Abrir o menú principal

Kathryn Ann Bigelow, nada o 27 de novembro de 1951 en San Carlos, California é unha directora de cine estadounidense.

Kathryn Bigelow
82nd Academy Awards, Kathryn Bigelow (cropped).jpg
Nacemento27 de novembro de 1951
 San Carlos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia, Columbia University School of the Arts e San Francisco Art Institute
Ocupaciónguionista, directora de cine, produtora, escritora e produtor executivo
CónxuxeJames Cameron
Coñecido/a porNear Dark e The Hurt Locker
Premiospremios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director e Óscar ó mellor filme
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no San Francisco Art Institute de onde marchou a Nova York, graduándose na Universidade de Columbia.[1] Debutou no cinema con The Loveless, en 1982, codirixida por Monty Montgomery.

Tres películas de acción, Blue Steel, Point Break e Strange Days déronlle recoñecemento como autora.[2]

En 2002 dirixiu K-19: The Widowmaker, que non foi un éxito comercial e tivo críticas diversas.[3] A súa seguinte película foi En terra hostil, coa que gañaría numerosos premios que rematarían co Óscar ó mellor director, converténdose na primeira muller en logralo.[4] Ademais o filme gañou o Óscar ó mellor filme, superando a Avatar, dirixida por quen foi o seu marido entre 1989 e 1991, James Cameron.[5]

Tras esta dirixiu Zero Dark Thirty, dramatización da busca de Osama bin Laden.[6]

ObraEditar

NotasEditar

  1. Dargis, Manohla (18-6-2009). "Action!". New York Times. Consultado o 27-6-2009. 
  2. Benson-Allott, Caetlin. "Undoing Violence: Politics, Genre, and Duration in Kathryn Bigelow's Cinema" (preview/paywall), Film Quarterly 64.2 (Inverno 2010), páx. 33–43. Universidade de California.
  3. Metacritic
  4. "'Hurt Locker' wins best picture, director". Today.msnbc.msn.com. 8-3-2010. Arquivado dende o orixinal o 20-11-2012. Consultado o 10-7-2010. 
  5. "Kathryn Bigelow makes history as first woman to win best director Oscar". The Guardian. 8-3-2010. Consultado o 3-9-2014. 
  6. "Zero Dark Thirty". Metacritic. Consultado o 15-1-2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar