Providence, Rhode Island

cidade estadounidense capital de Rhode Island

Coordenadas: 41°49′26″N 71°24′46″O / 41.82399, -71.41283

Providence
Situación xeográfica
País: Estados Unidos de América Estados Unidos
Estado: Rhode Island
Condado: Condado de Providence
Incorporada:
Alcalde: Jorge Elorza
Xeografía
Altitude: 23 m msnm
Superficie: 53.2 km² km²
Poboación
Poboación total: 178 042 (2010)
Densidade de poboación: 3,736.0/km²
Información
Sitio na web: providenceri.gov

Providence é a capital e a cidade máis grande do estado de Rhode Island, nos Estados Unidos, e unha das primeiras cidades en ser fundadas nese país.[1] Situada no condado de Providence, a cidade é a segunda mais grande de Nova Inglaterra. A poboación de Providence en 2010 era de 178 042 habitantes., mentres que a da súa área metropolitana era de 1 600 856 habitantes.

Antigamente levaba o sobrenome da «Colmea da industria», e comezou a promocionarse como «a Capital Creativa» no 2009 para facer énfase nos seus recursos educativos e na súa comunidade artística.

Historia Editar

 
Capitolio do estado de Rhode Island en Providence.

Providence foi fundada en 1636 por Roger Williams co nome de "Providence" (Providencia, en nome da guía e coidado de Deus), como refuxio para os disidentes relixiosos perseguidos. Está situada nun territorio que estaba baixo o dominio dos indios Narragansett, coñecido como "Baía Narragansett". Con todo, moitas partes de Providence foron queimadas durante un conflito entre os colonizadores ingleses e os indíxenas, a guerra do rei Philip entre 1675 e 1676.

Durante o cuarto século seguinte, o crecemento de Providence foi lento (1.446 habitantes en 1708), pero en 1730 había 3.916 habitantes. Nesta época, Providence converteuse nunha cidade de pesca e comercio marítimo. Logo da guerra da Independencia dos Estados Unidos, a economía chegou a outorgar máis importancia á manufactura.

Providence foi oficialmente establecida como unha cidade en 1831, e foi designada como unha das capitais de Rhode Island (xunto con Newport) en 1854, e en 1900 fíxose a capital exclusiva do estado.

Xeografía Editar

Segundo a Oficina do Censo, a cidade ten unha área total de 112,7 quilómetros cadrados (43,5 mi²), da cal 99,7 quilómetros cadrados (38,5 mi²) é terra e 5,4 quilómetros cadrados (2,1 mi²) (o 10%) é auga.

Providence está fundada sobre sete outeiros.​[2] As mais prominentes son: Constitution Hill (preto do centro), College Hill (ao leste do río Providence), e Federal Hill (ao oeste do centro). As outras catro son Tockwotten Hill, Smith Hill, Christian Hill e Weybosset Hill.

Educación Editar

O Distrito de Escolas Públicas de Providence (PPSD) xestiona as escolas públicas.

Universidades Editar

Cultura Editar

Cidades irmandadas Editar

Notas Editar

Ligazóns externas Editar