Ponte

construción artificial para salvar un accidente xeográfico

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte (Gl-ponte.ogg pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

Ponte romana de Lugo
Ponte de Rande
Ponte de madeira en Noia
Ponte en arco moderno con taboleiro superior
Ponte Octávio Frias de Oliveira, en São Paulo, a única ponte tirante no mundo con dúas pistas curvas sostidas por unha única estrutura

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Etimoloxía editar

A palabra galega (substantivo feminino) ponte provén do latín pons que á súa vez descende do etrusco pont, que significa estrada. En grego πόντος (póntos), deriva talvez da raíz pent que significa unha acción de camiñar.

Historia editar

Sen dúbida que en moitos aspectos a historia da construción de pontes vai vencellada á historia da civilización. A través dela podemos medir unha parte importante do progreso dun pobo.

As primeiras pontes editar

Aparecen en tempos remotos nos que o home necesita de pasar obstáculos na procura de alimento ou abrigo.

As primeiras pontes terían xurdido de forma natural pola caída de troncos sobre os regueiros, proceso prontamente imitado polo ser humano, xurdindo entón pontes feitas de toros de árbores ou pranchas e eventualmente de pedra, usando soportes moi simples e trabes mestras. Aparecían pois as primeiras pontellas.

Co xurdimento da idade de bronce e a predominancia da vida sedentaria, tornouse mais importante a construción de estruturas duradeiras onde non abondaba para atravesar os vaos a pé ou con pasadoiros, maioritariamente, pontes de laxes de pedra (pontellas e pontillóns) . Da ponte en arco hai vestixios dende arredor de 4000 a.C. na Mesopotamia e no Exipto, e, máis tarde, na Persia e na Grecia (arredor do 500 a.C.).

A máis antiga estrutura chegada aos nosos días é unha ponte de pedra, en arco, situada no Río Meles, na rexión de Esmirna, en Turquía, e datada do século IX a.C.

As pontes romanas editar

A primeira ponte romana tería sido construída no Tíber no ano 621 a.C. e foi chamada de ‘’Pons Sublicius’’ (Ponte das Estacas).

É no século III a.C. que os romanos comezan a se dedicar á construción de pontes en arco, atinxindo un desenvolvemento nas técnicas de construción e proxecto nunca antes visto e dificilmente superado nos mil anos seguintes.

Exemplos desta magnífica capacidade de construción son algunhas pontes que perdurarán até os nosos días, como, por exemplo, a pons Aelius(hoxe ponte Sant'Angelo) (134 a.C.), sobre o Tíber, (onde foi usada pozzolana (unha especie de cemento que mantén a resistencia mesmo somerxido, a ponte de Alcántara, en Toledo ou o Acueduto de Segovia (século I).

Os arcos foron usados por vez primeira no Imperio Romano, para a construción de pontes e acuedutos, algúns dos cales aínda hoxe se manteñen de pé. Os romanos, foron tamén os primeiros a usar o cemento, o que reduciu a variación da forza que a pedra natural ofrecía. Pontes de ladrillo e argamasa, foron construídas despois da era romana, á medida que se ía abandonando a tecnoloxía do cemento.

Idade Media editar

As ordes relixiosas desempeñan un papel determinante na manutención e expansión do coñecemento relativo á construción de pontes o saber adquirido na construción de cúpulas á construción de pontes en arco.

É tamén nesta época que comezan a aparecer pontes coas finalidades máis diferentes: militares, comerciais, residenciais ou mesmo espirituais. A gran contribución da idade media na técnica das pontes é a diversificación dos arcos de soporte que pasan a incluír os arcos oxivais, non só máis elegantes, senón mais seguros e fáciles de construír.

Xorden ordes relixiosas especializadas na construción de pontes como os italianos Fratres Pontifices, que se expandirán por Francia, co nome Frères Pontiffes e por Inglaterra co nome Brothers of the Bridge.

