Niki de Saint Phalle

Catherine-Marie-Agnès Fal de Saint Phalle, máis coñecida como Niki de Saint Phalle, nada en Neuilly-sur-Seine (Hauts-de-Seine, Francia) o 29 de outubro de 1930 e finada o 21 de maio de 2002 en San Diego (California, Estados Unidos), foi unha escultora, pintora e directora de cinema.

Infotaula de personaNiki de Saint Phalle

(1964) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Catherine Marie-Agnès Fal de Saint-Phalle Editar o valor em Wikidata
29 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 2002 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
La Jolla, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza (1971–)
Francia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBrearley School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, escultura e Xoiaría Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París
Boston
Capalbio (pt) Traducir
La Jolla Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmodelo , escenógrafa , artista de performance , artista de instalacións , cineasta , debuxante arquitectónica , gravadora , artista gráfica , acuarelista , deseñadora de xoias , pintora , artista conceptual , artista visual , ilustradora , escultora , artista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Nouveau réalisme (pt) Traducir (1961–) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte figurativa e arte pública (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoArte feminista (pt) Traducir e Nouveau réalisme (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society, Louisa Guinness Gallery (pt) Traducir e Galerie Sven (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalSven Boltenstern (1973–1991) Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de setembro de 1984Modern Artists' Jewels (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJean Tinguely (1971–1991)
Harry Mathews (1949–1961)
FillosLaura Duke Condominas (pt) Traducir
 () Harry Mathews (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAndré, Comte de Saint Phalle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Jeanne Jacqueline Marguerite Harper (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnikidesaintphalle.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0211387 Allocine: 565032
Discogs: 2408061 WikiTree: De_Saint-Phalle-1 Find a Grave: 137958384 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Filla da estadounidense Jeanne Jacqueline (antes Jeanne Harper) e do banqueiro francés o conde André-Marie Fal de Saint Phalle emigrou coa súa familia aos Estados Unidos en 1933. Despois de ser expulsada por pintar follas de parra vermellas na estatuas da prestixiosa Brearley School gradouse en Oldfields School, Glencoe, Maryland en 1974. Durante a súa adolescencia traballa como modelo viaxando e aparecendo en portadas de revistas como Life (26 de setembro de 1949) ou Vogue Paris (novembro de 1952).

Tras fuxir co escritor Harry Mathews, co que tería unha filla e un fillo (Laura, 1951, e Philip, 1955), múdase a Cambridge, Massachusetts. É entón cando comeza a experimentar con materiais e estilos de pintura.

Nunha das súas viaxes como modelo a París coñece ao pintor Hugh Weiss, que se converterá no seu amigo e mentor e a animará a seguir pintando, en contra da opinión da súa familia.

Máis tarde viviría en Deià (Mallorca) onde lería a obra de Proust e coñecería o traballo de Gaudí, que a influiría notablemente (en especial o Parc Güell).

A principios da década de 1960 crea as Shooting Paintings (en galego, Pinturas disparadas), bolsas de plástico cheas de pintura con forma humana cubertas de xeso e que lanzaba para rompelas e crear imaxes.

En 1964 comeza a súa serie Nanas, que consiste en figuras femininas de formas voluptuosas e vivas cores. En 1966 realiza a maior escultura dun corpo de muller da historia, Hon (ela, en sueco), dentro da serie Nanas. Dado o carácter revolucionario da peza foi instalada en segredo no Moderna Museet, en Estocolmo, Suecia, o que non evitou que fora retirada no mesmo día da súa inauguración. A escultura estaba decorada con vivas cores no estilo da autora e accedíase ao interior pola vaxina da figura deitada, podendo despois subir ata o bandullo.

En 1979 inicia a construción do parque de esculturas Il Giardino dei Tarocchi (en galego, O xardín do Tarot), en Pescia Fiorentina, na Toscana, a semellanza do Parc Güell de Gaudí e outros. Abriuse ao público en 1998.

Saint Phalle morreu dun enfisema pulmonar en San Diego, en 2002. Sufría problemas respiratorios debido ás emanacións dos produtos con que traballaba no seu estudio.

Obras editar

Galería editar

Notas editar

  1. 'Firebird' Finds its Nest at the Bechtler Museum of Modern Art Arquivado 11 de marzo de 2011 en Wayback Machine., por Sarah Gay, Charlotte Viewpoint, Retrieved 11-6-2009