Fibra de vidro

A fibra de vidro[1] é un material fibroso que se obtén ó facer fluír vidro fundido a través dunha peza de buracos moi finos e ó solidificarse ten suficiente flexibilidade para ser usado como fibra. Pode tanto referirse á propia fibra de vidro como ao material plástico reforzado con fibra de vidro (PRFV), que é popularmente coñecido polo mesmo nome.

Presada de fibra de vidro.

Características e aplicaciónsEditar

Como principais propiedades ten bo illamento térmico, inerte ante ácidos, soporta altas temperaturas. Estas propiedades e o baixo prezo das súas materias primas, déronlle popularidade en moitas aplicacións industriais. As características do material permiten que a fibra de vidro sexa moldeable con mínimos recursos, a habilidade artesá adoita ser suficiente para a autoconstrución de pezas de bricolaxe tales como kayak, cascos de veleiros, terminacións de táboas de surf ou esculturas etc.

A fibra de vidro, tamén é usada para realizar os cables de fibra óptica utilizados no mundo das telecomunicacións para transmitir sinais lumínicos, producidos por láser ou LEDs.

PerigosEditar

Debe terse en conta que os produtos químicos usados no seu moldeo danan a saúde, podendo producir cancro. Existen guías que describen o uso caseiro da Fibra de Vidro e artistas que a usaron para as súas obras como Niki de Saint Phalle entre outras.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fibra_de_vidro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar