Lausana

cidade suíza, capital do cantón de Vaud

Coordenadas: 46°31.19′N 6°38.01′L / 46.51983, -6.63350

Lausana (en francés e oficialmente: Lausanne; en arpitano: Losena) é unha cidade suíza de 137.810 habitantes (2016), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras Zúric, Xenebra e Basilea. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de Vaud.

Lausana
Lausanne
Lausanne
Losanna
Vista aérea da cidade.
Localización
Lausana en Suíza
Lausana
Lausana
PaísSuíza Suíza
CantónVaud
Xeografía
Altitude495 msnm
Superficie41,37 km² km²
Demografía
Poboación137.810 hab.
Densidade3.331 hab./km²
Outros datos
Código postal1000 - 1018
AlcaldeDaniel Brélaz (GPS)
www.lausanne.ch

Xeografía editar

As principais características xeográficas da cidade son o lago de Xenebra e maila súa proximidade coa rexión de Gros-de-Vaud, de grande importancia agro-alimentaria na zona francófona de Suíza. A cidade de Xenebra, coñecida internacionalmente como sede da ONU, atópase tan só a poucos quilómetros de Lausana. Outras cidades como Vevey ou Montreux fan, cada vez máis, parte da "periferia" da cidade.

Historia editar

A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar romano de nome Lousanna, construído non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de Vidy e Ouchy. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa localización actual, un outeiro de máis doada defensa.

Tras a revogación do Edicto de Nantes en 1685, Lausana pasou a ser un refuxio dos hugonotes franceses. Cara a 1750 empezaron a retornar a Francia, ata a fin da persecución oficial dos protestantes franceses en 1787.

Dende o 14 de abril do ano 1803, Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre outros aspectos, á Sede do Comité Olímpico Internacional

Cultura editar

 
A Catedral de Notre Dame de Lausana.

A lingua oficial tanto da vila coma do cantón é o francés. No tocante á relixión, o catolicismo é a relixión do 38% dos habitantes da cidade, mentres que o 27% son protestantes. Un 17% di non profesar ningunha relixión. A terceira confesión é a musulmá, cun 6% de fieis.

Como cidade universitaria, goza de popularidade entre a xente nova. Ademais, son moitas as institucións educativas, suízas e internacionais, que teñen a súa central na cidade.

 
Vista da cidade nunha moeda conmemorativa do Festival Federal de Tiro de Lausana de 1876

Lugares de interese editar

  • Catedral de Lausana, chamada Catedral de Notre Dame. É un templo gótico erguido entre 1170 e 1240. A porta oeste foi engadida posteriormente en estilo gótico flamíxero.
  • Museo Olímpico. Acolle exposicións permanentes e temporais de obxectos relacionados co deporte e o movemento olímpico, ademais dos arquivos do Comité Olímpico Internacional, cuxa sede está na cidade. Con máis de 10.000 pezas, o museo é o arquivo máis grande das Olimpíadas no mundo, entre as que salientan pezas escultóricas de Auguste Rodin ou Fernando Botero. Foi creado en 1993 por iniciativa de Juan Antonio Samaranch.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar