Ivy League

A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas")[1][2][3] é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica, selección nas admisións e elitismo social.[4][5][6][7][8] Os seus membros por orden alfabética son Universidade Brown, Universidade de Columbia, Universidade Cornell, Dartmouth College, Universidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Universidade Princeton e Universidade Yale.

Mapa das universidades da Ivy League
Bandeiras dos membros da Ivy League no Wien Stadium de Columbia

Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954.[9] Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial, polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana. As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary, son institucións públicas.

Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo.[10] Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras.[11] U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001.[12] Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report, tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).[13][14]

MembrosEditar

Institución Lugar Alcume deportivo Fundación Afiliación na fundación
Universidade Brown Providence, Rhode Island Bears 1764 como College in the English Colony of Rhode Island and Providence Plantations Baptista, a carta de fundación promete "tests non relixiosos" e "total liberdade de conciencia"[15]
Universidade de Columbia Nova York Lions 1754 como King's College Igrexa de Inglaterra
Universidade Cornell Ithaca, Nova York Big Red 1865 Non sectaria
Dartmouth College Hanover, New Hampshire Big Green 1769 Calvinista (Congregacionalista)
Universidade Harvard Cambridge, Massachusetts Crimson 1636 como New College Non sectaria, fundada por calvinistas congregacionalistas
Universidade de Pensilvania Philadelphia, Pensilvania Quakers 1740 como escola de caridade sen nome[16] Non sectaria, fundada por membros da Igrexa de Inglaterra e metodistas[17]
Universidade Princeton Princeton, Nova Jersey Tigers 1746 como College of New Jersey Non sectaria,[18] fundada por calvinistas presbiterianos[18]
Universidade Yale New Haven, Connecticut Bulldogs 1701 como Collegiate School Calvinista (Congregacionalista)

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "Around the Ivies: Ancient Eight History". The Harvard Crimson. 
  2. "The Beginning of the Ancient Eight". The Cornell Daily Sun. 
  3. "Modernizing the Ancient Eight". Yale Daily News. 
  4. "Princeton Campus Guide – Ivy League". Consultado o 26 de abril de 2007. 
  5. "The Benefits of the Ivy League – Crimson Education US". www.crimsoneducation.org (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  6. Vedder, Richard. "Does Attending Elite Colleges Make You Happy? Lessons From The Admissions Scandal". Forbes (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  7. Gladwell, Malcolm. "Getting In". The New Yorker (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  8. "Joint Ivy Statement on Admission Policies". Princeton University Admission (en inglés). 2 de setembro de 2016. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  9. "Ivy League History and Timeline". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  10. "World's Best Colleges". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 3 de xullo de 2009. 
  11. "National University Rankings". U.S. News & World Report. Consultado o 6 de decembro de 2019. 
  12. "U.S. News & World Report Historical Liberal Arts College and University Rankings". Datasets. Andrew G. Reiter. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  13. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  14. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  15. Páxina web de Brown Arquivado 1 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
  16. "Historia". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2020. 
  17. "Brown Admission: Our History". Brown.edu. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  18. 18,0 18,1 "University Chapel: Orange Key Virtual Tour of Princeton University". Princeton University. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar