Long Island

Long Island é unha illa do estado de Nova York. A superficie da illa é de 3.567 km² (1.377 millas cadradas), e é a máis grande dos Estados Unidos continentais. Long Island alberga dous distritos da Cidade de Nova York, Brooklyn e Queens, na súa parte máis occidental. Na parte oposta están os condados de Nassau e Suffolk.

Long Island
Paumanok
Map of the Boroughs of New York City and the counties of Long Island.png
Map of Long Island NY.png
Mapa da illa de Long island
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoNova York Nova York
MarOcéano Atlántico
Coordenadas40°48′N 73°18′O / 40.800, -73.300Coordenadas: 40°48′N 73°18′O / 40.800, -73.300
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie3.630 km²
Longura máxima190 km.
Largura máxima32 km.
Punto máis alto122´2 m. Jayne's Hill (High Hill)
Demografía
CapitalBrooklyn
Poboación7.838.722 (2015)
Densidade2.160´28 hab./km²

Xeografía e climaEditar

 
Os condados de Long Island.

A illa está separada dos estados de Connecticut e Rhode Island pola canle de Long Island Sound. Ao sur limita coas baías de Great South Bay, South Oyster Bay, e Xamaica Bay, que son en realidade lagoas, e está protexida do Océano Atlántico por unha barreira de estreitas illas en cadea, a máis notable das cales sexa, posiblemente, Fire Island.

Ao oeste, Brooklyn e Queens están separadas de Manhattan e do Bronx polo East River, e de Staten Island e de Nova Jersey polas augas do Upper New York Bay, unha porción do New York Harbor.

Long Island pódese considerar a fronteira xeográfica entre o Océano Atlántico e Nova Inglaterra.

Long Island ten veráns quentes e húmidos, e invernos fríos. A neve cae cada inverno, e en moitos invernos unha ou máis tormentas intensas, chamadas Nor'easaters, producen xistras que traen nevadas de 30-60 centímetros e ventos tempestuosos.

De feito, a illa é algo vulnerable aos furacáns. A illa foi golpeada por dúas tormentas categoría 3 en 1938 (furacán Nova Inglaterra de 1938) e 1944, furacán Donna en 1960, furacán Belle en 1976, furacán Gloria en 1985, furacán Bob en 1991 (que varreu a punta oriental), e furacán Floyd en 1999.

DemografíaEditar

Segundo o Censo 2000 dos Estados Unidos, a poboación total dos catro condados de Long Island era de 7 448 618 persoas. A porción correspondente á Cidade de Nova York do censo era de 4 694 705, coa poboación de Brooklyn en 2 465 326 e Queens en 2 229 379 residentes. A poboación combinada dos condados de Nassau e de Suffolk era de 2 753 913 persoas.

Long Island ten unha presenza italoamericana substancial, da orde do 28,8% da poboación de Suffolk e o 23,9% de Nassau en data o censo 2000. 939.316 afroamericanos de Brooklyn explican o 38,1% dos residentes do condado de Kings. No condado de Queens, a poboación afroamericana é de 486.197, o 21,8% da poboación. Mentres que a porcentaxe inferior ao 10% dos residentes de Nassau e de Suffolk, concéntrase en zonas concretas ao longo de todo a área, principalmente en Hempstead, en Roosevelt, Freeport e Uniondale.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar