Manhattan
Manhattan é o nome dunha illa no río Hudson e tamén dun dos cinco distritos metropolitanos que forman a cidade de Nova York.
Epónimo | Manhattan (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Cidade | Nova York | ||||
Capital | sen valor | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.694.251 (2020) (19.480,87 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 758.720 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 86,97 km² | ||||
Bañado por | Rio East (pt) , Río Hudson, Upper New York Bay (pt) , Rio Harlem (pt) e Spuyten Duyvil Creek (en) | ||||
Altitude | 85 m | ||||
Comparte fronteira con | Bronx, norte Guttenberg (pt) , oeste Jersey City, oeste Edgewater (pt) , oeste Fort Lee (pt) , oeste North Bergen (pt) , oeste Hoboken, oeste Weehawken (pt) , oeste Staten Island, Suroeste Queens, leste Brooklyn, sueste West New York (pt) , oeste | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1624 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Gale Brewer (pt) (2014–2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10000–10399, 10000, 10004, 10008, 10011, 10015, 10018, 10023, 10024, 10025, 10026, 10020, 10021, 10028, 10032, 10034, 10037, 10039, 10042, 10044, 10045, 10047, 10049, 10052, 10054, 10056, 10058, 10061, 10063, 10065, 10068, 10070, 10073, 10077, 10080, 10084, 10087, 10091, 10094, 10096, 10098, 10099, 10102, 10104, 10107, 10109, 10112, 10116, 10118, 10121, 10124, 10127, 10130, 10131, 10133, 10135, 10138, 10140, 10144, 10148, 10151, 10152, 10155, 10162, 10166, 10171, 10177, 10181, 10184, 10187, 10190, 10192, 10194, 10196, 10199, 10203, 10207, 10209, 10210, 10212, 10214, 10216, 10219, 10223, 10226, 10228, 10231, 10233, 10236, 10239, 10241, 10243, 10245, 10247, 10250, 10252, 10240, 10256, 10260, 10264, 10267, 10269, 10272, 10275, 10278, 10280, 10283, 10287, 10291, 10295, 10297, 10299, 10300, 10302, 10304, 10307, 10311, 10314, 10315, 10318, 10322, 10325, 10329, 10331, 10333, 10336, 10337, 10339, 10341, 10344, 10346, 10349, 10351, 10354, 10359, 10362, 10366, 10368, 10371, 10373, 10374, 10378, 10382, 10386, 10387, 10389, 10392, 10394, 10381, 10398, 10035, 00083 e 10463 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 212, 646 e 917 | ||||
Páxina web | manhattanbp.nyc.gov… |
O distrito metropolitano ten os mesmos límites que o condado de Nova York e inclúe a illa de Manhattan así como varias illas máis pequenas (Roosevelt, Randall, entre outras), a máis diso unha pequena porción de terra continental (Marble Hill, que xeograficamente está no Bronx, pero politicamente pertence ao condado de Nova York). No ano 2004, a poboación era de 1 562 723 persoas. O condado de Nova York é o de menor área en Nova York.
Xeografía
editarO condado de Nova York e o distrito de Manhattan teñen os mesmos límites (son coextensivos). Como parte da cidade de Nova York, o condado non ten outras subdivisións políticas. Ocupa toda a illa de Manhattan, rodeada polo East River, o río Harlem e o río Hudson. Tamén inclúe algunhas illas máis pequenas como a Illa Roosevelt (antigamente chamábase illa Welfare, e anteriormente aínda "Illa Blackwell"), a illa U Thant (oficialmente coñecida como illa Belmont), e unha pequena porción da terra continental norteamericana (Marble Hill) contigua ao Bronx. Marble Hill foi orixinariamente parte da illa de Manhattan; pero a Canle do Río Harlem, cavado no século XIX para mellorar a navegación no río Harlem, separouno de Manhattan.
A illa de Manhattan ten 21,5 km de longo.
O condado de Nova York ten unha área total de 87,5 km², dos cales 59,5 km² son de terra e 28,0 km² son de auga (68% terrestre e 32% acuática).
Manhattan está conectada por pontes e túneles a Nova Jersey no oeste e a tres distritos de Nova York: O Bronx no nordés e Brooklyn e Queens en Long Island ao leste e ao sur. A súa única conexión directa co quinto distrito da cidade é o "Staten Island Ferry", cuxo terminal atópase no Parque Battery no seu extremo sur.
Cada 28 de maio e 12 de xullo, tanto o amencer como ao ocaso, o sol é visible no horizonte desde o nivel das rúas ao estar aliñado co seu trazado.
Monumentos de Manhattan
editarO Edificio Empire State, o Edificio Chrysler, o distrito dos teatros ao redor de Broadway, Columbia University, o centro financeiro ao redor de Wall Street, "Lincoln Center for the Performing Arts", Harlem, o "American Museum of Natural History", Chinatown, e o Central Park están todos localizados nesta illa densamente poboada.
Ademais de "Times Square" e a Quinta Avenida onde se atopa gran parte do movemento comercial, o Metropolitan Museum ou o referente en arte moderna, o MoMa.
