Director, directora de cinema

persoa que dirixe unha película

Un director ou directora de cine, ou cineasta, é unha persoa que dirixe a realización dunha película ou filme. A dirección de cine é o posto profesional encargado de dirixir a filmación dunha película, dando instrucións ós actores e actrices, decidindo o ángulo da cámara e o desprazamento desta nos planos, supervisando o decorado e o vestiario, e todas as demais funcións necesarias, especialmente as referentes aos asuntos artísticos da película, para levar a cabo a rodaxe. O director considérase en termos xerais como o creador da obra cinematográfica.[1]

Ingmar Bergman examina a película de Amorodos salvaxes.

A importancia que se lle ten dado ós directores na historia do cine é variada. Por exemplo, na época de ouro de Hollywood, o posto máis importante na creación dunha película era a produción, e a personaxe máis relevante era o actor ou a actriz, sendo considerada a dirección como a parte técnica que dirixía cada día a filmación. Primeiro en Europa e, máis tarde nos Estados Unidos, o cargo de dirección foi adquirindo maior relevancia até chegar a ser considerado a parte principal na autoría dunha película.

Funcións

editar

Os directores ceden moitas das súas responsabilidades a outros membros do seu equipo de realización de películas, chamado equipo de cine. Por exemplo, o director dille á persoa responsable da iluminación e ao director de fotografía que estilo de luces quere e crean o alumeamento para el. É habitual que os directores de cine traballen en estreita colaboración cun produtor de cine. Os produtores controlan o lado non artístico da realización de películas, por exemplo todo o financiamento que se usa para facer a película.

A cantidade de control que un director ten ao crear a súa película é diferente en cada caso. Sempre hai certo control polo estudio cinematográfico e polos produtores. Unha minoría de directores, como Stanley Kubrick, Jean-Luc Godard, Steven Spielberg ou James Cameron teñen un control moito maior nas decisións sobre os seus filmes.[2]


Aínda que o seu papel é diferente segundo o director en cuestión (que, ademais de estilos diferentes, ten estratexias de traballo igualmente diversas), o traballo do director de cine, supervisando e dirixindo a execución da rodaxe, empregando recursos humanos, técnicos e os recursos dramáticos e artísticos inclúen:[3] [4]

  • A definición da orientación artística xeral que caracterizará o filme no seu conxunto;
  • Análise e interpretación do guión cinematográfico, adaptándoo á cinematografía;
  • A dirección das interpretacións dos actores, tanto dende o punto de vista técnico (colocándoos nun lugar e escenario determinados) como dende o punto de vista dramático, solicitando o tipo de emoción desexada para o personaxe;
  • A organización e selección de decorados;
  • A dirección dos medios técnicos (deseño de son, iluminación, encadramento);
  • Elixir o equipo técnico e o elenco (nalgúns casos, só);
  • Supervisión dos preparativos da produción;
  • Elección de lugares, decorados, vestiario, escenografía e equipamento;
  • Dirección e supervisión da montaxe, dobraxe, creación do musical e da banda sonora (ou banda sonora);
  • Procesamento da película ata a copia final;
  • Segue a construción do tráiler.

Escolma de directores e directoras famosos

editar

Véxase a categoría directores de cinema.

Escolma de directores e directoras galegos

editar

Véxase a categoría directores de cine de Galicia

Algúns directores que non son galegos rodaron filmes de temática e localizacións galegas, como Fernando León de Aranoa, Alejandro Amenábar, Jaione Camborda etc.

  1. "Director de cinema" (en francés). Consultado o 10 de maio de 2020. 
  2. Hopgood, Fincina (2005-02-08). "Great Directors: Jane Campion (Issue 22, October 2002) – Senses of Cinema" (en inglés). Consultado o 2023-11-25. 
  3. Piccirillo, Ryan A. (2010). "Career snapshot: The Film Director, A Human Lens". Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2022. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  4. "Arts careers: How to Become a Film Director". academicinvest.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2023. Consultado o 3 de marzo de 2013. They must work with producers, writers, cast members, crew members, designers and other professionals in order to implement that vision 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.