreas River
  • Schroon River
  • Sacandaga River
  • Mill Creek
  • Battenkill River
  • Hoosic River
  • Mohawk River
  • Normans Kill
  • Catskill Creek
  • Esopus Creek
  • Rondout Creek
  • Roeliff-Jansen Kill
  • Crum Elbow Creek
  • Wappingers Creek
  • Fishkill Creek
  • Moodna Creek
  • Croton River
  • Pocantico River
  • Sparkill Creek
  • Wicker's Creek
  • Saw Mill River

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar