Universidade Columbia

universidade situada na cidade de Nova York

A Universidade Columbia é unha universidade privada situada na cidade de Nova York, Estados Unidos de América.

Universidade Columbia

Tipouniversidade privada, universidade de investigación, colexios coloniais, institución educativa privada sen ánimo de lucro e organización Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Texto lemaIn lumine Tuo videbimus lumen Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Actividade
Industriaensino superior Editar o valor en Wikidata
Economía
Data
Fundación1754 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1983  : Coeducación Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
Mapa
 40°48′27″N 73°57′43″O / 40.8075, -73.9619
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York
BoroughManhattan Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Código postal10027 Editar o valor en Wikidata
EnderezoWest 116 St and Broadway, New York, NY 10027 Editar o valor en Wikidata
SedeManhattan e Nova York Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBcolumbia.edu Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: columbia Twitter: Columbia Instagram: columbia Youtube: UChzhFUxUZFAQSJZ_Tp4B1fA BNE: XX113061 Dialnet: 4066661 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Columbia é unha das oito universidades da Ivy League, sendo as outras Harvard, Princeton, Yale, Pensilvania, Cornell, Dartmouth, e Brown. A escola foi fundada no ano 1754 como King's College (Colexio do Rei). Cando Estados Unidos se declarou independente da Gran Bretaña, a universidade tamén fixo o mesmo. O seu nome mudou a Columbia porque neses anos aquel termo representaba aspiracións patrióticas.

Inicialmente, a universidade foi fundada case no final da illa de Manhattan, na terra da igrexa Trinity Church. No seguinte século mudaría máis ao norte da illa, onde agora se encontra Rockefeller Center, e no ano 1896 mudou unha última vez, desta vez ao barrio de Morningside Heights. Neses anos Morningside Heights era maiormente terra facendeira.

O seu equipo deportivo son os Columbia Lions e a súa mascota o león real.

Columbia Hoxe

editar

A día de hoxe a universidade conta con máis de 132 000 m² só no seu campus principal. Alén do campus principal hai moitas residencias estudantís próximas ao campus propio, e no barrio de Washington Heights encóntrase o Campus de Facultades de Ciencias Médicas.

As escolas sub-graduadas da universidade son as seguintes: Columbia College (CC), The Fu Foundation School of Engineering and Applied Sciences (SEAS) e The School of General Studies (GS).

Columbia tamén ten moitas facultades de estudos graduados, incluíndo as de Dereito, Traballo Social, Xornalismo, Enxeñería, a de Políticas Internacionais e Públicas (SIPA).

O actual presidente da universidade é Lee C. Bollinger, sendo presidente desde o ano 2003.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar