Artista

persoa dedicada á arte

O artista[1] é a persoa que realiza ou produce obras de arte. O que se entende por artista depende polo tanto do significado da palabra arte, e, dado o cambiante significado deste concepto, o termo artista só pode definirse ou estudarse dende un punto de vista histórico, en función, por exemplo, dos cánones estéticos de cada época. Con todo, existen certas constantes que se repiten ao longo da historia e que serven para definir a noción asemade de arte e de artista. Trátase da técnica, a creatividade, a orixinalidade da produción e dos actos.

Busto de Manoel Antonio, artista galego de vangarda

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para artista.