"Uptown" e "Downtown"
editarEn Manhattan, uptown significa cara a arriba, é dicir, cara á parte máis elevada da illa (cara ao norte) e downtown significa cara a abaixo (cara ao sur) en calquera forma de transporte ou localización e iso débese a que os ríos (o Hudson ao oeste e o East river ao leste) que rodean a illa desprázanse de norte a sur, aínda que o desnivel existente entre os extremos norte e sur é practicamente inexistente. Así pois, dicir uptown train é referirse a un subterráneo que vai ao norte, mentres que ir a un restaurante que se atopa three blocks downtown estará a tres cuadras ou mazás cara ao sur desde o lugar que serve de referencia. Uptown tamén pode referirse á parte norte de Manhattan (máis aló da rúa 59) e downtown á parte sur (antes da rúa 23 ou a rúa 14). A área media, entre as rúas 23 e 59 é coñecido como Midtown.
Estas denominacións débense a que a illa tivo, desde o propio século XVII, tres núcleos poboados e a súa localización orixinal na propia configuración da illa prevaleceu co tempo ao propio crecemento urbano da cidade. O camiño que orixinalmente unía ás tres poboacións é o que se conserva hoxe en día co nome de Broadway (Camiño ancho), que é a única avenida de Manhattan que non é recta: evidentemente, segue o trazado orixinal do século XVII, do camiño que unía os tres pobos.
Como a propia cidade de Nova York construír orixinalmente na punta meridional da illa e seguiu sendo durante séculos a parte máis importante da poboación, é dicir, o casco antigo, orixinal, financeiro e comercial, todas as demais cidades norteamericanas tomaron "prestado" o termo downtown para referirse ao núcleo principal de cada unha, aínda que fose unha idea que non tivese correspondencia co propio relevo ou topografía da localidade. O porto tamén se situou ao redor dese downtown o que contribuíu tamén a reforzar esta idea. Deste xeito, o uso do termo downtown en Nova York difire doutras cidades americanas onde o "downtown" o centro financeiro e urbano máis importante da cidade pode non estar na parte máis baixa do relevo. A importancia que adquiriu Nova York durante o século XX, converteu ao centro financeiro orixinal, Financial District que se atopa "downtown", é dicir no centro urbano orixinal da cidade, en insuficiente, polo que xurdiu moi pronto a necesidade de expandir as súas funcións ao novo distrito financeiro situado no Midtown.
O termo Baixo Manhattan é comunmente usado para referirse á parte sur da illa, particularmente ao sector situado ao sur da Rúa Houston, onde as rúas teñen nomes, non son numeradas e non seguen a cuadrícula do resto da illa. Así, o límite orixinal da cidade atopábase en Wall Street, que era o lugar que ocupaba a muralla que rodeaba a cidade polo norte (de aí o seu nome). Esta é unha idea similar ao que ocorreu en Europa, onde as murallas que rodeaban as cidades medievais foron converténdose co tempo en avenidas de circunvalación.
Historia
editarO nome de "Manhattan" vén dos idiomas dos habitantes primitivos da área. A historia presenta unha interpretación popular que salienta a forma como esta illa foi comprada por colonos neerlandeses aos nativos por 24 dólares en 1624 e o establecemento dunhas 30 familias holandesas dous anos despois, cando fundaron a cidade de Niew Amsterdam (Nova Ámsterdan) onde agora se atopa o downtown. Esta cidade converteuse na capital do territorio da Nova Holanda, colonia holandesa de breve existencia. En 1664 pasou á administración inglesa tras unha resistencia relativamente débil dos holandeses, en parte debida ao descontento da poboación co gobernador Peter Stuyvesant.
Os ingleses cambiaron o nome da cidade polo de New York, bautizado así en honra do Duque de York, quen logo sería o Rei católico Xacobe II de Inglaterra. O condado de Nova York é un dos doce condados orixinais do Estado de Nova York, creados en 1683. No momento da súa creación, tiña a mesma extensión que a cidade de Nova York e ocupaba toda a illa de Manhattan, a mesma área que ocupa hoxe día. En 1873, a parte occidental do actual condado do Bronx foi transferida ao condado de Nova York, desde o condado de Westchester e en 1895, a parte restante do Bronx tamén foi transferido ao condado. En 1914, aquelas partes constituíron o novo condado do Bronx.
O crecemento da poboación foi relativamente lento ata chegar á primeira metade do século XIX, cando se foi difundindo e desenvolvendo as novas actividades industriais (a propia Revolución industrial) e o comercio consecuente, cando xa existían os Estados Unidos como país independente (desde fins do século XVIII). A expansión do núcleo orixinal de Nova York (downtown Manhattan) afectou a toda a illa e o desenvolvemento dos ferrocarrís a partir de mediados do século XIX (que servían para abastecer ás cidades de todo tipo de produtos) foi en gran parte responsable de que fose unha das primeiras cidades do mundo en alcanzar os catro millóns de habitantes. Por iso é que O. Henry escribiu unha obra, unha colección de contos breves, que titulou Os catro millóns e que facía referencia ao número de habitantes de Nova York a comezos do século XX e ao feito de que eran catro millóns de historias que contar.
É o centro económico e social da cidade (Nova York) máis poboada da costa leste estadounidense. Albergou o World Trade Center ata o atentado terrorista do 11 de setembro de 2001.
Lexislación e Goberno
editarComo os outros condados contidos na cidade de Nova York, non hai goberno condal, pero os tribunais de condado e outras autoridades como o fiscal si existen. Cada distrito metropolitano en Nova York elixe un Presidente pero este cargo non ten moito poder, de facto. (Ver Nova York.)
A oficina do Presidente de Distrito (Borough President) foi creada coa consolidación dos cinco condados, para equilibrar a balanza destes, respecto do goberno municipal central. Cada presidente de distrito tiña un rol poderoso, que se derivaba do feito de ter un voto no New York City Board of Estimate, o corpo responsable de crear e aprobar os orzamentos municipais e realizar as propostas para a ordenación do territorio. En 1989, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarou esta Xunta inconstitucional, por darse o feito de que Brooklyn, o condado máis poboado do muncipio, non tiña máis voto sobre o terreo que Staten Island, o condado menos poboado da cidade. Isto constitúe unha violación da Cláusula de Protección Igual da Décimo cuarta Emenda da Constitución dos Estados Unidos, emitida en 1964, baixo a premisa de un home, un voto.
As competencias do Board of Estimate foron transferidas á Xunta de Concelleiras (City Council, con 51 membros, encargado do poder lexislativo na cidade), aumentando así o poder centralizado no municipio neoiorquino. Manhattan ten dez concelleiros no New York City Council.
Desde 1990, o Presidente de Distrito actúa como defensor dos intereses do condado ante as axencias da alcaldía, as concellarías muncipais, o goberno estatal de Nova York e as corporacións. A presidenta do Distrito de Manhattan é Scott M. Stringer.
O Fiscal do Distrito de Nova York (coñecido como District Attorney ou simplemente D.A., no orixinal inglés) é Robert M. Morgenthau.
Tamén ten 12 distritos administrativos, cada un deles servido por unha Xunta de Comunidade local (Community Board). Estas Xuntas son os corpos representativos que recollen as queixas cidadás e serven como defensores dos residentes da súa área, ante o Concello.
Nova York é oficialmente designado como a capital do condado de Nova York, o que é totalmente irrelevante para todos os efectos prácticos debido a que non hai outras cidades ou pobos no condado.
Demografía
editarO condado de Nova York é o máis densamente poboado dos Estados Unidos.
Ao ano 2000, habían 1 537 195 persoas, 738.644 cabezas de familia, e 302.105 familias residentes no condado. A densidade de poboación é de 25.849,9 hab/km². Hai 798.144 casas cunha densidade de 13.421,8 hab/km². A composición racial do condado é de 54,36% brancos, 17,39% negros, 9,40% asiáticos, 0,07% oceánicos, 0,50% nativos americanos, 14,14% doutras razas, e 4,14% mestizos. 27,18% do total da poboación son latinos ou hispanos, que poden ser de calquera raza.
Hai 738.644 cabezas de familia, dos cales o 17,1% ten menores de idade ao seu cargo, o 25,2% son matrimonios que viven xuntos, o 12,6% son mulleres solteiras, e o 59,1% non son familias.
No condado, o 16,8% da poboación ten menos de 18 anos, 10,2% ten entre 8 e 24 anos, o 38,3% entre 25 e 44, o 22,6% entre 45 e 64, e o 12,2% teñen máis de 65 anos. A media de idade é de 36 anos. Por cada 100 mulleres hai 90,3 homes e por cada 100 mulleres menores de idade, hai 87,9 homes.
A media anual de ingresos dun cabeza de familia é de 47.030 dólares estadounidenses, e a media de ingresos por familia é de 50.229 dólares. Os homes teñen uns ingresos de ao redor de 51.856 fronte aos 45.712 das mulleres. O ingreso medio per capita do condado é de 42.922 dólares. O 20 % da poboación e o 17,6% das familias están por baixo do limiar da pobreza. Do total de persoas que viven nesta situación, o 31,8% son menores de idade e o 18,9% teñen máis de 65 anos.
Lingua
editarEn Manhattan hai censados falantes de 96 linguas distintas. A maioría da poboación é de lingua inglesa, cun 58,1% dos falantes. O español é a segunda lingua cun 24,9% de falantes. O chinés conta cun 5%, o francés un 2,2% e o resto de idiomas non chega ao 1% de falantes.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Manhattan |
- Páxina oficial do Presidente do Distrito de Manhattan (en inglés)
- Páxina oficial do Fiscal de Distrito do Condado de Nova York (en inglés)
- Listaxe das Community Boards ou Xuntas de Comunidades do distrito de Manhattan (en inglés)
- Listaxe de concellais electos do City Council ou lexislativo da cidade de Nova York (en inglés)
- Imaxes da cidade de Nova York