Renacenza editar

Durante o Renacemento o aumento das necesidades de migración e transporte levou a unha evolución das técnicas construtivas, principalmente das pontes de celosía ou enreixado, como consecuencia do seu estudo mais afondado polos artistas do renacemento.

Francia tornouse un bastión da enxeñaría das pontes: o Corps des Ponts et Chaussées creado por Lois XIV para manter as estradas e as pontes do reino, viría a dar orixe no século XVIII á École des Ponts et Chaussées, a primeira escola superior de enxeñaría civil do mundo.

Co renacemento a forma dos arcos e dos piares alterouse no sentido de aumentar os vans e transmitir unha sensación de levantamento e estética.

A revolución industrial editar

Co advento da Revolución Industrial, no século XIX, foron desenvolvidos sistemas de armazóns en ferro forxado para pontes mais anchas, mais o ferro dificilmente posuía a forza de tensión de abondo para soportar as grandes cargas dinámicas esixidas principalmente polo camiño de ferro coas recentemente inventadas locomotoras a vapor. A invención de novos métodos de fabricación do aceiro, que ten unha maior forza de tensión, permitiu a construción de pontes mais aptas para estas novas necesidades.

As pontes suspensas modernas fan a súa aparición nesta época, con fíos de aceiro entrelazados permitindo vans cada vez mais extensos.

A introdución destes novos tipos de ponte e de materiais, non impide o rexurdimento de pontes de celosía en madeira nos Estados Unidos de América e na Gran Bretaña debido, maiormente, ao baixo custo e á gran dispoñibilidade da materia prima.

Entre mediados do século XIX e mediados do século XX, co gran desenvolvemento do camiño de ferro e das comunicacións en xeral, foron desenvolvidos numerosos proxectos de pontes. O uso do aceiro en vez do ferro ou ferro fundido, posibilitou atinxir vans cada vez maiores. Estas pontes foron construídas en arco, vigas reticuladas (cantiléver) e suspensión.

Foron desenvolvidas novas técnicas para a construción de fundicións recorrendo ao uso de cilindros metálicos en ferro que eran presurizados e fundidos nos lugares de construción dos piares das pontes. No seu interior os operarios escarvaban o solo mol até chegaren á pedra estábel baixo o leito do río. Só máis tarde se viría a descubrir a importancia dunha descompresión amodo evitando deste xeito mortes e doenzas de numerosos traballadores.

O maior dominio das técnicas de proxecto e construción e a introdución de novos materiais non impediron con todo a caída dalgunhas pontes e o xurdimento de problemas que só despois se soubo que era pola influencia dos ventos nas pontes suspensas podendo provocar o seu colapso.

Foi o caso da ponte de Tacoma Narrows, no estado de Washington, EUA que, cun van de 853 metros e un taboleiro con só 2,4 metros de grosor, oscilaba mesmo con ventos lixeiros. A colocación de tirantes adicionais non foi suficiente para contrarrestar esta oscilación e, en 1940, cun vento de só 68 km/h comezou a oscilar significativamente sendo pechada ao tránsito e colapsando pouco despois. Este e outros fallos chamaron a atención dos enxeñeiros na importancia do factor vento na construción destas estruturas, e provocando o desenvolvemento da análise do comportamento aerodinámico principalmente sometendo modelos á escala a túneles de vento.

Os nosos días editar

 
Ponte Akashi-Kaikyo.

Despois da segunda guerra mundial moitas das infraestruturas ferroviarias tiveron que ser reconstruídas. Xeneralizouse o uso do formigón e do aceiro, principalmente con pontes en formigón pretensado. As cofraxes metálicas e as trabes pasaron a ser soldadas no canto de fixas con remaches.

Constrúense numerosas pontes suspensas ou colgantes, e, en particular, pontes atirantadas coas máis variadas disposicións dos cabos de suspensión. Logo se decatan que as pontes en formigón, debido á importante carga propia que posúen, son pouco sensíbeis á carga variábel e, como tal, pouco influenciadas por esta, o que lles dá unha importante estabilidade.

Estes factores asociados permitiron superar obstáculos até entón dificilmente superábeis. O van de 1995 metros acadado na ponte colgante de Akashi-Kaikyo, no Xapón, é un bo exemplo.

O futuro editar

É de esperar desenvolvementos nas técnicas de construción, manutención e rehabilitación de pontes, coa introdución de novas técnicas construtivas e novos materiais(aluminio, fibra de vidro) ou evolución das características dos xa utilizados(formigón, aceiro).

As novas pontes serán certamente construídas de xeito mais económico, seguro e con maiores niveis de calidade.

Un salto importante estará no advento das chamadas pontes intelixentes que, dotadas de sensores, procesadores de datos e sistemas de comunicación e sinalización, poderán alertar dun conxunto de situacións, dende sobrecargas, subidas dos niveis das augas, ventos, formación de xeo, sismicidade, rotura de certos puntos neurálxicos da ponte, fatiga dos materiais, corrosión. Estes sistemas "intelixentes" poderán chegar ao punto de seren "reactivos", por exemplo, combatendo a corrosión a través de sistemas de raios catódicos instalados na propia ponte, usando sistemas de desconxelación do xeo presente no taboleiro, ou mesmo accionando deflectores de ar de forma que se asegure a mellor estabilidade da ponte fronte ao vento ou a cargas variábeis.

A posta en funcionamento de todos estes sistemas, grazas a unha estreita colaboración entre a enxeñaría de materiais e a electrónica, depende, ademais da propia evolución da ciencia, dos estudos económicos que demostren a súa viabilidade.

Tipos de pontes editar

As pontes poden ser clasificadas polo uso para o cal foron deseñadas, o material, ou polo tipo de estrutura empregado na súa concepción.

Polos materiais editar

Polo uso editar

As pontes son normalmente concibidas para o tráfico de trens, persoas (chamadas 'pasarelas’ ou pontellas na súa concepción máis tradicional) ou automóbiles, para oleodutos ou transporte de auga. Nalgúns casos poderán existir restricións ao seu uso como por exemplo no caso de pontes de autoestradas, nas cales está prohibida a circulación de peóns e bicicletas, por exemplo.

Pontes de uso decorativo e cerimonial editar

A fin de crear bonitos efectos, algunhas pontes son construídas alén do uso funcional ou afastándose dos modelos tradicionais. É común atopar en Galicia exemplos de pequenas pontes en áreas recreativas feitas en madeira seguindo modelos puramente estéticos e moi apartados dos materiais e conformacións tradicionais.

É frecuente que se constrúan bastante máis altas do que é necesario. Este tipo é común atopalo nos xardíns orientais e é chamado Moon Bridge, en homenaxe á lúa chea.

En moitos palacios, son construídas pontes sobre cursos de auga artificiais, para simbolizar o paso a un lugar importante, ou un estado de espírito. Un conxunto de cinco pontes, sobre un curso de auga sinuoso, é un importante xardín da Cidade Prohibida en Pequín na República Popular da China. A ponte central era reservada exclusivamente para o Emperador, a Emperatriz e os seus convidados.

Polo tipo de estrutura editar

Pontes móbiles editar

Pontes de sona editar

En Galicia editar

Provincia da Coruña editar

Provincia de Pontevedra editar

Provincia de Lugo editar

Provincia de Ourense editar

De sona internacional editar

 
A ponte de Brooklyn atópase no centro financeiro de Manhattan, Nova York, EUA.

Notas editar

  1. Tamén pode haber pontes con eixo de xiro vertical (como o xiratorio) pero rotando dende o final do taboleiro fixo (dende un ou dende os dous extremos), a súa dificultade técnica consiste en facer coincidir toda a xunta (de dilatación) na posición de servizo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brown, D. J., Bridges. Macmillan Publishing Company, Nova York, NY, 1993

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar